Demografía e Movementos Naturais da Poboación Española

Xeografía3 KB

A demografía é a ciencia que estuda as características da poboación nun territorio dado. Estes datos obtéñense de dúas fontes oficiais:

  • O Censo de Poboación

    É o reconto dos habitantes dun país nun momento dado, que nos achega información sobre as características desa poboación, pero tamén sobre as vivendas. Realízase de xeito periódico cada 10 anos. Facíase levando un rexistro a cada casa ata o 2011, cando se comezou a facer un mostraxe estatístico e só se preguntou ao 10% dos fogares.

  • O Padrón Municipal

    É a ferramenta que se usa para computar de xeito oficial os habitantes do país e tamén o censo electoral, ou sexa, as persoas que teñen dereito a voto. Nútrese dos datos diarios que o concello lle proporciona.

Evolución da Poboación Española

Esta etapa comeza con valores de natalidade e mortalidade moi baixos e próximos ao crecemento da poboación.

Natalidade

A natalidade diminúe nos fillos porque, en vez de ser unha axuda económica, son unha carga, xa que tardan máis en incorporarse ao mundo laboral e supoñen máis gastos para a familia, ademais dunha redución do tempo libre.

Taxa de Natalidade

Estudar a taxa de natalidade indica o número de nados por cada mil habitantes. Hai un descenso dende comezos do s.XX, con dous momentos clave: o da epidemia de gripe e durante a Guerra Civil. A mediados dos 90, a chegada dos emigrantes supuxo un rexuvenecemento da poboación. Hai un descenso da natalidade debido á incorporación da muller ao traballo e ao aumento da idade do matrimonio.

Mortalidade

Aumenta o número de xente moi maior e moi elevada, medrando o número de anciáns que se atopan en idades moi avanzadas e, polo tanto, próximas á idade de falecemento.

Evolución da Mortalidade

Comeza a baixar ata a actualidade, interrompida soamente pola epidemia e a Guerra Civil, grazas aos avances da hixiene, da medicina e á mellora da alimentación. Destaca o descenso da mortalidade infantil debido ás melloras en pediatría, alimentación, etc.

Outros Factores Demográficos

  • A Nupcialidade

    É o número de matrimonios por cada 1000 habitantes. Actualmente, hai máis familias non baseadas no matrimonio.

  • A Fecundidade

    Menos fillos. En España, a idade media de maternidade é dos 31 anos.

Crecemento Natural da Poboación

Será o resultado de restarlle o número de nados nun ano ao de mortos no mesmo ano para saber se a poboación aumenta ou non.

Desequilibrios Territoriais no Movemento Natural

Existe unha serie de comunidades con taxas de natalidade máis elevadas. As razóns poden ser tanto en rexións receptoras de poboación. Outras comunidades autónomas presentan taxas de natalidade baixas e mortalidade altas (como Galicia), o que implica perda de poboación xove. Isto afecta a rexións rurais con sector primario e maior reconversión industrial nos anos 70-80.

Descargar

PDF Word HTML