Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Ferramentas da Biotecnoloxía e Enxeñaría Xenética

Relixión2,57 KB

E por último, hai que ter en conta que no citoplasma existen proteínas e outras moléculas que tamén inflúen na síntese proteica.

Ferramentas da biotecnoloxía

As ferramentas para manipular o ADN son:

  • Cortar: os encimas de restrición, tesoiras moleculares que cortan o ADN en secuencias específicas.
  • Pegar: o ADN ligasa, une fragmentos de ADN cortados por encimas.
  • Copiar: os plásmidos, moléculas circulares de ADN coa capacidade de autorreplicarse que se usan como vehículos ou vectores en enxeñaría xenética.
  • Transformación: introducir plásmidos na bacteria.

Con todas estas ferramentas, Herb Boyer e Stanley Cohen, en 1972, fixeron o primeiro experimento de enxeñaría xenética ao introducir información xenética humana no interior dunha

...

Seguir lendo "Ferramentas da Biotecnoloxía e Enxeñaría Xenética" »

Teatro Galego 1936-1976: Exilio, Xeración dos 50 e Grupo Abrente

Lingua e literatura3,26 KB

O teatro galego entre 1936 e 1976

A Guerra Civil e a posterior ditadura militar supuxeron o traslado da produción teatral ao exilio. Así, en Bos Aires vaise representar Os vellos non deben namorarse, de Castelao, e vaise desenvolver un programa estable de representacións teatrais da man de Varela Buxán, autor de O ferreiro de Santán e A taberna do demo, obras de temática rural, popular e cómica, que pretenden evocar no público a lembranza da súa terra.

As xeracións do teatro galego na posguerra

A partir da posguerra, en Galicia podemos establecer dúas xeracións que conviven cos autores anteriores ao 36: a Xeración dos 50 e a Xeración das Mostras de Ribadavia.

A Xeración dos 50

Nos anos 50 o teatro segue tres liñas principais:

  1. A liña
...
Seguir lendo "Teatro Galego 1936-1976: Exilio, Xeración dos 50 e Grupo Abrente" »

A Narrativa Galega no Século XX: Evolución, Autores e Xéneros

Outras linguas estranxeiras3,31 KB

A Narrativa Galega a Finais do Século XX

A finais do s. XX, a literatura galega tivo un gran desenvolvemento que afectou a tódolos xéneros. A narrativa tivo un papel preponderante, asumindo novas modalidades como a novela policial, a ficción científica ou a narrativa erótica.

Factores Clave na Consolidación Literaria Galega

Diversos elementos propiciaron esta multiplicación e consolidación do noso sistema literario:

  • Cambios políticos: A chegada da democracia, a escolarización en galego e o consecuente aumento de lectores.
  • Premios literarios: A convocatoria de premios contribuíu a renovar o discurso narrativo e serviu de plataforma para dar a coñecer a moitos autores.
  • Ampliación editorial: Ampliouse o mundo editorial galego (Xerais,
...
Seguir lendo "A Narrativa Galega no Século XX: Evolución, Autores e Xéneros" »

Normativización do Galego: Etapas e Evolución

Lingua e literatura6,65 KB

Historia da Normativización do Galego

A construción da variedade estándar é o que se coñece co nome de normativización lingüística: fixación dunha ortografía, unha gramática e un dicionario que sirvan de modelos cultos a imitar. Neste proceso de normativización podemos sinalar catro etapas:

  • Galego popularizante (ata fins do s. XIX): Utilízase o galego oral no seu rexistro popular, cheo de vulgarismos, castelanismos e dialectalismos.
  • Galego enxebrizante (ata 1936): Os autores comezan a inclinarse por un modelo que marque distancias co castelán.
  • Galego protoestándar (ata fins dos 70): Medra a conciencia da necesidade dun modelo culto que apoie a normalización do galego.
  • Galego estándar (ata a actualidade): O mellor coñecemento lingüístico
...
Seguir lendo "Normativización do Galego: Etapas e Evolución" »

Linguas Minorizadas e Normalización Lingüística do Galego

Lingua e literatura3,19 KB

Linguas minorizadas e minoritarias

No mundo hai unha gran variedade de linguas, cunha diversidade de situacións: linguas con estado, sen estado, oficiais en varios estados e estados monolingües ou plurilingües.

Conceptos: lingua minorizada e lingua minoritaria

Unha lingua minorizada é aquela que convive en inferioridade de condicións con outra dentro dun mesmo territorio, onde a lingua máis prestixiosa se impón sobre ela. A lingua minorizada non cobre todas as funcións sociais propias do seu territorio. Pódense dar tres situacións principais:

  • Linguas oficiais no seu territorio que perden falantes.
  • Linguas que non teñen recoñecemento oficial no territorio.
  • Linguas que son consideradas dialectos doutra lingua dominante.

Nestes casos, a lingua...

