Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Bacharelato

Tècniques de les Vanguardies: Collage, Cal·ligrama i Futurisme

Maxisterio2,93 KB

Tècniques de les Vanguardies

Recursos formals

Collage: consisteix a incorporar elements aliens al text, com si hi estiguessin enganxats (paraules en una altra llengua, emblemes o icones, dibuixos).

Cal·ligrama: és una composició poètica que expressa plàsticament, per mitjà de l'escriptura o la tipografia, el tema tractat pel poema.

Salt de fil: són els talls dels versos, els quals formen un esglaó. És una tècnica cubista.

Paraules en llibertat: característic del futurisme, es tracta de paraules col·locades en el text en posicions inusuals (inclinades, verticals) sense formar part de cap oració.

Supressió parcial dels signes de puntuació i ús d'espais en blanc: aquests dos recursos són d'origen futurista. El primer va ser usat pels...

Seguir lendo "Tècniques de les Vanguardies: Collage, Cal·ligrama i Futurisme" »

Historia da Música: Gregoriano, Renacemento, Barroco e Romanticismo

Música7,29 KB

Historia da Música: Dende o Medievo ata o Romanticismo

Música Medieval (s. VIII-XV)

Canto Gregoriano

O canto gregoriano é unha música monódica, vocal, a capella, en latín e de ritmo libre. Recibe o seu nome do Papa Gregorio I, quen mandou recompilar as melodías que se cantaban e crear outras para facer unha única liturxia para todos os crentes. As súas raíces atópanse no pobo xudeu e en Grecia. Desenvolveuse durante a Idade Media, cando os mosteiros eran os centros culturais.

Obras destacadas

  • Puer natus est nobis (canto gregoriano, s. VIII-IX): obra monódica, a capella, en latín, para voz solista.
  • Gratulantes celebremus festum (Códice Calixtino, s. XII): polifonía relixiosa a tres voces, vocal.
  • Cantiga de Santa María nº 100 (Afonso
...
Seguir lendo "Historia da Música: Gregoriano, Renacemento, Barroco e Romanticismo" »

Economía de mercado e intervención pública: ciclos, políticas e inflación

Economía3,09 KB

Economía de mercado e intervención pública

Recursos e compoñentes económicos

Asignación de recursos: traballo doméstico, traballo voluntariado, operacións de trocas, economía sumerxida.

Compoñentes económicos: bens de consumo, bens de produción, capital humano, recursos naturais.

Fallos do mercado

Ciclos económicos

Critícase ao mercado porque non alcanza un crecemento económico estable. As crises periódicas que afectan á economía de mercado provocan inestabilidade e falta de seguridade no futuro, con consecuencias para os traballadores e as empresas.

Externalidades

Moitas actividades económicas orixinan efectos externos sobre a sociedade e o medio ambiente que o mercado non controla.

Bens públicos

O mercado é axeitado para responder...

Seguir lendo "Economía de mercado e intervención pública: ciclos, políticas e inflación" »

A prosa e o ensaio galego: séculos XX e XXI

Lingua e literatura4,44 KB

A prosa de fins do século XX e comezos do XXI

O panorama sociolingüístico galego experimentou unha fonda evolución no período democrático. A produción literaria desenvolveuse con forza a partir dos anos 80, especialmente no ámbito da narrativa. Entre os factores determinantes deste desenvolvemento salientan:

  • A escolarización en lingua galega.
  • A convocatoria de premios e concursos literarios.
  • O labor divulgativo dalgunhas páxinas literarias dos principais xornais galegos.
  • A calidade e claridade da produción.
  • O incremento progresivo da edición dixital nos últimos anos.

Tendencias na narrativa recente

Dentro da produción narrativa dos últimos anos pódense diferenciar distintas tendencias:

  • Achegamento a novas formas narrativas: o que se
...
Seguir lendo "A prosa e o ensaio galego: séculos XX e XXI" »

Funcionamento global da economía: demanda, investimento e sector público

Economía3,72 KB

Funcionamento global da economía

O conxunto de obxectivos macroeconómicos pódese resumir en un: conseguir un crecemento na economía que permita satisfacer as necesidades, garantindo o pleno emprego dos recursos e mantendo os prezos estables.

O que adoita suceder é que a economía flutúa de un ano a outro. Existen épocas en que o PIB aumenta e permite un mellor nivel de vida, pero hai épocas de crise nas que as empresas contratan menos traballadores.

