Volcáns e Terremotos: Unha Guía Completa
Volcáns
Os volcáns son aberturas pola que emerxe o magma.
Partes dun volcán:
- Crater: Abertura por onde sae o magma.
- Coada: Manto de lava.
- Cheminea: Conducto que comunica a cámara magmática co cráter.
- Cheminea secundaria: Conducto secundario que comunica a cámara magmática co exterior.
- Cámara magmática: Onde se acumula o magma.
- Cono volcánico: Elevación formada pola acumulación de materiais volcánicos.
Erupcións:
Saída de materiais a través do cráter. Estes materiais son:
- Piroclastos: Produtos sólidos lanzados ó exterior (bombas volcánicas, lapilli, cinzas volcánicas).
- Lava: Magma desgasificado e fundido.
- Gases volcánicos: Gases liberados durante a erupción.
Tipos de volcáns:
- Volcán Hawaiano: Magma moi fluido, saída pausada de gases, erupcións tranquilas. Exemplo: Mauna Loa.
- Volcán estromboliano: Lava máis viscosa, gases acumúlanse, erupcións violentas, lanzamento de piroclastos. Exemplo: Estrómboli (Sicilia).
- Volcán vulcaniano: Erupcións violentas, lava moi viscosa, gases acumúlanse, explosións moi fortes. Exemplo: Vulcano (Sicilia).
- Volcán peleano: Erupcións moi violentas, lava moi viscosa, obstrúese a cheminea, gases acumúlanse, explosións. Exemplo: Mont Pelée.
Terremotos
Sacudida do terreo que se orixina no hipocentro. O punto da superficie terrestre na vertical do hipocentro é o epicentro.
Tipos de ondas sísmicas:
- Ondas Primarias (P): As primeiras en chegar ós sismógrafos, cambian o volume do medio, velocidade aproximadamente 1.73 veces a das ondas S, en medios sólidos e líquidos.
- Ondas Secundarias (S): Chegan segundas ós sismógrafos, alteran a forma do material, medios sólidos.
- Ondas Superficiais (L): Pola superficie terrestre dende o epicentro, causa vítimas e danos materiais, últimas en chegar ós sismógrafos.
Intensidade e magnitude dun terremoto:
- Intensidade: Mide os efectos que produce o terremoto. Escala de intensidade Mercalli (12 graos): pouco útil, graos 1 e 2 terremotos inofensivos, graos 11 e 12 terremotos máis devastadores.
- Magnitude: Mide a enerxía que se libera durante un terremoto. A escala máis coñecida é a escala de Richter.