A Ilustración e a Metafísica: Unha Análise Crítica

Filosofía e ética4,04 KB

A Ilustración: Un Proceso de Decisión

Tese: A consideración da Ilustración como un proceso de decisión dos individuos de auto emanciparse.

  • A Ilustración como a saída da minoría de idade da razón.
  • A propia culpabilidade do individuo desa minoría de razón.
  • A saída da minoría de idade é unha cuestión práctica, unha decisión.

Prolegómenos a Toda Metafísica Futura

Tese: A crítica á razón pura é a resposta á posibilidade da metafísica.

  • Nin o racionalismo foi quen de dar conta do mecanismo do coñecemento humano.
  • Nin o empirismo tampouco, ao abocarnos a un escepticismo.

Crítica á Razón Pura: Introdución

Tese: O coñecemento humano é un composto do recibido polos sentidos e a actuación a priori da facultade cognoscitiva.

  • O coñecemento empeza pola experiencia, pero non é suficiente coa experiencia.
  • Os obxectos da experiencia estimulan os sentidos.
  • A actividade intelectiva traballa coas sensacións.
  • Hai unha facultade de coñecemento independente da experiencia.

Doutrina Transcendental dos Elementos

Tese: As facultades de coñecemento, aínda que se complementan, non poden suplantar as súas funcións.

  • A sensibilidade é receptividade de representacións.
  • O entendemento produce espontaneamente representacións.
  • A intuición só pode ser sensible, e dicir, é o modo de como somos afectados polos obxectos (receptividade).
  • O entendemento ten a facultade de pensar o obxecto (actividade).
  • Ningunha destas facultades (sensibilidade ou entendemento) prevalece sobre a outra.
  • Ambas facultades necesitan unirse para achegar coñecementos.

Fundamentación da Metafísica dos Costumes

Tese (12 pte): O máis bo que hai no mundo é a boa vontade.

  • A boa vontade non é boa pola súa acción.
  • A boa vontade non é boa polos seus efectos.
  • A boa vontade non é boa pola súa idoneidade para acadar un fin proposto.
  • A boa vontade ten que ser ilustrada, non ensinada.

Tese (22 pte): 12 formulación do Imperativo categórico: "Debo conducirme sempre de xeito que poida querer que a miña máxima se torne en lei universal".

  • O concepto de deber: definición e relación co de boa vontade.
  • Df.: "Necesidade dunha acción con respecto á lei".
  • A lei vén imposta pola mesma vontade racional.
  • A lei ten que ser universal.

Tránsito da Filosofía Moral Popular á Metafísica dos Costumes

Tese: O imperativo categórico debe orientar a moralidade.

  • Distinción entre imperativos hipotéticos e categórico.
  • O imperativo hipotético representa a acción como medio para un fin. Está condicionada e atende á materia da acción.
  • O imperativo categórico representa a acción como un fin en si mesmo. É incondicional e atende á forma da acción.

Crítica da Razón Práctica

Tese: A liberdade da moralidade humana lexisla autonomamente (32 formulación do Imperativo categórico).

  • A heteronomía non obriga a vontade.
  • A auténtica lei moral ten que ser independente de toda materia.
  • A liberdade en sentido positivo é a liberdade lexisladora.
  • Isto conduce á liberdade en sentido negativo, e dicir, liberdade independente de toda materia.

A Dignidade dos Seres Humanos

Tese: A dignidade dos seres humanos consiste en que son fins en si mesmos (22 formulación do Imperativo categórico).

  • Aos seres humanos hainos que tratar como fins e non como medios.
  • "Terá que haber un reino de fins".
  • No reino dos fins, as cousas ou teñen prezo ou teñen dignidade.
  • Ter dignidade é non ter prezo, é dicir, non teñen substituto.
  • A dignidade ten un valor intrínseco, en si mesma.

Descargar

PDF Word HTML