As contas públicas: ingresos, gastos e política fiscal

Economía2,42 KB

As contas públicas: ingresos e gastos do Estado

Ingresos do Estado

  • Impostos: IVE, IRPF.
  • Taxas ou multas.
  • Ingresos de empresas públicas.

Gastos do Estado

O Estado inviste en sanidade, educación, pensións, infraestruturas e axudas sociais.

Saldos orzamentarios

  • Déficit público: Cando se gasta máis do que se ingresa.
  • Superávit: Cando se ingresa máis do que se gasta.
  • Equilibrio orzamentario: Cando o Estado gasta exactamente o mesmo que ingresa.

A política fiscal

A política fiscal é o conxunto de decisións que toma o goberno sobre canto cobrar en impostos e canto gastar.

  • Política fiscal expansiva: Baixan os impostos ou aumentan os gastos para activar a economía, por exemplo, en tempos de crise.
  • Política fiscal restritiva: Súbense os impostos ou redúcense os gastos para reducir a débeda pública ou evitar a inflación.

O sector público

O sector público é o conxunto de organizacións e institucións que pertencen ao Estado para xestionar recursos e servizos:

  • Administracións Públicas: Responsables de gobernar e ofrecer servizos.
  • Empresas Públicas: Empresas controladas polo Estado que prestan servizos ou producen bens.
  • Seguridade Social, institucións públicas financeiras, organismos autónomos e axencias públicas.

Conceptos clave

  • Déficit público: Cando nun ano o Estado gasta máis do que ingresa.
  • Débeda pública: O total dos cartos que o Estado debe porque tivo déficits no pasado.
  • Gasto público: Conxunto de pagamentos que realiza o Estado para ofrecer servizos, fomentar o benestar social e facer funcionar a economía.
  • Cotizacións sociais: Pagos á Seguridade Social que dan dereito a prestacións, realizados polas empresas e os traballadores.
  • Tributos: Divídense en impostos, taxas e contribucións especiais.
  • Presión fiscal: Proporción de impostos que recauda o Estado respecto ao PIB dun país; indica o peso que teñen os impostos na economía.

Descargar

PDF Word HTML