Explotación: Unidade técnica formada por procesos tecnolóxicos aplicados a un conxunto de factores para obter un produto.
Sociedade mercantil: Unidade xurídica que regula o conxunto de relacións que produce o patrimonio, do que son titulares dúas ou máis persoas.
Empresa:
Perspectiva macroeconómica: Unidade ou axente económico de produción de bens e servizos (BBSS) para satisfacer as necesidades económicas.
Perspectiva microeconómica: Conxunto de elementos coordinados polo empresario para obter un lucro.
Funcións que cumpre no sistema económico
Dirixir e coordinar os factores produtivos: A crecente división do traballo, coa conseguinte especialización e complexidade dos procesos produtivos, fai aparecer como necesaria unha figura social que dirixa e coordine os factores produtivos e faga de intermediario entre o mercado de factores e o mercado de bens e servizos (BBSS). Esa figura socialmente necesaria é a empresa.
Crear valor e aumentar a utilidade dos bens: Entendemos por utilidade a capacidade dos bens para satisfacer necesidades. As empresas engaden valor (aumentan a utilidade) nos sucesivos procesos de transformación, elaboración e produción dos BBSS.
Crear riqueza e xerar emprego: A actividade empresarial implica procesos de I+D+i que fomentan o progreso social.
Áreas funcionais, subsistemas ou funcións
Aprovisionamento: Encárgase de obter os materiais e os servizos no exterior da empresa. O Departamento de Compras leva a cabo esta función.
Produción: Encárgase de transformar as materias primas (MP) en produtos terminados (PT) mediante a aplicación dunha determinada tecnoloxía.
Comercialización: Encárgase de que os produtos sexan coñecidos polos usuarios e de organizar a venda e distribución dos mesmos. O Departamento Comercial ou de Marketing leva a cabo esta función.
Financeira: Encárgase das actividades relacionadas coa obtención de recursos monetarios e o estudo da viabilidade dos proxectos de investimento.
Recursos humanos: Encárgase da selección.
Dirección e control: Encárgase da definición dos obxectivos, elaboración de plans, organización dos recursos, control do cumprimento dos obxectivos e decisión sobre todas estas materias.