Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Autores e Xeracións da Literatura Galega

Outras linguas estranxeiras4,97 KB

Os autores senlleiros: Anxel Fole: Á lus do candil, Terra brava. Álvaro Cunqueiro: Merlin e familia, As crónicas do Sochantre. Eduardo Blanco Amor: A esmorga (1959), Xente ao lonxe (1962). Neira Vilas: Memorias dun neno labrego, Xente no rodicio. A Nova Narrativa Galega: Gonzalo Rodríguez Mourullo: Nasce unha árbore (1954), Memorias de Tains (1956). Camilo González Suárez-Llanos: Lonxe de nós e dentro, Como calquera outro día. Méndez Ferrin: Percival e outras historias, O crepúsculo e as formigas. María Xosé Queizán: A orella no buraco. Xoana Torres: Adios, María. Xohán Casal: O camiño de abaixo. Carlos Casares: Vento ferido, Cambio en tres. Xeración dos 80: Rompente: Sillabario da turbina e A dama que fala. Alberto Avendaño,

...
Seguir lendo "Autores e Xeracións da Literatura Galega" »

Termos clave da Historia de España (Séculos XIX-XX)

Historia3,66 KB

Ludismo

Forma de protesta dos traballadores, xurdida en Inglaterra nos inicios da Revolución Industrial, na que os obreiros destruían as máquinas acusándoas de supoñer a perda de postos de traballo e o empeoramento das condicións laborais. O ludismo foi unha das primeiras manifestacións do movemento obreiro. A primeira manifestación de ludismo en España foron os sucesos de Alcoi (destrución de máquinas de fiar en 1821) e, a seguinte, o incendio da fábrica Bonaplata en Barcelona en 1835.

Agrarismo

Movemento de masas do campesiñado galego a finais do século XIX e no primeiro terzo do século XX. O campesiñado galego organízase en asociacións e sindicatos agrarios para lograr a supresión do sistema foral e loitar contra o caciquismo,...

Seguir lendo "Termos clave da Historia de España (Séculos XIX-XX)" »

Funcións das oracións e formación do feminino e do plural en galego

Lingua e literatura7,11 KB

Funcións das oracións

- Representativa/referencial (referente, Pepe naceu en Cambados)

- Expresiva (emisor; puahg, buf, ai; que cansa estou, é engaiolante)

- Apelativa/conativa (receptor, mensaxes publicitarias)

- Poética (forma da mensaxe, poesia, en galego vivo vigo)

- Fática (canle; oes, entendiches, atende oh)

- Metalinguística (código, estudos lingüísticos, o seseo é unha característica dialectal propia das áreas + occidentais)

Formación do feminino

- O cal, a mensaxe, o sal, a peaxe, a auga, o anel;

- Palabras acabadas en vogal atona (cambian O por A)

- Palabras rematadas en vogal tónica ou consoante (avo avoa, rapaz rapaza, ladrón ladroa, solteirón solteirona, lacazán lacazana, folgazán folgazana, cristian cristia, crumán curma,...

Seguir lendo "Funcións das oracións e formación do feminino e do plural en galego" »

Galileo Galilei: Pionero da Revolución Científica e o Heliocentrismo

Filosofía e ética3,34 KB

Galileo e a Revolución Científica do Século XVII

A pesar de que a revolución científica do século XVII se iniciou con Copérnico, será Galileo Galilei quen desenvolva as consecuencias revolucionarias da obra daquel, achegando unha maior solidez na súa fundamentación xeométrica. O heliocentrismo copernicano presentaba importantes problemas no campo da física que Galileo trata de solucionar. O primeiro paso para fundamentar a súa física é superar a ontoloxía aristotélica para poder fundamentar unha nova física e cosmoloxía.

Primeiras Obras e Evolución do Pensamento

Na súa obra Xuvenilia, Galileo mostra aínda pouco coñecemento do sistema copernicano, argumentando a favor da tradición. No De Motu xa formula problemas que o sitúan...

Seguir lendo "Galileo Galilei: Pionero da Revolución Científica e o Heliocentrismo" »

A Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais

Lingua e literatura5,11 KB

A Promoción de Enlace

Os autores que se reúnen baixo esta denominación non gardan coherencia de grupo; cada quen trata de buscar o seu estilo. Aínda así, é posible atopar neles algúns puntos en común. Naceron entre 1920 e 1930. Formados culturalmente en castelán, escriben primeiro nas dúas linguas. Viven o drama social da posguerra e a pobreza cultural dunha sociedade censurada e bastante illada da cultura europea. Destacan:

  • Luz Pozo Garza
  • Antón Tovar
  • Manuel Cuña Novás

Manuel Cuña Novás (Pontevedra, 1926-1992) é representante da Escola da Tebra. A súa obra Fabulario Novo (1952) reflicte un sentimento de angustia e desesperación ante a vida, utilizando imaxes nas que predomina a sensación de sombras e de escuridade.

Luz Pozo Garza

Nace...

