Saúde Reprodutiva e Prevención de Enfermidades

Bioloxía7,96 KB

Intercambios entre a Nai e o Feto

Ao inicio do embarazo desenvólvense os órganos encargados de protexer o embrión, subministrar nutrientes e eliminar produtos de refugallo. Son estes:

- Os amnios: membrana que forma a cavidade amniótica, na cal está suspendido o embrión. Contén o líquido amniótico, que baña o embrión e o protexe de golpes e vibracións.

- A placenta: é un órgano que conecta o embrión á parede do útero da nai, a través do cordón umbilical.

Pola placenta chegan osíxeno e nutrientes ao embrión, e á vez recóllense os produtos de refugallo, como o dióxido de carbono e a urea. As células sanguíneas da nai nunca se mesturan coas do feto. A placenta tamén actúa de barreira defensiva, evitando o paso de células e substancias prexudiciais. Ademais, produce hormonas que son esenciais no mantemento da xestación e o desenvolvemento das glándulas mamarias.

O Parto

O parto é o proceso de saída do feto ao exterior. Ocorre despois de 40 semanas de xestación e realízase en varias etapas:

- Dilatación: iníciase con contraccións do útero, que facilitarán a dilatación do colo uterino, que debe abrirse ata deixar un orificio duns 10 cm.

- Expulsión do Feto: as contraccións do útero, agora máis intensas e prolongadas, xunto coa axuda da nai, empurran o feto ao exterior, a través da vaxina.

- Expulsión da Placenta: os 15 min. despois do nacemento, o útero expulsa a placenta.

Cando os nenos non poden nacer por parto normal, practícase unha intervención cirúrxica que abre o abdome e o útero para sacar o feto, a cesárea.

Métodos Anticonceptivos

Os máis empregados son os de barreira (preservativo, diafragma), hormonais (pílula), mecánicos (dispositivo intrauterino), químicos (espermicidas) e cirúrxicos (ligadura de trompas de Falopio e vasectomía).

Outros: método de Ogino e da temperatura basal; baséanse en saber cando se pode producir a ovulación, calcular os días fértiles e non manter relacións sexuais eses días.

O coito interrompido ou marcha atrás consiste en retirar o pene da vaxina xusto antes de que se produza a exaculación. É moi pouco seguro xa que antes da exaculación expúlsanse unhas pingas de seme que tamén conteñen espermatozoides. Non é recomendable.

Condón: dobre protección, anticonceptivo e prevén contra enfermidades sexuais. Eficacia moi alta e non se reutiliza.

Pílulas Anticonceptivas: conteñen hormonas que impiden a ovulación e débense tomar a diario e baixo prescrición de seguimento médico. É moi eficaz se se toman a diario.

Dispositivo Intrauterino: pequeno obxecto de plástico e metal que se pon no útero e impide a implantación do cigoto. Póno o médico e dura catro anos. Favorece infeccións e débese revisar periodicamente. Eficacia moi alta.

Diafragma: disco de caucho que se coloca no fondo da vaxina para tapar o colo do útero e evitar a entrada de espermatozoides. Non se debe retirar ata pasadas 6-7 horas de manter relacións sexuais. Require axuda médica e é incómodo de colocar. Eficacia media, mellora utilizando con espermicidas.

Espermicidas: cremas, xeles ou espumas que teñen substancias químicas que destrúen os espermatozoides, métense na vaxina antes de manter relacións sexuais. Fáciles de usar, pero fan irritacións. Eficacia baixa, mellor utilizando con diafragma.

Cirúrxicos: Ligadura de Trompas, Vasectomía: son operacións cirúrxicas sinxelas que impiden o paso dos óvulos (ligaduras de Falopio) ou dos espermatozoides (ligadura dos condutos deferentes). Son métodos irreversibles. Eficacia total.

Enfermidades de Transmisión Sexual

Son enfermidades infecciosas nas cales o contaxio se produce durante as relacións sexuais, a través de mucosas da boca, órganos xenitais e o ano. Producidas por bacterias, virus, fungos ou outros parasitos. As máis comúns son: o SIDA, a hepatite B, a sífilis, a gonorrea, o herpes xenital e a candidíase.

O que hai que saber: son enfermidades moi contaxiosas. Os pruridos, manchas e erupcións cutáneas, o aumento de secrecións na vaxina ou no pene e o prurito ao ouriñar son algúns síntomas. Estes síntomas non aparecen de maneira inmediata e séguense contaxiando. Lavarse ben logo de manter relacións sexuais non abonda, xa que hai que usar preservativo e evitar manter relacións sexuais con xente distinta.

Sexo e Sexualidade

Reproducion e sexualidade so moi distintos. Sexualidade e unha parte integrante da personalidade do individuo e representa un modo de expresar a afectividade entre a parella e unha fonte de pracer e comunicacion e reproducion e procreacion.

A adolescencia: epoca de profundas mudanzas psicoloxicas e emocionais ke orixinan alguns dos problemas mais frecuentes nos adolescentes

A REPRODUCCION ASISTIDA

e a k tn lugar utilizando procedementos medicos ke fan posible a fecundacion, kndo esta non se produce por medios naturais. as tecnicas mais utilizadas son a inseminacion artificial e a fecundacion in vitro.

inseminacion artificial e moi facil. fecundase o ovulo con seme da parella ou dun doador

fecundacion in vitro: extraese un ou mais ovulos da nai e fecundanse no laboratorio con espermatozoides procedentes da parella ou dun doador. despos de 48 horas dende a fecundacion, transfirense tres dos embrions obtidos ao utero. con isto pretendese que polo menos un se implante e prosiga o seu desenbolvemento normalmente.

microinxeccion espermatica: introducese o nucleo dun espermatozoide, ke knten o material xenetico no interior dun ovulo

outra tecnica de reproducion asiida tratase de ke unha muller alberga no seu utero un embrion producido pola fecundacion dun ovulo e espermatozoides doutras persoas

SAUDE

E cndo non tes nngunha enfermidade; benestar fisica mental emocional social espiritual sexual e ambiental

As enfermidades preveñense coa etioloxia, ou orixe da enfermidade, nos modelos ou patrons de distribucion da enfermidade e nos mecanismos de transmision

Os factores de risco son:

alimentacion rica en graxas e azucres//consumo de tabaco, alcohol ou outra drgas//a falta de hixiene persoal//certos tipos de traballo//vida de fatiga e tension.

Entre os factores sociais, os logros mais importanes salientan:

desenvolvemento dunha politica de saude publica//Creacion do instituto nacional de saude//planificacion sanitaria en canto a metodos de prevencion, de vacinacion e control da infeccions.//mellora dnas tecnicas de diagnostico//desubrimento e desenvolvemento de farmacos//mellora da nutricion e habitos de vida saudables

ENFERMIDADES INFECCIOSAS

Bacterias e fungos: a maioria ds bacterias son organismos inofensivs. as k causan enfermidades actuan de maneiras moi diferentes:unhas infectan tecidos como na tuberculose e outras producen unahs substancias velenosas: toxinas. a maioria dos fungos son bos, como os da fermentacion alcoholica

Virus: particulas sen estructura celular ke viven dentro das celulas, ás ke infectan. fora delas non realizan funcions, polo ke se consideran parasitos obrigados.

Parasitos: soen ser organismos unicelulares como os protozoos como a malaria.

Descargar

PDF Word HTML