Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

O Sector Servizos en España: Características, Causas e Localización

Xeografía3,76 KB

O Sector Servizos

O sector servizos abrangue todas aquelas actividades que non se consideran agrícolas ou industriais. En España, este sector ocupa o maior número de traballadores. O sector servizos medrou tanto en importancia, como no número de persoas que ocupa e pola riqueza que xera. A distribución amosa grandes desigualdades e desequilibrios, e tende a concentrarse nas zonas con maiores niveis de renda.

Características do Sector Servizos

O sector terciario abrangue o conxunto de prestacións orientadas a satisfacer as necesidades e demandas da sociedade. É un sector moi heteroxéneo formado por actividades moi diversas. As características son:

  • Actividades intanxibles e inmateriais. O que se ofrece e se valora é a calidade da prestación
...
Seguir lendo "O Sector Servizos en España: Características, Causas e Localización" »

Crise da Restauración e Ditadura de Primo de Rivera en Galicia

Historia9,56 KB

A Crise da Restauración e a Ditadura de Primo de Rivera

A morte de Fernando VII supón a fin definitiva do absolutismo e do Antigo Réxime, e o establecemento dun sistema liberal doutrinario dividido entre progresistas e moderados e con gran protagonismo do exército. Esta monarquía constitucional entrará en crise con Isabel II dando paso ao Sexenio Democrático, período no que se instaura un sistema liberal democrático que en breve será substituído pola Restauración borbónica e a volta a un sistema liberal doutrinario de corte conservador.

O sistema canovista proporciona unha estabilidade política que funciona ata o desastre de 1898, que supuxo o desprestixio da clase política española, vista, a partir de agora, como incapaz de modernizar...

Seguir lendo "Crise da Restauración e Ditadura de Primo de Rivera en Galicia" »

Teatro Galego Contemporáneo: De 1975 ao Novo Milenio

Lingua e literatura4,73 KB

Teatro Galego: De 1975 á Actualidade

A recuperación do teatro a partir de 1970 viuse fortalecida nas décadas seguintes. Ademais da consolidación de autores como Manuel Lourenzo, apareceron outros como Cándido Pazó, Raúl Dans, etc.

Apareceu unha diversidade de grupos que comezaron a principios dos anos 80 xunto con outras compañías xa existentes. O Centro Dramático Galego (CDG) desempeña desde 1984 un labor fundamental como centro artístico, posibilitando o desenvolvemento da actividade teatral. Aínda que se fale de dúas xeracións, os escritores seguen a mesma temática e estilística.

A Xeración dos 80

A finais dos anos 70 xurdiu o teatro profesional e as compañías teatrais estables.

A xeración dos 80 é moi variada e presenta...

Seguir lendo "Teatro Galego Contemporáneo: De 1975 ao Novo Milenio" »

O Método Científico: Hipóteses, Leis e Modelos de Explicación

Filosofía e ética3,59 KB

O Método Científico

7. O método hipotético-deductivo

A práctica científica lévase a cabo seguindo protocolos con regras e operacións previamente establecidas. Se se trata de ciencias formais, o método que se vai seguir consiste no razoamento e a demostración dos enunciados e, na axiomatización. Nas ciencias empíricas, posto que os seus enunciados se refiren a feitos, debe comprobarse se os devanditos enunciados están de acordo con tales feitos. Para iso, aplícase o método hipotético-deductivo.

O método está orientado basicamente á comprobación ou xustificación das hipóteses, mediante a súa contrastación cos feitos. É dicir, pártese da observación e clasificación dos feitos que se quere investigar; a partir deles, por...

Seguir lendo "O Método Científico: Hipóteses, Leis e Modelos de Explicación" »

Evolución do Galego: Influencias e Transformacións

Matemáticas5,87 KB

Evolución do Galego: Substrato dos pobos preceltas S.7 - Idade de Pedra, p. celtas S.6 - Idade de Ferro (atópase por debaixo da Idade do Galego a.C). Estrato p. b. romano 218 e 1924 a.C, lingua do latín vulgar (o alicerce - base - da lingua galega procede da morfoloxía da sintaxe que forma o corpo lingüístico) superestrato 5 d.C, pobos xermanicos: suevos, visigodos, 8 d.C árabes. Palabras patrimoniais: son aquelas que evoluíron desde o comezo entre latín vulgar e linguas indíxenas. Consiste en influír na fonética desde os pobos sobre o latín vulgar. Doblete: cando dun mesmo étimo xorde unha palabra patrimonial e outra culta. - ch, ca, ga, it, perda -l e -n, -b -d -g, i/ella i/o/ello, oit, out, eiro, eira. Semicultismo: son as
...
Seguir lendo "Evolución do Galego: Influencias e Transformacións" »

Poesía e teatro galegos: fins do S.XX e inicios do S.XXI

Lingua e literatura3,57 KB

A poesía galega de fins do s. XX e comezos do XXI

O último terzo do s. XX e os principios do s. XXI caracterízanse por unha eclosión poética e por un forte cambio temático e formal. Isto supón a decadencia da poesía socialrealista e a aparición dunha maior diversidade temática e formal.

