Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Filosofía e ética

Filosofía de Kant: Estética, Espazo, Tempo e Ética Moral

Filosofía e ética4,42 KB

A Estética Transcendental de Kant: Sensibilidade, Espazo e Tempo

A Estética, en Kant, refírese á sensibilidade e á experiencia. Para que se produza coñecemento, debe haber unha materia ou contido e unhas formas. No coñecemento sensible, a materia son os datos da experiencia, e as formas puras a priori, que pon o suxeito no proceso, son o espazo e o tempo. Son as formas transcendentais da nosa sensibilidade, porque son as condicións ou estruturas necesarias e xerais deste coñecemento. Sen o espazo e o tempo, o coñecemento sensible sería un caos de sensacións. Non son conceptos, porque os conceptos necesitan da experiencia para ser elaborados, e o espazo e o tempo son previos a toda experiencia. Ademais, os conceptos pertencen ao seguinte...

Seguir lendo "Filosofía de Kant: Estética, Espazo, Tempo e Ética Moral" »

Nexos e Conectores Textuais: Guía Completa

Filosofía e ética2,69 KB

Nexos e Conectores Textuais

  • Organizadores: contribúen a ordenar e organizar a información.

    • Tematizadores: empréganse para introducir e presentar un tema: en primeiro lugar, para comezar, en principio, entre todo, antes de nada...

    • Comentadores: introducen un novo tema ou ofrecen unha perspectiva distinta dos xa comentados: pois, pois ben, así as cousas, dito isto...

    • Ordenadores: axudan a ordenar as distintas partes do texto: en primeiro/segundo/terceiro lugar, por unha parte, por outra parte, dunha banda, doutra banda...

    • Disgresores: introducen outro tema que pode ter relación ou non co principal: dito sexa, de paso, a propósito, por certo, entre paréntese...

    • Distanciadores: introducen a pouca relevancia que se lle quere dar ó dito anteriormente:

...

Seguir lendo "Nexos e Conectores Textuais: Guía Completa" »

Dialéctica e Amor en Platón: Ascenso á Sabedoría

Filosofía e ética2,51 KB

A Dialéctica: A Ciencia Suprema

A dialéctica é a ciencia suprema que ten por obxecto o coñecemento da suprema realidade e procede dialecticamente. Só pode existir auténtico coñecemento da verdadeira realidade. Agora ben, no mundo sensible os seres humanos atópanse enormemente afastados desta realidade. Fai falta, por conseguinte, realizar un esforzo acomodado para ascender desde o coñecemento do mundo sensible ao coñecemento do mundo intelixible. Este proceso recibe o nome de dialéctica.

Neste sentido, a dialéctica é o método ou o camiño a seguir, tal como se describe no mito da caverna, a fin de que, despois de moitos esforzos, se poida conseguir a cima da sabedoría. A dialéctica é un proceso, o mesmo proceso do diálogo por...

Seguir lendo "Dialéctica e Amor en Platón: Ascenso á Sabedoría" »

Os niveis de coñecemento segundo Platón

Filosofía e ética3,03 KB

Os graos de coñecemento

Platón, querendo conxugar o coñecemento do mundo sensible co do intelixible, establece dous grandes niveis de coñecemento. A cada grao ou nivel de ser faille corresponder un grao de coñecemento. Porque unha cousa é o coñecemento do mundo sensible, ao que chama opinión e outra o coñecemento do mundo intelixible, ao que denomina ciencia. Ademais, dentro de cada grao presenta dous niveis. Deste xeito, afirma Platón os seguintes niveis de coñecemento:

Ciencia

Trátase dun coñecemento obxectivo, universal do permanente, que é o mundo intelixible. Resulta, por tanto, o tipo de coñecemento superior, correspondente ao tipo de realidade superior: mundo das Ideas. Para os gregos, en xeral, a ciencia era aquel tipo de...

Seguir lendo "Os niveis de coñecemento segundo Platón" »

A Ciencia e a Arte no Barroco: Unha Visión Detallada

Filosofía e ética3,62 KB

1. A Ciencia do Barroco

• Idade Media: pensamento relixioso e escritores da Antigüidade (Aristóteles).

• Renacemento (séculos XIV-XV): co humanismo aparece o racionalismo e o empirismo.

• Séculos XVII-XVIII: consolidación do método científico.

• O método científico (René Descartes) consiste en combinar a observación da realidade coa reflexión racional.

Na Idade Media dominaba o pensamento relixioso. O coñecemento estaba baseado no recollido na Biblia, e tamén no saber revelado por algúns textos da Antigüidade, especialmente os escritos de Aristóteles. O saber baséase na fe e na autoridade dos escritores clásicos.

Durante o Renacemento (séculos XIV e XV) os chamados humanistas empezaron a cuestionarse o como e o porqué...

Seguir lendo "A Ciencia e a Arte no Barroco: Unha Visión Detallada" »

Vocabulario Galego: Definicións e Sinónimos

Filosofía e ética4,18 KB

Vocabulario

A-C

  • Acenos: xestos.
  • Acenar: xesticular.
  • Inmerso: somerxido, metido.
  • Caluga: parte posterior do pescozo.
  • Cúspide: cume, lugar máis alto.

