A Ciencia e a Arte no Barroco: Unha Visión Detallada

Filosofía e ética3,62 KB

1. A Ciencia do Barroco

• Idade Media: pensamento relixioso e escritores da Antigüidade (Aristóteles).

• Renacemento (séculos XIV-XV): co humanismo aparece o racionalismo e o empirismo.

• Séculos XVII-XVIII: consolidación do método científico.

• O método científico (René Descartes) consiste en combinar a observación da realidade coa reflexión racional.

Na Idade Media dominaba o pensamento relixioso. O coñecemento estaba baseado no recollido na Biblia, e tamén no saber revelado por algúns textos da Antigüidade, especialmente os escritos de Aristóteles. O saber baséase na fe e na autoridade dos escritores clásicos.

Durante o Renacemento (séculos XIV e XV) os chamados humanistas empezaron a cuestionarse o como e o porqué das cousas e desbotaron a fe e a autoridade como fonte de coñecemento. Estes novos pensadores defendían o uso da razón e da experimentación para comprender a realidade, desta forma foron sentando as bases da ciencia moderna.

Durante os séculos XVII e XVIII foron consolidándose os principios da ciencia moderna baseada na formulación de leis que derivan da experimentación, da observación e da aplicación das matemáticas. Nacía así o método científico.

O método científico aséntase en dous principios:

• Empirismo, cuxas teorías sosteñen a necesidade da experimentación sensorial para que o coñecemento sexa válido.

• Racionalismo, que afirma que o razoamento e a reflexión son as principais ferramentas para coñecer a realidade.

O método científico, enunciado polo pensador René Descartes, consiste en combinar a observación da realidade coa reflexión racional.

Este método establece que se deben seguir unha serie de pasos:

  1. Observar o fenómeno.
  2. Formular unha hipótese para explicalo.
  3. Deducir as consecuencias desta hipótese.
  4. Comprobar empiricamente a hipótese para verificala.
  5. Se a hipótese se verificou, xeneralizala.

2. A Arte do Barroco

Características do Barroco:

  • Formas complexas e movemento.
  • Cor e luz.
  • Exaltación dos sentimentos e as emocións.
  • Realismo extremo.
  • Simbolismo e teatralidade.

A arte barroca comprende as manifestacións artísticas dos séculos XVII e XVIII. As principais características da arte barroca son as seguintes:

  • Uso de formas complexas e da aparencia de movemento, concretada mediante o predominio das formas curvas, cóncavas e convexas.
  • Creación de formas a partir sobre todo da cor e da luz, máis que do debuxo.
  • Vontade de exaltar os sentimentos e as emocións para sorprender ao espectador. As representacións son extremadamente realistas. Rexeitamento da idealización dos personaxes típica do Renacemento.
  • Gusto polo simbolismo e por unha forte teatralidade á hora de presentar as obras.
  • En termos xerais a arte barroca diferénciase da renacentista pola súa oposición ao racionalismo e ao clasicismo.

En escultura, o Barroco foxe do equilibrio e da simetría para buscar a complexidade e o movemento para proporcionar dramatismo.

En pintura, son os extremos focos de luz os que anuncian as formas, en comparación coas dulcificadas composicións renacentistas.

En arquitectura, os elementos construtivos seguen a ser os clásicos – o arco de medio punto, os frontóns, as columnas xónicas, corintias, toscanas – pero combínanse de forma sorprendente, moldéanse – como a columna salomónica – e pártense – coma os frontóns –.

Descargar

PDF Word HTML