Seguir lendo "A Promoción de Enlace e a Xeración das Festas Minervais" »

Movimentos políticos e tratados na España do século XIX

Historia2,61 KB

Afrancesados:

Nome pejorativo co cal se coñece en España a unha minoría de partidarios da ocupación francesa da Península Ibérica durante a guerra de independencia e que respaldaron a política reformista de Xosé I de Bonaparte. Moitos deles tiñan ideas ilustradas ou liberais e consideraban que era a única posibilidade de introducir as ideas revolucionarias ao país.

Cantonalismo:

Ideoloxía política de carácter republicano federal que tivo o seu auge durante a 1ª República, sobre todo en Cartaxena. Contraria ao republicanismo unitario.

Estatuto Real:

Carta outorgada polo ministro Martínez de la Rosa durante o reinado de María Cristina de Borbón en 1834 na que pretendía realizar concesións políticas aos liberais que, en realidade,...

Seguir lendo "Movimentos políticos e tratados na España do século XIX" »

Galego no Século XX: Lingua, Cultura e Sociedade

Lingua e literatura2,77 KB

O Galego no Primeiro Terzo do Século XX

A comezos do século XX, houbo unha recuperación do galego como idioma cultural, histórico e literario, pero, á vez, tamén houbo un descenso no nivel do uso oral. O galego non vivía aínda unha situación normalizada e iso provocou un retroceso en medios sociais e xeográficos. A toma de conciencia dos campesiños provocou un salto cualitativo na utilización do galego.

Nacionalismo e as Irmandades da Fala

O nacionalismo estaba tan vinculado ao idioma que as súas primeiras manifestacións constituíron as Irmandades da Fala, creadas para a defensa e normalización do idioma. As Irmandades creáronse en 1916 na Coruña. Para a divulgación do seu ideario, crearon un xornal de expresión galega: A Nosa

...
Seguir lendo "Galego no Século XX: Lingua, Cultura e Sociedade" »

Funcións Sociais da Lingua: Identidade, Familiar, Laboral, Local, Institucional, Cultural e Internacional

Lingua e literatura6,56 KB

Funcións Sociais da Lingua

FUNCIÓNS SOCIAIS DA LINGUA

A lingua é un código de signos verbais que permite aos humanos comunicarnos entre nós. É o símbolo de identificación colectiva e sintetiza a maneira de ser e de pensar do pobo que a configurou durante séculos. Falar galego, ademais de servir á comunicación é un acto social no que o falante pon de manifesto unha orixe e a súa vinculación a unha cultura. A función esencial dunha lingua é a de servir como medio de comunicación entre os membros dunha comunidade e pode concretarse (ou non) noutras máis específicas:

  • 1. F. de identidade: articulación do pensamento, a partir dunha determinada realidade construímos interiormente o mundo que nos rodea.
  • 2. F. Familiar: no entorno familiar
...
Seguir lendo "Funcións Sociais da Lingua: Identidade, Familiar, Laboral, Local, Institucional, Cultural e Internacional" »

Rexurdimento Galego: Rosalía, Pondal e Curros

Outras linguas estranxeiras4,05 KB

Compromiso social de Rosalía de Castro

Rosalía de Castro demostrou un forte compromiso social a través da súa obra:

  • Defensa da cultura e do idioma galegos, da nosa maneira de ser colectiva, fronte á visión común daquela época de que todo o galego era sinónimo de inmundicia, atraso, ignorancia, brutalidade e incivilización.
  • Defensa dos valores sociais do pobo galego fronte aos novos valores da sociedade burguesa (individualismo, hipocrisía, poder do diñeiro...).
  • Identificación cos problemas, sufrimentos e aspiracións das clases populares galegas, especialmente coas mulleres campesiñas.
  • Denuncia de inxustizas, insultos e abusos cometidos contra Galicia e os galegos, sobre todo co tema da emigración e as súas graves consecuencias.
  • Reivindicación
...
Seguir lendo "Rexurdimento Galego: Rosalía, Pondal e Curros" »

Normalización Lingüística en Galicia: Historia, Eixos e Desafíos

Lingua e literatura3,13 KB

O Galego: Presión Histórica e Necesidade de Recuperación

O resultado dos séculos de presión do castelán sobre o galego e de sobrevivir a unha situación de diglosia é que este veu perdendo falantes e ámbitos de uso que cómpre recuperar.

Desde fins do século XX, coa chegada da democracia, houbo un consenso social sobre a necesidade de iniciar un proceso de recuperación da lingua para dignificala, recuperar os usos perdidos e alcanzar aqueles que ata ese momento aínda lle foran vedados.

Que é a Normalización Lingüística?

Ese proceso de recuperación do prestixio e dos usos coñécese como normalización lingüística, e implica todas aquelas medidas que teñan como obxectivo converter a lingua en vehículo normal de comunicación...

Seguir lendo "Normalización Lingüística en Galicia: Historia, Eixos e Desafíos" »