A estética e a arte: definicións e conceptos fundamentais
Experiencia estética:
É o aprendizaxe que ten a súa raíz na capacidade simbólica do home, que está orientada á arte e adquire rasgos característicos que a diferencian de outros procesos de simbolización como a relixión e a ciencia.
Obras de arte:
É aquela manifestación artística que segue sendo valiosa a pesar de superar os límites das culturas nas que se orixinou, aínda que sexa en diferente contexto.
Cultura:
Conxunto de modos de vida, costumes e grao de desenvolvemento artístico, científico, etc. Numa época ou grupo social.
Representación:
Figura, imaxe ou idea que substitúe á realidade.
Arte:
É moi difícil definir arte, así que só expoñerei unha das súas posibles definicións.
É unha forma de expresión de sentimentos ou ideas.
Apertura semántica:
É a capacidade para producir novos significados, distintos dos que foron dados no momento da súa produción.
Referente:
É a realidade á que se refiren os sentimentos, etc.
Emoción:
É o estado de ánimo que se produce por unha impresión dos sentidos.
Significado:
É o concepto que, asociado a determinadas connotacións e unido ao significante, dá lugar a un signo.
Producción artística:
É unha creación realizada por un artista para expresar os seus sentimentos, emocións, etc.
Estilo:
Carácter propio que dá ás súas obras un artista.
Forma:
Modo ou maneira de realizar algo.
Estado afectivo:
Sensibilidade que nos provoca unha situación determinada, como por exemplo unha obra de arte.
Estética:
É aquilo que trata da beleza e da filosofía da arte.
Beleza:
É a calidade que nos transmite unha sensación de pracer, admiración, armonía. Esta calidade está relacionada coa estética.
Armonía:
Sensación de proporción entre unhas cousas con outras.
Contrapunto:
Arte de combinar melodías diferentes seguindo certas regras.
Ars:
Palabra latina da que provén arte, que en Grecia e Roma na Idade Media designaba a habilidade mental e manual dos médicos, zapateiros ou poetas.
Tecne:
Palabra grega da que provén técnica, que en Grecia e Roma na Idade Media designaba a habilidade mental e manual dos médicos, zapateiros ou poetas.
Expresión:
É o proceso que segue o artista nunha obra de arte para reflectir o seu estado de ánimo nela.
Imitación/mimesis:
É a realización dunha cousa á semellanza doutra.
Arte de masas:
É un produto impersonal creado para o consumo de masas, é dicir, que foi fabricado por industrias que tratan de obter un beneficio. Ademais, non expresa nada distintivo, senón que é simplemente unha mercancía.
Vangardas:
Son movementos de ruptura e cambio por parte de artistas que buscan unha nova linguaxe, reivindicando a liberdade creativa e o sentido de independencia da arte.
Artesanía:
É a arte ou obra realizada de modo persoal, é dicir, por artesáns.
Ready-Made:
Describe a arte realizada mediante o uso de obxectos que normalmente non se consideran artísticos, a miúdo porque teñen unha función non artística, sen ocultar a súa orixe, pero a miúdo modificados. Marcel Duchamp foi o seu creador a comezos do século XX.