Historia da Música: Gregoriano, Renacemento, Barroco e Romanticismo
Historia da Música: Dende o Medievo ata o Romanticismo
Música Medieval (s. VIII-XV)
Canto Gregoriano
O canto gregoriano é unha música monódica, vocal, a capella, en latín e de ritmo libre. Recibe o seu nome do Papa Gregorio I, quen mandou recompilar as melodías que se cantaban e crear outras para facer unha única liturxia para todos os crentes. As súas raíces atópanse no pobo xudeu e en Grecia. Desenvolveuse durante a Idade Media, cando os mosteiros eran os centros culturais.
Obras destacadas
- Puer natus est nobis (canto gregoriano, s. VIII-IX): obra monódica, a capella, en latín, para voz solista.
- Gratulantes celebremus festum (Códice Calixtino, s. XII): polifonía relixiosa a tres voces, vocal.
- Cantiga de Santa María nº 100 (Afonso X o Sabio, s. XIII): cantiga de loanza á Virxe María, de música monódica relixiosa, sen instrumentos fixos.
- Ondas do mar de Vigo (Martín Códax, s. XIII): cantiga de amigo galego-portuguesa, de música monódica profana, con laúde.
Códice Calixtino e a Música Galega
O Códice Calixtino, dedicado aos Oficios do Apóstolo Santiago, é un manuscrito do século XII que contén textos para celebrar misas. Forma parte da segunda metade da Idade Media, período de estilo románico e do inicio do declive da sociedade feudal. Durante os séculos XII ao XV, a literatura e as correntes de pensamento comezan a secularizarse.
Renacemento (1400-1600)
O Renacemento supón o fin da Idade Media e o desenvolvemento científico. A súa base ideolóxica é o humanismo, e Italia convértese no centro da cultura e das artes. A arquitectura inspírase na Grecia clásica. A música renacentista caracterízase pola polifonía e por melodías e ritmos menos complexos. Os artistas comezan a considerarse xenios.
Obras destacadas
- Matona mia cara (Orlando di Lasso, s. XVI): polifonía profana vocal, en italiano.
- Kyrie (Giovanni Pierluigi da Palestrina, s. XVI): polifonía vocal relixiosa, a capella, interpretada por coro de nenos.
- Todos los bienes del mundo (Cancionero Musical de Palacio, Juan del Enzina): polifonía vocal profana, en castelán.
Barroco (1600-1750)
O Barroco nace nunha época de crise económica e aumento da poboación, con escaseza de recursos. A burguesía quere aumentar o seu poder político, en mans da monarquía, a nobreza e o clero. Foi unha época de guerras, tamén relixiosas, e a arte barroca reflicte os problemas da sociedade. O maior aporte á música barroca é italiano, e desde Italia pasa a toda Europa. A mediados do século XVI nace a ópera.
Obras destacadas
- Danzas de Terpsícore: La Bourrée (Michael Praetorius, 1612): suite barroca, pastoril, para instrumentos de diferentes familias (vento, frautas, cromorno, violas, clave e percusión).
- Orfeo, Vi ricorda i boschi ombrosi (Claudio Monteverdi, 1607): ópera barroca, para orquestra con cordas frotadas e baixo continuo, con solistas vocais e coro.
- Marcha para a ceremonia dos turcos (Jean-Baptiste Lully, s. XVII): obertura francesa de comedia de ballet, para orquestra de cordas e baixo continuo.
- Paixón segundo San Mateo, BWV 244 (Johann Sebastian Bach): obra vocal e instrumental relixiosa, mestura de cantata luterana e oratorio, en forma coral.
- O Mesías, HWV 56 (Georg Friedrich Haendel, 1742): oratorio alegórico, sen personaxes concretos, para orquestra barroca, cordas, metais e coros. Inclúe o famoso Alleluia.
Formacións Musicais
- Música de cámara: grupos pequenos nos que cada instrumento toca unha parte.
- Orquestra: varios músicos tocan a mesma parte.
- Coro: conxunto de cantantes que interpretan música a varias voces.
- Orfeón: coro de voces mixtas, máis numeroso.
- Coro de cámara: coro con piano, case nunca con máis de 20 voces.
- Coro de voces brancas: cantan só nenos e nenas.
Voces
- Soprano: voz feminina máis aguda.
- Mezzosoprano: voz feminina intermedia.
- Contralto: voz feminina máis grave.
- Tenor: voz masculina máis aguda.
- Barítono: voz masculina intermedia.
- Baixo: voz masculina máis profunda.
Formas Musicais
- Polifonía: varias voces que soan á vez.
- Motete: polifonía a tres voces.
- Madrigal: forma polifónica de carácter descritivo que expresa sentimentos humanos a través da unión de letra e música.
- Romance: forma polifónica sobre temas dos antigos romances españois, de carácter popular.
- Villancico: forma musical popular profana, con tres partes: estribillo, copla e estribillo.
- Ensalada: polifonía profana que mestura diversos xéneros.
- Cantata: forma musical sobre texto profano ou relixioso de carácter lírico, con solistas, orquestra e coros.
- Oratorio: forma vocal relixiosa barroca de carácter narrativo, sen representación escénica.
- Réquiem: misa dedicada aos mortos.
- Ópera: obra dramática cantada, con orquestra, solistas e coros.
- Trovador: músico e poeta que canta aos sentimentos, sobre todo ao amor.
Romanticismo (s. XIX)
Lied
O lied é unha canción lírica breve para voz solista e acompañamento, normalmente de piano. É propio do Romanticismo en lugares de fala alemá e é un poema ao que se lle puxo música.
Piano
O piano pon de moda no Romanticismo, xa que con el pode expresarse a intimidade e a brillantez. É autosuficiente e adecuado para tocar na casa e no salón. Permite moitas técnicas: acordes, trinos, arpexios, oitavas moi rápidas e floreos.
Formas para piano
- Balada: composición lírica e melancólica.
- Barcarola: obra que imita as cancións de barqueiros e gondoleiros.
- Elexía: obra curta, triste e melancólica.
- Estudo: peza virtuosa destinada a desenvolver unha técnica.
- Impromptu: peza breve e improvisatoria.
- Intermezzo: pequena obra para piano.
- Mazurca: danza de orixe polaca, de ritmo moderado e carácter popular, que pasa a formar parte do repertorio culto.
- Nocturno: peza intimista e sentimental, inventada por John Field e cultivada por Chopin.
- Polca: peza de orixe checa, con apoxeo no século XIX.
- Polonesa: danza nobre de orixe polaca, de ritmo maxestuoso, que Chopin tocaba ao piano.
- Preludio: obra de carácter vehemente.
- Rapsodia: peza de carácter fantástico baseada en temas populares.