Historia da Península Ibérica: Neolítico, romanización e Idade Media
O Neolítico: revolución agropecuaria e social
O Neolítico, literalmente «pedra nova», foi unha auténtica revolución para as colectividades humanas, porque supuxo que por primeira vez o ser humano podía controlar o abastecemento de alimentos tras aprender a cultivar plantas e domesticar animais. O home deixa de ser exclusivamente depredador para producir os seus propios alimentos; malia isto, non abandona do todo a caza, a pesca e a recoleción. Estes descubrimentos deron lugar a un importante incremento da poboación e á aparición dos primeiros poboados estables. A sedentarización favoreceu a especialización e a división do traballo, o que propiciou a xeración de excedentes, a aparición de propiedade privada e a diferenciación
...