Acuicultura: Cría e cultivo de animais ou plantas con fins comerciais, como peixes, moluscos e crustáceos.
Agricultura ecolóxica: Sistema de produción agrícola que busca o máximo equilibrio co medio ambiente e a saúde humana. Fai un uso racional dos recursos (auga, solo e patrimonio xenético), emprega métodos de fertilización natural e non utiliza produtos químicos de síntese.
Denominación de orixe: Concepto administrativo que refire á distinción outorgada a certos produtos, xeralmente de alta calidade, para certificar o seu lugar de procedencia e evitar falsificacións e invasións de mercado.
Desagrarización: Perda de poboación dedicada á actividade agraria, así como a perda de importancia económica da agricultura nun territorio. En España, este proceso produciuse especialmente desde finais dos anos 1970.
Explotación intensiva: Explotación agraria que elimina o barbeito e recorre á produción continua do terreo, estimulada polo emprego de fertilizantes e o regadío artificial. Este tipo de agricultura obtén unha forte produtividade e é moi habitual no litoral mediterráneo, especializado na horticultura.
Política Pesqueira Comunitaria: Política de cohesión e coordinación da UE en materia pesqueira. Establece cotas para limitar a cantidade de peixe de cada especie que os estados membros poden capturar e fomenta a industria pesqueira mediante intervencións no mercado e fondos estruturais.
Silvicultura: Actividade que ten por obxecto o cultivo, a conservación e o aproveitamento dos montes.
Demografía e poboación
Poboación activa: Toda persoa en idade de traballar que estea traballando legalmente ou buscando emprego activamente.
Esperanza de vida: Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir no momento de nacer ou ao acadar unha determinada idade. En España, no 2011, era de 84,8 anos para as mulleres e 78,8 para os homes.
Réxime demográfico: Período correspondente a unhas determinadas características demográficas en canto a natalidade, mortalidade e crecemento natural. Distínguense tres tipos: réxime demográfico antigo, réxime demográfico de transición e réxime demográfico moderno.
Censo de poboación: Documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado. Achéganos información sobre o volume de poboación, a súa composición por sexo e idade, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos e renda. En España realízase cada 10 anos.