Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Estrutura morfolóxica dos verbos regulares — Modo indicativo

Inglés3,49 KB

Estrutura morfolóxica dos verbos regulares

Conxugación I — Modo indicativo

Abreviaturas:

  • Tema (T)
  • Raíz (R)
  • VT — Vocal temática
  • MMT — Morfema modo‑temporal
  • MNP — Morfema número‑persoa

Presente

Tema (T)M. flex.
Raíz (R)VTMMTMNP
and  o
anda s
anda  
anda mos
anda des
anda n

Copretérito (pret. imperf.)

Raíz (R)VTMMTMNP
andaba 
andabas
andaba 
andabamos
andabades
andaban

Pretérito (pret. perf.)

Tema (T)M. flex.
Raíz (R)VTMMTMNP
ande i
anda ches
ando u
anda mos
anda stes
anda ron

Antepretérito (pret. pluscuam.)

Raíz (R)VTMMTMNP
andara 
andaras
andara 
andaramos
andarades
andaran

Futuro

Tema (T)M. flex.
Raíz (R)VTMMTMNP
andarei
andarás
andará 
andaremos
andaredes
andarán

Pospretérito (fut. hipot.)

Raíz (R)VTMMTMNP
andaría 
andarías
andaría 
andariamos
andariades
andarían

A Situación da Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)

Lingua e literatura3,02 KB

A Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)

1. Situación do idioma en Galicia ata os anos 50

Despois do triunfo das tropas franquistas na Guerra Civil, a lingua galega perdeu toda posibilidade de acceder ás instancias oficiais e ao uso público, reducíndose só ao uso familiar e coloquial (aínda que seguía sendo o idioma máis falado).

A ditadura contou con medios moi poderosos para a castelanización, onde o vehículo de comunicación real e oficial era o castelán:

  • A Escola
  • A Igrexa
  • A Administración

Estes axentes non só ignoraron a existencia do idioma, senón que tamén reprimiron o seu uso con diversos decretos. Calquera defensa do galego era tachada de "separatista". Estes axentes castelanizadores acentuaron o proceso de desgaleguización....

Seguir lendo "A Situación da Lingua Galega na Posguerra (1939-1975)" »

Guía Completa de Derivadas: Conceptos e Aplicacións

Matemáticas3,06 KB

y - f(a) = f'(a)(x - a)

Derivadas Laterais e a Súa Definición

Hai funcións que non son derivables nun punto x = a porque, aínda que existen os límites laterais, non son iguais. (Esta situación adoita aparecer en funcións definidas a anacos). Neste caso, fálase de derivada pola dereita e pola esquerda.

  • Unha función é derivable pola esquerda no punto x = a se o seguinte límite é un número real: f'(a⁻) = limₓ→a⁻ (f(x) - f(a))/(x - a).
  • Unha función é derivable pola dereita no punto x = a se o seguinte límite é un número real: f'(a⁺) = limₓ→a⁺ (f(x) - f(a))/(x - a).

Para que unha función sexa derivable no punto x = a, teñen que existir as derivadas laterais e ser iguais.

Relación entre Continuidade e Derivabilidade

Se...

Seguir lendo "Guía Completa de Derivadas: Conceptos e Aplicacións" »

Bloques Dialectais do Galego: Occidental, Central e Oriental

Outras linguas estranxeiras3,85 KB

Bloque Occidental

Comprende as zonas occidentais da Coruña e Pontevedra.

  • Gheada: presenza de gheada (gato, amigo) que nas vilas costeiras presenta, en lugar da aspiración, un son semellante ao [x] castelán.
  • Seseo: seseo implosivo (lus, des). Hai seseo explosivo nas zonas máis costeiras (facer, veciño).
  • Terminación -AN(S): para os dous xéneros en formas como o irmán / a irmán.
  • Plural -NS: cans, avións.
  • Pronome suxeito TI: ti cantas.
  • Vocal temática analóxica -E-: en formas como colleches, vendestes en vez de colliches e vendistes.
  • Ditongo UI: realización no ditongo ui do grupo latino -ULT-: muito, truita, luita (parte sur).
  • Cheísmo: (na área de Fisterra). Utilización do che tanto para OD como OI: Vinche pola noite.
  • Teísmo: (na área límite
...
Seguir lendo "Bloques Dialectais do Galego: Occidental, Central e Oriental" »

A Prosa Galega (1936-1976): Renovadores e Nova Narrativa

Lingua e literatura7,81 KB

A Prosa Galega (1936-1976): Os Renovadores

Autores Clave da Prosa Renovadora

Eduardo Blanco Amor: Vida e Obra

Na súa cidade natal cursou o bacharelato. Neses anos entrou en contacto cos ambientes intelectuais e comezou a súa actividade literaria e xornalística. Anos despois, Blanco Amor emigrou á Arxentina, onde desenvolveu unha importante actividade cultural. Como correspondente xornalístico, regresou varias veces a España. Desde 1936, a súa estadía en América foi xa forzada como exiliado.

