Nexos e Conectores Textuais: Guía Completa

Filosofía e ética2,69 KB

Nexos e Conectores Textuais

  • Organizadores: contribúen a ordenar e organizar a información.

    • Tematizadores: empréganse para introducir e presentar un tema: en primeiro lugar, para comezar, en principio, entre todo, antes de nada...

    • Comentadores: introducen un novo tema ou ofrecen unha perspectiva distinta dos xa comentados: pois, pois ben, así as cousas, dito isto...

    • Ordenadores: axudan a ordenar as distintas partes do texto: en primeiro/segundo/terceiro lugar, por unha parte, por outra parte, dunha banda, doutra banda...

    • Disgresores: introducen outro tema que pode ter relación ou non co principal: dito sexa, de paso, a propósito, por certo, entre paréntese...

    • Distanciadores: introducen a pouca relevancia que se lle quere dar ó dito anteriormente: en calquera caso, de todas as maneiras, de todas as formas, de todos os xeitos...

    • Conclusivos ou sintetizadores: introducen unha recapitulación ou conclusión do dito anteriormente: en resumo, por fin, como conclusión, en definitiva, en síntese...

  • Causais: expresan relacións entre os enunciados de causa, razón ou motivo. Indican que os enunciados que os seguen son efecto ou consecuencia dos razoamentos que os anteceden: porque, pois, posto que, dado que, por culpa de, por mor de...

  • Consecutivos: expresan o resultado ou consecuencia de algo: polo tanto, por conseguinte, en consecuencia, daquela, xa que logo, por iso, de aí que, logo...

  • Concesivos: propoñen establecer un límite ó que xa se expresou ou á parte inicial do enunciado. Tamén poden expresar unha dificultade ou unha oposición que non impide o cumprimento do que se dixo na oración principal: aínda que, a pesar de que, aínda, aínda cando, pese a que, se ben, por máis que...

  • Aditivos: son aqueles que agregan información, unen un membro con outros seguindo a mesma idea. Exemplos: ademais, tamén, incluso, igualmente, mesmo...

  • De oposición e de contraste: eliminan ou minguan algunha das conclusións expostas anteriormente no discurso. Exemplos: pero, aínda que, mentres que...

Descargar

PDF Word HTML