F-I

  • Faccións: partes e trazos da cara.
  • Transcendente: que ten importancia.
  • Desconfiado: receoso.
  • Aportadizo: esquivo.
  • Desgana: apatía.
  • Desazo: abatemento.
  • Imparcialidade: ecuanimidade.

R-X

  • Rancor: resentimento.
  • Xúbilo: felicidade.
  • Alborozo: felicidade.
  • Cólera: ira abundante.
  • Desasosego: intranquilidade.
  • Esotérica: propia e misteriosa.
  • Estrema: límite da leira.
  • Testo: maceta, tapa dunha pota, etc.
  • Exotérico: comprensible para todo o mundo; aquilo que se pode manifestar en público.
  • Mixto: anaco de madeira ou papel cuberto de cera que se emprega para prender o lume.
  • Veracidade: verosímil; que é verdadeiro.
  • Réximes
...
Seguir lendo "Vocabulario Galego: Definicións e Sinónimos" »

Conceptos Fundamentais en Filosofía da Ciencia e Epistemoloxía

Filosofía e ética3,32 KB

Introdución aos Métodos de Razoamento

Indución

O modelo de razoamento particular a xeral, ou de feitos a síntese.

Dedución

O modelo de razoamento xeral a particular, ou de teses xerais a conclusións particulares.

O Problema da Indución (PLDI)

Existe unha contradición entre a necesidade dos enunciados universais e a particularidade dos feitos nos que se basean. Ter unha xustificación básica para a indución é un requisito indispensable para que as crenzas dean un coñecemento válido.

Teorías da Percepción e o Coñecemento

Asociacionismo

Concibe a percepción como a suma de sensacións, coma se se tratase dun mosaico de múltiples pezas asociadas entre si. Podemos descompoñer mentalmente a nosa percepción e cada unha das sensacións en...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais en Filosofía da Ciencia e Epistemoloxía" »

A Ilustración e a Metafísica: Unha Análise Crítica

Filosofía e ética4,04 KB

A Ilustración: Un Proceso de Decisión

Tese: A consideración da Ilustración como un proceso de decisión dos individuos de auto emanciparse.

  • A Ilustración como a saída da minoría de idade da razón.
  • A propia culpabilidade do individuo desa minoría de razón.
  • A saída da minoría de idade é unha cuestión práctica, unha decisión.

Prolegómenos a Toda Metafísica Futura

Tese: A crítica á razón pura é a resposta á posibilidade da metafísica.

  • Nin o racionalismo foi quen de dar conta do mecanismo do coñecemento humano.
  • Nin o empirismo tampouco, ao abocarnos a un escepticismo.

Crítica á Razón Pura: Introdución

Tese: O coñecemento humano é un composto do recibido polos sentidos e a actuación a priori da facultade cognoscitiva.

  • O coñecemento
...
Seguir lendo "A Ilustración e a Metafísica: Unha Análise Crítica" »

Arnauld: Opinión Persoal, Razón e Fe na Lóxica de Port-Royal

Filosofía e ética3,23 KB

Comentario de Texto: Arnauld, Lóxica de Port-Royal

Formulación do Título Orixinal

O título proposto para o comentario é: “As opinións persoais fronte á fe”.

Palabras clave asociadas:

  • Sofistas
  • Aristóteles
  • Descartes
  • Pascal
  • Deuses
  • Seres humanos
  • Opinión
  • Fe
  • Verdade

Estrutura Expositiva do Comentario

  1. Tese: A examinación da conduta humana.

    1. Se: Examinar o que leva o ser humano a actuar.

    2. Entón: Atoparase que iso non é unha cousa, senón outra completamente diferente.

  2. Esclarecementos: O poder de xulgar o noso contorno.

    1. Efectos: É a forza que nos leva a xulgar todas as nosas dúbidas.

    2. Causa: Xulgar as nosas dúbidas en relación a nós mesmos, baseándonos nos nosos pensamentos na procura da nosa verdade.

Marco Histórico: Arnauld e o Século XVII

Este texto...

Seguir lendo "Arnauld: Opinión Persoal, Razón e Fe na Lóxica de Port-Royal" »

Comparativa Filosófica: Aristóteles vs. Platón (Antropoloxía, Ética e Política)

Filosofía e ética3,74 KB

Concepción do Ser Humano en Aristóteles e Platón

A concepción aristotélica do ser humano

Aristóteles cre que un ser concreto é un individuo composto por materia e forma. A materia da que estamos feitos é o noso corpo, mentres que a forma é a alma. O ser humano é unha única substancia, porque o corpo e a alma están indisolublemente unidos entre si. O corpo e a alma forman unha unión substancial inseparable, xa que o corpo é aquilo do que estamos feitos, mentres que a alma é a configuración que adopta esta materia para facer de nós iso que somos.

Conceptos clave da filosofía aristotélica

  • Substancia: Aquilo que existe en si mesmo e non noutros.
  • Accidentes: Modificacións das substancias, aquilo que existe noutros.
  • Teoría Hilemórfica:
...
Seguir lendo "Comparativa Filosófica: Aristóteles vs. Platón (Antropoloxía, Ética e Política)" »