O Aparello Respiratorio e Urinario: Estrutura e Enfermidades
O Aparello Respiratorio
As partes das vías respiratorias son: as fosas nasais, que son dúas cavidades separadas polo tabique nasal. O aire ao circular por elas quéntase e humedécese. A farinxe é unha estrutura en forma de tubo oco formada por músculos. Os orificios nasais son por onde o aire entra ao aparato respiratorio. Larinxe é unha estrutura en forma de tubo formada por varias pezas de cartilaxe. A traquea é un tubo formado por pezas de cartilaxe en forma de C. Bronquios son condutos de diámetro reducido que se forman por ramificacións do bronquio principal.
A respiración pulmonar consta da ventilación pulmonar e o intercambio de gases. Na ventilación pulmonar lévanse a cabo a inspiración e a espiración.
- A inspiración é a captación de aire cara os alvéolos pulmonares, aumentando o volume da caixa torácica. Os músculos implicados son o diafragma (contracción) e os músculos intercostais (elevación das costelas). Isto causa unha expansión pulmonar e unha diminución da presión.
- A espiración é a saída do aire dende os alvéolos cara o exterior, diminuíndo o volume da caixa torácica. Os músculos implicados son o diafragma (relaxación) e os músculos intercostais (descenso das costelas).
O intercambio de gases realízase polo mecanismo de difusión, nos alvéolos e os tecidos. Consiste na difusión mediante a retracción pulmonar e o intercambio de O2 e CO2 co aparato circulatorio sanguíneo. Transporta partículas dunha substancia dende a zona máis concentrada á máis diluída, sen consumo de enerxía, ata igualar as concentracións. Ocorre nos alvéolos, estruturas en forma de saco moi vascularizados que conectan cos bronquíolos e fan a difusión de gases.
Enfermidades do Sistema Respiratorio
COVID-19
É unha enfermidade vírica causada polo virus SARS-CoV-2, que se detectou por primeira vez en decembro de 2019 en China. Expandíuse por todo o mundo, provoca cadros respiratorios leves ou moderados, e algunhas persoas requiren atención médica. A vacinación é a loita contra esta enfermidade.
Enfermidades do Sistema Urinario
Cistite
É unha enfermidade na que bacterias patóxenas infectan a vexiga. Produce dor ou escozor durante a micción e dor abdominal.
Filtración dos Ouriños
Empeza dende a arteria renal. O sangue con substancias de refugallo producidas no metabolismo celular diríxese aos riles a través da arteria renal e, pola división desta arteria, fórmanse os glomérulos. No glomérulo ocorre a filtración debido á presión á que circula o sangue; parte do plasma fíltrase ao espazo da cápsula de Bowman. Despois comeza o proceso de reabsorción de substancias no túbulo contorneado proximal. Logo continúa o proceso de reabsorción na asa de Henle, onde se reabsorben sales minerais e auga que pasan aos capilares peritubulares. Parte das substancias que non foron filtradas inicialmente cara á cápsula de Bowman son eliminadas do sangue para seren excretadas. Os ouriños producidos por varios nefróns son recollidos polo túbulo conector e condúcense á pelve renal. Tamén pode reabsorberse auga. O sangue libre de substancias de refugallo abandona o nefrón e diríxese á vea renal. Despois, os ouriños son conducidos dende o ril ao uréter. A través de contraccións musculares, os ouriños son evacuados cara á vexiga e alí se almacenan. Cando hai unha gran cantidade, prodúcese a micción e expúlsanse ao exterior.