Substancias volátiles nas plantas e as súas funcións
02Gas residual do metabolismo global das plantas, que se forma durante a fotosíntese e se libera maioritariamente polos estomas das follas.
CO2 - Gas producido na respiración das plantas, empregado na fotosíntese. Liberase nos estomas das follas e nas lenticelas dalgúns talos.
Aceite - Substancias líquidas volátiles que dan olores característicos a certas partes das plantas. Libéranse dende glándulas odoríferas especializadas (como as do Loureiro) ou en cavidades lisixenas (típicas dos cítricos). Serven para atraer aos insectos ou como protección.
Etileno - Gas que dá olor característico aos froitos maduros e que se libera en calquera parte da planta. Ten función fitohormona ao acelerar a maduración.
Resinas - Líquidos viscosos ricos en graxas con función protectora contra insectos xilófagos e para evitar a perda de zume, polo que se verten nas feridas. Atópanse nos tubos resiníferos como os dos piñeiros.
Látex - Líquido de cor branco formado por unha mestura de graxas, ceras e resinas con función protectora. Pode conter caucho, ás veces é comestible, outras é tóxico. Fórmase e libérase nos tubos laticíferos. O látex das durmideiras é rico en alcaloides que se empregan para obter o opio.
Oxalato - Sólido en forma de cristais que regula o nivel de calcio na planta e pode servir como defensa fronte a herbívoros. É tóxico para os animais. Acumúlase nas vacuolas dalgunhas células e as formas dos cristais poden ser variadas (drusas, rafidios...).
Auxinas - Fitohormonas activadoras sintetizadas na ápice dos talos dende onde se distribúen ao resto da planta. Estimulan o crecemento (permiten o alargamento celular, regulan o crecemento do talo e da raíz) e interveñen na floración e na frutificación.
Xiberelinas - Fitohormonas activadoras sintetizadas no ápice dos talos, nos froitos e nas sementes. Estimulan o crecemento da planta (sobre todo de ramas laterais), a xerminación (interrompen o período de latencia das sementes e fainas xerminar) e a frutificación.
Citoquininas - Fitohormonas activadoras sintetizadas en calquera tecido que inducen a división celular, retardan o envellecemento e caída das follas (estimulan a síntese de clorofila).
Ácido abscísico - Fitohormona inhibidora, antagonista das xiberelinas, inhibe o crecemento e o desenvolvemento das sementes e froitos. Tamén controla a apertura e o peche dos estomas.