Bloques Dialectais do Galego: Occidental, Central e Oriental
Bloque Occidental
Comprende as zonas occidentais da Coruña e Pontevedra.
- Gheada: presenza de gheada (gato, amigo) que nas vilas costeiras presenta, en lugar da aspiración, un son semellante ao [x] castelán.
- Seseo: seseo implosivo (lus, des). Hai seseo explosivo nas zonas máis costeiras (facer, veciño).
- Terminación -AN(S): para os dous xéneros en formas como o irmán / a irmán.
- Plural -NS: cans, avións.
- Pronome suxeito TI: ti cantas.
- Vocal temática analóxica -E-: en formas como colleches, vendestes en vez de colliches e vendistes.
- Ditongo UI: realización no ditongo ui do grupo latino -ULT-: muito, truita, luita (parte sur).
- Cheísmo: (na área de Fisterra). Utilización do che tanto para OD como OI: Vinche pola noite.
- Teísmo: (na área límite con Portugal). Utilización do te tanto para OD como OI: Colleute a bicicleta.
Tamén son características deste bloque: a alteración do timbre vocálico etimolóxico (metafonía) sogro/sogra; formas verbais con -N- analóxico na 1ª persoa: cantei/cantín; formas foches, fostes con vocal o no radical en vez de fuches.
Bloque Central
Formado por toda a Galicia Central: falares do nordeste e interior da Coruña, interior de Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental.
- Ausencia de gheada.
- Ausencia de seseo: agás o implosivo (lus, des) nalgunhas zonas da Coruña e seseo explosivo na bisbarra de Santiago (facer, veciño).
- Terminación -AO(S) / -Á: para o masculino e -á para o feminino en formas como o irmao / a irmá.
- Plural -S: para os nomes acabados en -n: cas, aviós.
- Pronome suxeito TU: tu cantas.
- Vocal temática analóxica -I-: en formas como colliches, partiches.
- Ditongo OI: realización no ditongo oi do grupo latino -ULT-: moito, troita, loita.
- Sufixo número persoal -des / -ndes: na 2ª persoa do plural (cantades, cantandes). Nalgunha zona oriental podemos atopar a terminación -is (cantais, cantabais).
Bloque Oriental
Constituído polo galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e, ademais, o falado ao leste de Lugo e Ourense.
- Ausencia de gheada.
- Ausencia de seseo.
- Terminación -IN: por -iño: camiño, veciño (agás na parte sur deste bloque).
- Formas como caxa, baxar: no canto de caixa, baixar.
- Plural -IS (nomes en -N): cais, avións.
- Plural -IS / -LES (nomes en -L): sois, animais. En Asturias, animales.
- Pronome suxeito TU: tu cantas.
- Formas verbais incrementadas con -N: cantein, hein.
- Ditongo OI/UI/U: realización no ditongo oi/ui/u do grupo latino -ULT-: moito, truita, luta.
- Conservación do wau: en cua, gua: cuatro, guardar.
- Sufixo -IS / -I: -is na 2ª persoa do plural (cantais, cantabais) e -i para o imperativo: cantai, collei.