Orixe e evolución da filosofía: unha guía completa

Filosofía e ética8,57 KB

1. Orixe, desenvolvemento e sentido da filosofía

Así naceu a filosofía

O asombro estaba nos comezos da filosofía e era unha das características do pensamento, porque asombro quere dicir estrañeza.

Unha forma de pensamento foi o mito. A filosofía non empezou en Atenas, senón nas colonias gregas de Asia Menor. Estas cidades rente ao mar eran símbolo tamén de liberdade. Nesas cidades os gregos coñeceran o alfabeto fenicio.

Na mesma época na que se comezaba a coñecer a escritura, comezaron tamén a acuñarse as primeiras moedas. As moedas representaron un xeito máis de liberación. Unha liberación e unha abstracción.

A economía, as novas estruturas desta sociedade, as viaxes, as relacións comerciais e culturais con outros pobos, puxeron as bases dunha verdadeira revolución intelectual.

No aspecto social, dominaba en Grecia a aristocracia. Politicamente, os gregos non formaban un estado senón que vivían en cidades-estado completamente independentes.

A influencia da relixión era relativa. A ampla mitoloxía coa que trataban de explicalo todo deixa no século VI de ser suficiente para algúns. A insuficiencia da relixión grega axudará para que apareza un pensar diferente: a explicación racional, a filosofía.

Existen tamén unhas condicións socioeconómicas que xustifican a aparición do pensamento filosófico en Grecia. As mulleres non podían intervir nos organismos públicos nin votar.

O aumento da riqueza que trouxo a expansión dos xonios cara ás colonias do sur de Italia, así como os procesos na técnica militar e na navegación. Surxe a Asemblea para resolver os problemas da polis.

Finalmente, por outra banda, é preciso coñecer algúns dos problemas metodolóxicos que atopamos para coñecer as orixes da filosofía grega.

2. A especificidade do saber filosófico

Filosofía vén de amor á sabedoría. O saber filosófico é un saber de segundo grao que presupón outros saberes previos de primeiro grao, como son os técnicos, políticos, matemáticos, físicos..., así como un determinado desenvolvemento da vida política, socioeconómica e cultural.

Os niveis ou modos de coñecemento humano son tres: saber vulgar, científico e filosófico.

  • O saber vulgar ensínanos como aparecen as cousas mediante un exercicio espontáneo da razón de xeito non reflexivo, precientífico.
  • O saber científico indaga e manifesta as causas inmediatas das cousas que caen baixo o noso radio de observación e experimentación.
  • O saber filosófico condúcenos ao coñecemento das últimas causas dos seres en cada un dos graos.

Concretando máis, podemos dicir que o saber filosófico participa das seguintes características:

  • É un saber reflexivo, comprende os problemas que preocupan ao ser humano.
  • É un saber racional, pois procura solucións aos problemas.
  • É un saber global totalizador, fronte á ciencia, que é máis ben un saber parcial, especializado.
  • É un saber radical, vai á raíz das cuestións máis difíciles.
  • É un saber que posúe carácter práctico, pois trata de orientar a acción humana a partir dunha serie de principios.
  • É un saber crítico e autocrítico, porque é á vez reflexo e crítica da mentalidade dunha época.
  • É un saber sistemático, pois trata de ordenar os distintos ámbitos da realidade e da experiencia humana.

3. Sentido e necesidade da filosofía

Este primeiro achegamento a esta materia que denominamos filosofía debe servir para nos aproximar a un saber que se desenvolve ao longo da historia e que é consecuencia da actividade do noso pensar e razoar.

A filosofía non só ten sentido como crítica desas posicións monopolizadoras, senón que ademais amósanos a riqueza da pluralidade, a dinamicidade da realidade e a utilidade de exercitar aquilo que é especificamente humano, o razoamento.

Existen diferentes clases de necesidades. Unhas que o noso organismo demanda para poder sobrevivir. Outras que nos crea a sociedade na que vivimos, outras que nos permiten un mellor desenvolvemento. A filosofía trata de analizar o sentido da nosa existencia.

4. A filosofía e as súas áreas de coñecemento

A filosofía aparece como un intento do espírito humano de establecer unha concepción racional do universo mediante a autorreflexión sobre as súas propias funcións valorativas, teóricas e prácticas.

