A Lírica Galega (1975-S. XXI): Evolución e Tendencias

Lingua e literatura5,05 KB

Observamos unha apertura sen precedentes na historia das nosas letras canto á diversidade temática, cunha verdadeira eclosión de voces e tendencias que se vai prolongar durante finais do S. XX e principios do XXI. Estas décadas caracterízanse por:

  • Reflexionar sobre a propia linguaxe poética.
  • Presenza de mulleres escritoras.
  • Apertura temática nunha certa actitude cosmopolita e un certo regreso a temáticas sociais.
  • Plena incorporación ao contorno poético de elementos procedentes das artes musicais e máis das plásticas.
  • Aparición dun verdadeiro movemento en canto á presenza do eu poético.

Podemos dividir esta etapa en tres momentos:

  1. Momento de revisión do canon poético socialrealista e inicio do cambio de rumbo.
  2. Novas tendencias (década dos 80 e 90).

Contexto e Características Xerais (1975-S. XXI)

A Revisión do Canon Poético e o Cambio de Rumbo (1976-1980)

María Victoria Moreno recolle en 1973 nunha escolma un grupo de poetas mozos, os novísimos da poesía galega, entre os que destacan Cabana, Paredes, etc. A partir do 80 prodúcese o abandono pola poesía antiga e búscase novas pautas estéticas. A este cambio contribúe Con pólvora e magnolias de Ferrín, xa que nesta obra obsérvanse algunhas características da nova poesía como a experimentación das posibilidades formais que xa aparecían en obra de Novoneyra. Tamén hai que mencionar a Cunqueiro con Herba de aquí e acolá e a Casanova, xa que hai que recoñecer a súa preocupación pola forma como en Sonetos da esperanza presentida ou Retratos para tempos de pouca luz. Nos poetas de finais dos 70 observamos unha actitude de mudanza, como por exemplo en A tarde chea de verán de Pexegueiro.

A Promoción dos Anos 80: Características Clave

Moitos deles participan en revistas de expresión poética, en premios literarios ou colaboran en volumes colectivos. Caracterízanse por:

  • O formalismo entendido como vocación por abordar a linguaxe poética como elemento do discurso literario.
  • O esquecemento do eu poético mentres gañan peso os referentes externos.
  • A aceptación do exemplo de Ferrín e de Cunqueiro ao haber interese pola lírica anglosaxoa e portuguesa e polo neodecadentismo.
  • A apertura temática.

Principais Tendencias e Autores dos Anos 80

Estética Formalista ou Culturalista

  • Cáccamo: Mostra ao longo da súa obra poética un discurso dominado pola circularidade de dous grupos de poemas: os intimistas e os de referencias familiares, xa presentes en Praia das furnas. Esta liña prolóngase aínda en O lume branco, etc.
  • Fonte: Inicia con As cidades da nada unha poesía presidida polo coidado formal e as referencias culturalistas asentadas sobre a nostalxia e a melancolía proxectadas na paisaxe. Escribiu: Pasa un segredo, Adeus Norte, Luz do mediodía, coa que cambia o rumbo e pasa a explorar novas fórmulas expresivas, máis evidentes en O cazador de libros, etc.
  • Fernán-Vello: A súa obra poética aparece en Trópico de lúas. Trátase dunha poesía que presenta certa unidade temática e preocupación formal. Escribe: As certezas do clima, Territorio da desaparición, etc.

A Poesía da Experiencia

  • Iglesias: Aposta por unha forma sinxela que se amosa na escrita chea de símbolos como en: O cántico da fonte, Mar do fin da terra, etc.

O Experimentalismo na Poesía Galega

Trátase dunha tendencia que arrinca na segunda metade dos 70.

  • Vilanova: As primeiras obras son libros que se articulan sobre símbolos para marcar unha poesía rupturista sen rexeitar a tradición.
  • Vaqueiro: Aposta por unha renovación da linguaxe poética que, a partir de Informe da gavilla, hase de centrar na recreación culturalista dos mitos clásicos.
  • Araguas: Na súa antoloxía Billarda hai que destacar tres libros: Paisaxe de Glasgow, Ás veces en domingo abonda coa tenrura e O gato branco. Tamén escribiu: Xuvia, En maneiras de querer, etc.

A Recuperación da Voz Feminina

  • Pallares: Manifesta unha poética intimista en Sétima soidade, reflexionando sobre a soidade, etc. Escribe tamén: Libro das devoracións, Poemas, etc.
  • Arias: A temática de Denuncia do equilibrio vai sobre o papel da muller que asume para deixar constancia da súa feminidade. Tigres como cabalos fala dunha maior carga erótica, etc.
  • Romaní: O seu universo feminino está dominado pola evocación amorosa e o paso do tempo, como en Palabra de mar, por exemplo, aínda que tamén destaca Arden.

Descargar

PDF Word HTML