Seguir lendo "Linguas Minorizadas e Normalización Lingüística do Galego" »

O movemento obreiro na Restauración: anarquismo e socialismo

Historia2,42 KB

A Restauración: anarquistas e socialistas

Durante a Restauración, o anarquismo foi a ideoloxía dominante, sendo España o país do mundo con maior implantación anarquista. Os socialistas adheríronse á II Internacional, da que só formaron parte as asociacións marxistas.

  • A legalidade plena das asociacións obreiras conséguese coa Lei de Asociacións de 1887, pero sempre sometidos á represión cando as actividades reivindicativas dos obreiros atenten contra a «orde pública».
  • O grupo socialista aproveitou a legalidade para fundar en 1886 o semanario El Socialista e o sindicato afín, a UGT (Unión General de Trabajadores) con implantación en Madrid, País Vasco e Asturias.
  • O anarquismo aproveitou tamén a apertura que supuña o Goberno
...
Seguir lendo "O movemento obreiro na Restauración: anarquismo e socialismo" »

Teatro Galego de 1916 a 1936: Evolución e Autores

Lingua e literatura4,92 KB

O Teatro Galego entre 1916 e 1936

As tendencias teatrais desta etapa son fundamentalmente tres:

  • O teatro costumista-ruralista.
  • O teatro propagandístico levado a cabo polas Irmandades da Fala.
  • O teatro renovador (Dieste e Nós).

O teatro galego partía dunha situación de desvantaxe, pois non contaba con infraestruturas adecuadas, nin tiña público asiduo e formado, polo que os comezos foron difíciles.

Os Inicios

En 1903 inaugúrase na Coruña a Escola Rexional de Declamación. O obxectivo desa Escola era consolidar un grupo de teatro estable que garantise a representación de pezas en galego. O autor máis destacado neste primeiro intento foi Manuel Lugrís con obras como A Ponte (1903), primeiro drama galego en prosa.

O Teatro das Irmandades da

...
Seguir lendo "Teatro Galego de 1916 a 1936: Evolución e Autores" »

Resumen os dous de sempre castelao

Outras linguas estranxeiras2,66 KB

OBRA NARRATIVA: tentará renovar a nosa literatura e manifestar o compromiso con Galicia. Relévase tardiamente como narrador. Aparecen dúas clases sociais o campesiñado e a fidalguía. Obras Realistas: Pantelas, home libre;Contos do camiño e da rúa;O mesón dos ermos; Os camiños da vida ( é a 1ª novela realmente importante, nela Otero expón as tranformaci´n producidas na sociedade rural galega. Fálase do paso dunha economia e dun sistema de relacions sociais tradicionais a un sistema moderno.A acción transcorre en Trasouto, Ourense e Santiago e céntrase en dúas familias fidalgas: os Doncos e os Puga. Consta de 3 partes de 7 capitulos cada unha. Na 1ª parte (Os señores da terra) descríbese a paisaxe natural e a vida da aldea...

Seguir lendo "Resumen os dous de sempre castelao" »

O teatro en Galicia (1965–1980): autores e mostras

Lingua e literatura2,63 KB

O teatro en Galicia entre 1965 e 1980

As condicións socioeconómicas existentes en Galicia a partir de mediados dos anos sesenta propician a recuperación das actividades teatrais.

Surgen grupos teatrais como O Facho (1965), dirixido por Manuel Lourenzo, que funda na Coruña o Teatro Circo.

En 1973 celebrouse a I Mostra de Teatro de Ribadavia, que serviu de punto de partida e de encontro para numerosos autores e grupos do noso país, como Teatro de Cámara Ditea, Antroido, Troula, Teatro Popular Keizán, Máscara 17, Artello, A Farándula, etc.

Vinculados a estas mostras de Ribadavia, temos os seguintes autores:

Euloxio Rodríguez Ruibal (Ordes, 1945)

Autor dun teatro experimental; na súa obra distínguense tres etapas ao longo da súa traxectoria...

Seguir lendo "O teatro en Galicia (1965–1980): autores e mostras" »

As Vangardas en Galicia: Literatura, Arte e Historia

Outras linguas estranxeiras10,18 KB

As Vangardas en Galicia: Renovación Literaria e Artística

Renovación Literaria

  • Publicación do manifesto ¡Máis alá! (1922), de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.
  • Revistas literarias:

    As revistas literarias adoitaban ser bilingües, nas que se mesturaban artes.

    • Alfar: Jorge Luís Borges, André Breton, Teixeira de Pascoaes, Vicente Risco...
    • Ronse: Luís Pimentel, Manuel Antonio. Promotores: Luís Seoane, Ánxel Fole, Arturo Cuadrado.
    • Cristal: Luís Amado Carballo, Fermín Bouza Brey, Manuel Antonio, F. García Lorca...

Pintura Galega: Anos 20 e 30

Os Novos

O espírito innovador desta pintura non esqueceu a tradición romántica e barroca.

Pintores: Carlos Maside, Luís Seoane, Laxeiro, Colmeiro...

A Xeración de 1922: As Vangardas Galegas

Xeración

...
Seguir lendo "As Vangardas en Galicia: Literatura, Arte e Historia" »