Os filósofos frecuentemente distinguen desde a filosofía sete ramas principais: a metafísica (ou filosofía primeira, ou ontoloxía), a lóxica, a epistemoloxía, a antropoloxía, a ética, a estética e a política.

5. A filosofía e a súa historia

A filosofía occidental ten os seus comezos hai 2600 anos, pero antes existía unha forma de pensar prefilosófica; o paso do saber mítico ao saber lóxico, e dun saber dogmático a un saber que daba razón e explicacións ata chegar a un saber baseado nas demostracións.

5.1 A filosofía na época antiga

A filosofía antiga adoita dividirse de distintas maneiras segundo sexa o criterio que empreguemos. Podemos distinguir cinco etapas:

  • Filosofía da natureza (século VI a.C.). Os pensadores presocráticos tratan de atopar o principio ou principios que expliquen a orixe da natureza. Tales, Anaximandro, Anaxímenes, Heráclito, Pitágoras...
  • Filosofía do ser humano (período antropolóxico, século V a.C.). O ser humano comeza a reflexionar sobre si mesmo e préstalle menos atención á realidade exterior.
  • Período dos grandes sistemas (século IV a.C.). Con Platón e Aristóteles, a filosofía grega chega á plena madurez.
  • Filosofía ética (séculos III-I a.C.). Aquí ubícanse o epicureísmo e o estoicismo, así como o escepticismo.
  • Neoplatonismo (séculos I-III d.C.). É o derradeiro período da filosofía antiga.

5.2 A filosofía na época medieval

Este período protagonizouno o pensamento cristián, o islámico e o xudeu. O cristianismo é un sistema de vida que ten como modelo a Cristo e como fin a salvación. Podemos distinguir dúas etapas:

  • Patrística: representa o conxunto de especulacións que durante os primeiros séculos da era cristiá realizaron os pais da Igrexa ante a necesidade de usar conceptos filosóficos gregos para comprender e explicar mellor a verdade revelada. Agostiño de Hipona.
  • Escolástica: hai unha primeira escolástica que se vai consolidando nos séculos XI e XII. A escolástica plena ten o seu desenvolvemento principal no século XIII, e perdura ata o XVI. Tomé de Aquino. A crise da escolástica leva á súa disolución. Varios autores albiscan a separación entre a fe e a razón e a autonomía plena desta última.

5.3 A filosofía na época moderna

Tras a caída de Constantinopla en mans turcas, difúndese o idioma grego e coñécense en Occidente os textos orixinais dos antigos filósofos. Pódense sinalar catro sistemas:

  • Racionalismo: representa unha filosofía que busca solucionar problemas epistemolóxicos. René Descartes, Spinoza e Leibniz.
  • Empirismo: propia das illas británicas, sostén que a filosofía debe esquecer os delirios de universalidade e necesidade. Bacon, Berkeley e Hume.
  • Criticismo de Kant: adícase con grandes esforzos a reunir e facer casar as dúas teorías do coñecemento devanditas: racionalismo e empirismo.
  • Idealismo alemán: que ten como principal autor a Hegel. Entende que o todo é o que dá sentido ao particular.

5.4 A filosofía na época contemporánea

Chámase así ao período que se inicia co asentamento dos réximes liberais en Europa.

  • Marxismo: a preocupación polo problema social, e unha oposición radical contra o sistema de Hegel.
  • Filosofías liberais: a reconstrución do mundo burgués.
  • Individualismo e irracionalismo: representado por Nietzsche, que reacciona contra o igualitarismo ilustrado.
  • Filosofías da ciencia: inclúe autores que se adicaron á lóxica e á análise da linguaxe.
  • Filosofías da conciencia: correntes que teñen en común a preocupación polo tema da subxectividade. Freud e Husserl.
  • Existencialismo: reivindica a orixinalidade e a peculiaridade da existencia individual. Sartre.
  • Marxismo no século XX: proponse manter a reflexión crítica sobre a sociedade postindustrial.
  • Postmodernismo ou a crítica á modernidade. Agrupamos aquí correntes actuais que teñen en común unha actitude crítica respecto do legado da Ilustración.

Descargar

PDF Word HTML