Demografía e Movementos Naturais da Poboación Española
A demografía é a ciencia que estuda as características da poboación nun territorio dado. Estes datos obtéñense de dúas fontes oficiais:
O Censo de Poboación
É o reconto dos habitantes dun país nun momento dado, que nos achega información sobre as características desa poboación, pero tamén sobre as vivendas. Realízase de xeito periódico cada 10 anos. Facíase levando un rexistro a cada casa ata o 2011, cando se comezou a facer un mostraxe estatístico e só se preguntou ao 10% dos fogares.
O Padrón Municipal
É a ferramenta que se usa para computar de xeito oficial os habitantes do país e tamén o censo electoral, ou sexa, as persoas que teñen dereito a voto. Nútrese dos datos diarios que o concello lle proporciona.