O cambio de rumbo de 1976

Supón un fito histórico na literatura galega coa publicación dos poemarios de Ferrín e Arcadio López Casanova. Os autores deste período reúnense en colectivos para seren máis efectivos na loita antifranquista e para darse a coñecer dunha maneira máis eficaz, apoiándose entre si. Os colectivos de maior relevancia son:

  • Grupo poético Cravo Fondo: enmarcado nunha liña intimista e lírica, que derivará nunha tendencia
...
Seguir lendo "Poesía e teatro galegos: fins do S.XX e inicios do S.XXI" »

Locucións Latinas Esenciais: Significado e Contexto en Galego

Latín6,55 KB

Locucións Latinas Imprescindibles: Significado e Aplicación

A continuación, preséntase un glosario das locucións latinas máis comúns, coa súa tradución e o contexto no que se utilizan habitualmente.

In dubio pro reo

Significa literalmente: “Na dúbida, a favor do reo”. É un principio fundamental do Dereito Penal que establece que, se a proba non é suficiente para demostrar a culpabilidade, debe prevalecer a inocencia do acusado.

In extremis

Indica que algo sucede no último momento, como último recurso, ou ben se refire aos últimos momentos da vida ou a unha situación perigosa ou comprometida.

In fraganti / In fraganti delicto

Significa “en flagrante”. Refírese ao momento exacto de cometer o delito ou xusto despois de telo realizado....

Seguir lendo "Locucións Latinas Esenciais: Significado e Contexto en Galego" »

Transformacións Agrarias e Impacto Ambiental en España: PAC e Cambio Climático

Xeografía9,34 KB

Transformacións Recentes na Estrutura Agropecuaria Española

O espazo rural é o territorio non urbanizado da superficie terrestre. Historicamente, foi un espazo agrario onde se desenvolvían as actividades agrícolas, gandeiras e forestais.

A Poboación Rural e o Éxodo

A poboación ocupada nas actividades agrarias é escasa. A causa principal foi o éxodo rural entre 1960 e 1975. Posteriormente, a crise económica desacelerou o éxodo e incrementou a actividade agraria. Desde a década de 1990 obsérvase unha dualidade:

  • Descenso demográfico e envellecemento nas áreas desfavorecidas (debido á emigración e xubilación).
  • Recuperación e rexuvenecemento das áreas rurais máis dinámicas, favorecido polo asentamento de inmigrantes, o desenvolvemento
...
Seguir lendo "Transformacións Agrarias e Impacto Ambiental en España: PAC e Cambio Climático" »

Poesía Galega 1936-1976: Do Intimismo ao Socialrealismo

Lingua e literatura3,26 KB

Literatura Galega: Poesía (1936-1976)

A poesía galega entre 1936 e 1976 experimenta unha evolución desde tendencias continuístas da preguerra ata o socialrealismo e a renovación.

Tendencias ata os anos 60

Ata a década dos 60, conviven varias tendencias:

  • Neotrobadorismo
  • Poesía paisaxística con influxo do hilozoísmo de Amado Carballo
  • Intimismo existencialista, centrado no eu, a angustia e o paso do tempo
  • Poesía telúrico-existencialista, que une intimismo e paisaxe

O Socialrealismo (anos 60 e 70)

Nos anos 60 e 70, o socialrealismo domina a escena. Temas principais:

  • Defensa dos oprimidos
  • Denuncia da explotación capitalista
  • Defensa da identidade galega
  • Crítica aos vencedores da Guerra Civil

Celso Emilio Ferreiro é a figura máis destacada, con obras...

Seguir lendo "Poesía Galega 1936-1976: Do Intimismo ao Socialrealismo" »

Estados Unidos: Hexemonía e Sociedade de Consumo nos Anos Vinte

Historia3,04 KB

Estados Unidos: Hexemonía e Sociedade de Consumo

Estados Unidos despois da Primeira Guerra Mundial

O período posterior á Primeira Guerra Mundial foi moi favorable para os Estados Unidos, que acadaron o dominio no mercado mundial. As súas características xerais foron:

  • Illamento dos asuntos europeos

    Os Estados Unidos convertéronse na primeira potencia do mundo, pero na década dos anos vinte sucedéronse presidentes do partido republicano (Harding, Coolidge e Hoover) que defenderon a posición tradicional da política exterior norteamericana: o illamento dos asuntos europeos e a intervención nos países americanos.

  • Conservadurismo e puritanismo

    Esta situación de illamento viuse estimulada pola propia Revolución Bolxevique rusa e a extensión

...
Seguir lendo "Estados Unidos: Hexemonía e Sociedade de Consumo nos Anos Vinte" »