A visión de conxunto

Na realidade económica do país inflúen factores como:

  • As forzas internas do mercado: variacións da poboación, etc.
  • As perturbacións externas: conflitos entre países, desastres naturais, etc.
  • A actuación dos gobernos: para controlar a economía a través da política
...
Seguir lendo "Funcionamento global da economía: demanda, investimento e sector público" »

Restauración borbónica (1875-1898): constitución, partidos e caciquismo

Historia5,39 KB

Restauración borbónica (1875-1898)

A Restauración consistiu na volta da monarquía borbónica despois do levantamento que derrocou a República. Foi levada a cabo por Cánovas del Castillo, que intentou acabar coa influencia dos militares no poder e coas guerras carlistas e a de Cuba. Elaborou a primeira constitución baseada no bipartidismo (liberal e conservador). A primeira medida foi a convocatoria das Cortes constituíntes, xa que a Constitución de 1869 quedara sen efecto despois da República. As primeiras eleccións foron con sufraxio universal; as seguintes, co censitario.

Constitución de 1876

Clara mostra do liberalismo doutrinario, caracterizado polo sufraxio censitario e a soberanía compartida entre as Cortes e o rei. Tiña carácter...

Seguir lendo "Restauración borbónica (1875-1898): constitución, partidos e caciquismo" »

Transformación agraria e expansión industrial en España (1833-1930)

Ciencias sociais4,1 KB

Transformación agraria e expansión industrial (1833-1930)

As transformacións económicas neste momento son pouco importantes, xa que o sector agrario non se desenvolve (terras improdutivas, dificultades climáticas...) e tamén polas reformas, como a reforma agraria liberal que levaron a cabo os liberais para liberar a terra das trabas do Antigo Réxime. As principais medidas foron a eliminación de señoríos e de dereitos xurisdiccionais, a desamortización e a desvinculación da propiedade. Despois destas reformas, as terras podían ser compradas ou vendidas libremente.

A estrutura da propiedade da terra tivo unha gran influencia sobre o atraso agrario. Nos latifundios, que non foron modernizados xa que a produtividade non era prioritaria,...

Seguir lendo "Transformación agraria e expansión industrial en España (1833-1930)" »

Diversidade física de España e Galicia: o relevo

Xeografía7,65 KB

Tipos de unidades morfoestruturais:

- Os zocalos son chairas ou mesetas formadas na era primaria ou Paleozoico como resultado do arrasamento pola erosión das cordilleiras situadas nas oroxenesis. Actualmente ocupan a metade occidental peninsular.

- Os macizos antigos son montañas formadas na era terciaria polo novo levantamento dun zocalo polas presións da oroxenese alpina. Actualmente atópanse nas serras do interior da meseta, no Macizo Galaico e na parte occidental da cordilleira Cantábrica.

- As cordilleiras de pregamento son grandes elevacións montañosas xurdidas na oroxenese alpina da era terciaria polo pregamento de materiais sedimentarios depositados na era secundaria. Presentan fortes pendentes e formas escarpadas. Hai dous tipos:...

Seguir lendo "Diversidade física de España e Galicia: o relevo" »

Ciclo de Wilson e Ambientes Sedimentarios: Guía Completa

Xeoloxía4,52 KB

O ciclo de Wilson

O xeólogo canadense John Wilson foi o primeiro en propoñer a existencia, ao longo da historia da Terra, de procesos cíclicos de ruptura e reunificación de supercontinentes. En honra súa, ao devandito proceso denominóuselle ciclo de Wilson.

Etapas do ciclo de Wilson

1. Formación dun domo térmico. A calor acumulada debaixo do continente provoca a dilatación dos materiais e unha curvatura.

2. Etapa de rift continental. Aparecen as grandes fracturas que adelgazan a litosfera, provocando a formación dun rego ou rift continental.

3. Etapa de mar estreito. Complétase a separación e comeza a xerarse entre ambos fragmentos nova litosfera oceánica e unha pequena dorsal.

4. Etapa de océano tipo Atlántico. Segue a separación...

Seguir lendo "Ciclo de Wilson e Ambientes Sedimentarios: Guía Completa" »

A obra de Manuel Antonio e a poesía galega

Lingua e literatura2,92 KB

Manuel Antonio

Obra

Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois

Neles combínanse os elementos tradicionais (métrica, rima...) con outros máis innovadores. Sempre e máis despois podédese incluír dentro da liña paisaxística tradicional.

De catro a catro

As súas características son sen apenas referencias explícitas a Galicia, de difícil lectura e escura interpretación, con certa tendencia á abstracción, afastada das estruturas rítmicas tradicionais, posuidora dun sorprendente sistema de imaxes poéticas, construída sobre un modelo culto de lingua supradialectal, cun léxico inzado de termos específicos de navegación. Consta de 19 poemas e está concibida como diario dunha travesía desde o momento en que o barco se...

Seguir lendo "A obra de Manuel Antonio e a poesía galega" »