Transformación agraria e expansión industrial en España (1833-1930)
Transformación agraria e expansión industrial (1833-1930)
As transformacións económicas neste momento son pouco importantes, xa que o sector agrario non se desenvolve (terras improdutivas, dificultades climáticas...) e tamén polas reformas, como a reforma agraria liberal que levaron a cabo os liberais para liberar a terra das trabas do Antigo Réxime. As principais medidas foron a eliminación de señoríos e de dereitos xurisdiccionais, a desamortización e a desvinculación da propiedade. Despois destas reformas, as terras podían ser compradas ou vendidas libremente.
A estrutura da propiedade da terra tivo unha gran influencia sobre o atraso agrario. Nos latifundios, que non foron modernizados xa que a produtividade non era prioritaria, as condicións de vida dos cultivadores eran propias da subsistencia. Nos minifundios pasaba o mesmo, xa que pola mala calidade da terra e polo pequeno tamaño, tiñan que emigrar. A poboación española medrou moito a causa do descenso da mortalidade, ao abrir máis e mellores alimentos e pola mellora da hixiene na cidade, xa que tamén houbo un pequeno descenso da natalidade. Percíbese sobre todo o crecemento das poboacións periféricas, xa que alí van a poboación excedente do campo, aínda que a maioría segue vivindo no campo.
A causa desta distribución tan descompensada da poboación xurdiu un dualismo moi acentuado entre o campo e a cidade, orixinando conflitos políticos e sociais. A comezos do século XX a economía seguía sendo sobre todo agraria, non como outros países europeos que se industrializaban completamente. Xa que había que destacar a industria algodoeira catalá e a siderúrxica biscaína, pero iso non era suficiente para manter a economía do país.
Causas do atraso industrial español
España levaba atraso na industrialización. En primeiro lugar, pola baixa demanda, prezos elevados e escasa competitividade. En segundo lugar, a facenda pública destinaba gran parte dos recursos ao pagamento da débeda, o que encareceu o financiamento das empresas e desincentivou o investimento produtivo. En terceiro lugar, a mala situación de España en Europa, o que dificultaba a compra de materia prima e a venda dos nosos produtos. En cuarto lugar, escasa e de mala calidade das fontes de enerxía, sobre todo o carbón, que era necesario traer de fóra.
A partir do último terzo do século XIX a industria diversificouse (metalurxia, química, naval) e estendeuse por outras rexións. A isto uniuse o cambio do carbón polo petróleo e a electricidade, o que modernizou a industria. Á parte dos dous núcleos principais (Cataluña e País Vasco), a industria estendeuse por toda España, sobre todo Madrid, xa que era a capital e a sede do goberno. Este crecemento irregular da economía daría lugar a diferentes rendas en cada rexión. No comercio exterior, houbo un incremento das exportacións e unha diminución das importacións, o que vai incrementar o P.I.B., aínda que o sistema agrario segue sendo o máis importante.
Política comercial do século XIX
Foi o resultado do debate entre proteccionistas (estaban en contra das relacións comerciais co exterior) e os librecambistas (defendían que a importación favorecía a competitividade e a especialización da industria). Tamén o Estado interviu na política, subindo os impostos aduaneiros e aumentando as intervencións para protexer o investimento privado e a competencia exterior. Isto causou a aparición de sectores tecnolóxicos máis avanzados que melloraron o transporte. A implantación do ferrocarril fixo que se aforrase tempo e diñeiro. O primeiro trazado uniu Barcelona con Mataró, pero ata a Lei xeral de ferrocarrís non se estendeu por todo o territorio. Os investimentos económicos eran moi elevados e o Estado permitiu capitais estranxeiros. Tiña unha estrutura radial con centro en Madrid e as vías eran máis estreitas que as europeas, o que dificultaría o comercio exterior, mentres que, por outra parte, permitía importar sen aranceis e era fácil intercambiar produtos no interior, sobre todo cereais e tecidos.