Produción Narrativa Destacada:
  • A esmorga (1959) - Novela
  • Os biosbardos (1962) - Relatos
  • Xente ao lonxe (1972) - Novela

A esmorga saíu por primeira vez en Buenos Aires. Con esta obra, Blanco Amor iniciou o camiño da renovación da narrativa galega e converteuse...

Seguir lendo "A Prosa Galega (1936-1976): Renovadores e Nova Narrativa" »

Rexurdimento galego: historia e evolución

Lingua e literatura3,63 KB

O Rexurdimento da lingua e cultura galega no século XIX

No século XIX produciuse o Rexurdimento literario do galego. As ideas do Romanticismo favoreceron o desenvolvemento dunha corrente ideolóxica galeguista, cos obxectivos fundamentais da defensa de Galicia e da súa lingua. A guerra contra os franceses propiciou o uso do galego en impresos. O uso do galego estendeuse, así mesmo, ao tratamento doutros temas políticos do momento, que esixían o emprego da lingua dos seus destinatarios.

Centralismo e uniformización do Estado español

Consolidouse un aparato de administración dun Estado liberal; estas ideas están plasmadas na Constitución de Cádiz. O cambio político trae consigo o centralismo e a uniformación do Estado. En 1833 modifícase...

Seguir lendo "Rexurdimento galego: historia e evolución" »

A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia

Lingua e literatura3,85 KB

A Xeración dos 50

Algúns autores da xeración dos 50, universitarios e emigrantes, compartiron proxectos editoriais e culturais arredor do grupo Brais Pinto.

Grupo Brais Pinto

Está formado por estudantes universitarios e traballadores como Bernardino Graña, Xosé Luís Méndez Ferrín e Ramón Lourenzo.

A súa actividade xira arredor da reivindicación de Galicia a través de proxectos culturais como a fundación da editora co mesmo nome. Teñen influencias artísticas e literarias internacionais que lles valen para intentar renovar a arte e a literatura galega con novas propostas estéticas.

Bernardino Graña

Comeza a súa andaina poética no existencialismo propio da Escola da Tebra. Do cabti á materia, ao mar pasará a unha poesía máis...

Seguir lendo "A Xeración dos 50: Autores, Obras e Contexto en Galicia" »

O Estatuto de 1981 e a Poesía de Méndez Ferrín

Lingua e literatura3,35 KB

O Estatuto de 1981 e a Normalización Lingüística

O Estatuto de Autonomía de 1981 é un dos principais piares da normalización da lingua galega, xunto coa Constitución de 1978, a Lei de Normalización Lingüística de 1983 e a normativización realizada pola Real Academia Galega en 1982.

A normalización consiste nun proceso polo cal unha lingua minorizada, que non tiña usos a nivel escrito ou formal ou que os perdeu por motivos históricos, culturais, económicos ou sociais, os recupera ou chega a adquirilos. No caso do galego, este proceso foi especialmente importante tras séculos de perda de prestixio e de uso en ámbitos oficiais.

Marco Legal e Ámbitos de Uso

O Estatuto establece que o galego é lingua cooficial en Galicia, mentres...

Seguir lendo "O Estatuto de 1981 e a Poesía de Méndez Ferrín" »

A literatura galega na ditadura: historia e autores

Lingua e literatura7,23 KB

A ruptura da cultura galega en 1936

A sublevación militar de 1936 e a posterior instauración da ditadura de Francisco Franco supuxeron unha ruptura traumática na evolución da cultura galega. O proceso de consolidación lingüística e literaria iniciado no Rexurdimento e fortalecido no primeiro terzo do século XX quedou abruptamente interrompido. Comezaba así unha etapa marcada polo silencio, a censura e a represión.

O silencio editorial e o papel do exilio

Na inmediata posguerra produciuse un auténtico “silencio editorial”. Entre 1936 e 1947 practicamente non se publicaron obras en galego debido á prohibición do seu uso escrito e ao control ideolóxico do réxime. Moitos intelectuais sufriron cárcere, execución ou exilio. O galeguismo...

Seguir lendo "A literatura galega na ditadura: historia e autores" »

As contas públicas: ingresos, gastos e política fiscal

Economía2,42 KB

As contas públicas: ingresos e gastos do Estado

Ingresos do Estado

  • Impostos: IVE, IRPF.
  • Taxas ou multas.
  • Ingresos de empresas públicas.

Gastos do Estado

O Estado inviste en sanidade, educación, pensións, infraestruturas e axudas sociais.

Saldos orzamentarios

  • Déficit público: Cando se gasta máis do que se ingresa.
  • Superávit: Cando se ingresa máis do que se gasta.
  • Equilibrio orzamentario: Cando o Estado gasta exactamente o mesmo que ingresa.

A política fiscal

A política fiscal é o conxunto de decisións que toma o goberno sobre canto cobrar en impostos e canto gastar.

  • Política fiscal expansiva: Baixan os impostos ou aumentan os gastos para activar a economía, por exemplo, en tempos de crise.
  • Política fiscal restritiva: Súbense os impostos ou
...
Seguir lendo "As contas públicas: ingresos, gastos e política fiscal" »