O Sistema Linfático e a Excreción no Corpo Humano

Bioloxía3,56 KB

O Medio Interno e o Sistema Linfático

O Medio Interno

O medio interno está constituído polo sangue, o líquido intersticial (que se forma cando o sangue se filtra nos capilares sanguíneos e o líquido que baña as células) e a linfa (que se forma a partir do líquido intersticial e drena cara a uns tubos colectores polos que circula, e que forman o segundo sistema de circulación do organismo).

O Sistema Linfático

Son vasos colectores de pequeno diámetro, con válvulas que impiden o retroceso da linfa que recollen nos tecidos.

Os Ganglios Linfáticos

Están no traxecto dos vasos linfáticos. Intervén na defensa do organismo xa que:

  • Producen os linfocitos
  • Almacenan os macrófagos

Son moi abundantes nas axilas, as inguas e o colo.

Colectores Terminais

Son vasos de maior diámetro que canalizan a linfa desde os vasos linfáticos de todo o corpo. Son:

  • Conducto torácico que nace na cisterna de Pecquet
  • Conducto linfático dereito

Función: retornar a linfa ao sistema circulatorio sanguíneo a través das veas subclavias dereita e esquerda.

As Funcións do Sistema Linfático

  • Manter o equilibrio do medio interno
  • Servir de circuito de transporte dos lípidos que proceden da absorción no intestino
  • Defensa do organismo

As Transfusións

É a administración de sangue ou dos seus compoñentes dunha persoa a outra.

Os Grupos Sanguíneos

Os principais grupos sanguíneos son AB0 e o factor Rh: depende da combinación das proteínas que se atopan na superficie dos glóbulos vermellos, que poden ser identificadas como alleas polo sistema inmunolóxico do receptor. Os individuos 0- dise que son doantes universais e os individuos AB+ dise receptores universais.

A Excreción e a Función Renal

A excreción é a eliminación por parte do organismo das substancias de refugallo procedentes da actividade das células. Órganos que participan na excreción: fígado, pulmóns, glándulas sudoríparas e aparato excretor.

Partes do Aparato Excretor

  • Vías urinarias: uréteres, vexiga urinaria e uretra.
  • Riles: neles vai filtrándose un líquido desde o sangue que se converte finalmente na urina.

Partes dos Riles

  • Vasos sanguíneos: arteria renal e vea renal.
  • Capas: cápsula, codia renal e medula renal.
  • Cavidades: pelve renal e uréter.

As Glándulas Sudoríparas

Son unhas glándulas tubulares enroladas que están situadas na derme e constan de longos e delgados tubos, cerrados polo extremo inferior, onde se apelotonan, formando un ovillo. Polos poros que se abren ao exterior segregan o suor, un líquido de sabor salgado e de composición parecida á da urea.

A Función Renal

Función do Ril

Manter constante a composición química do sangue e a perda de auga pola urina. As súas unidades microscópicas de funcionamento son os nefrons.

Partes do Nefron

  • Túbulo renal
  • Corpúsculo de Malpighi

Funcionamento do Nefron

  • Filtración do sangue: paso desde o glomérulo cara ao túbulo renal de substancias de pequeno tamaño. Fórmase a urina primaria.
  • Reabsorción de substancias útiles: desde o túbulo renal cara aos capilares sanguíneos.
  • Secreción de substancias nocivas: desde os capilares sanguíneos cara ao túbulo renal. Fórmase unha urina concentrada que pasa ao tubo colector e desde este á pelve renal e o uréter.

Descargar

PDF Word HTML