Restauración borbónica (1875-1898): constitución, partidos e caciquismo
Restauración borbónica (1875-1898)
A Restauración consistiu na volta da monarquía borbónica despois do levantamento que derrocou a República. Foi levada a cabo por Cánovas del Castillo, que intentou acabar coa influencia dos militares no poder e coas guerras carlistas e a de Cuba. Elaborou a primeira constitución baseada no bipartidismo (liberal e conservador). A primeira medida foi a convocatoria das Cortes constituíntes, xa que a Constitución de 1869 quedara sen efecto despois da República. As primeiras eleccións foron con sufraxio universal; as seguintes, co censitario.
Constitución de 1876
Clara mostra do liberalismo doutrinario, caracterizado polo sufraxio censitario e a soberanía compartida entre as Cortes e o rei. Tiña carácter conservador. Consideraba a monarquía como algo á parte da política, incuestionable. Outorgaba amplos poderes ao monarca: dereito de veto, nomeamento de ministros, convocatoria das Cortes, suspendelas ou disolvelas.
As Cortes eran bicamerais, formadas polo Senado e polo Congreso de Deputados, sendo este último de carácter electivo. Proclamaba a confesionalidade católica do Estado, aínda que permitía outras crenzas sempre que non se manifestasen en público. Por esta causa, restableceu o orzamento do culto e do clero, xa que financiaba a Igrexa. Tiña unha primeira declaración de dereitos que repetía as leis anteriores, con restricións dos dereitos de imprenta, expresión, asociación e reunión.
Fin dos conflitos
O esforzo do exército frustrou as insurrección carlistas e botaron fóra a Carlos. A derrota carlista eliminou o réxime foral; desta forma, os territorios vascos quedaron suxeitos ao pagamento de impostos e ao servizo militar. Fixéronse uns conciertos económicos que lles daban un certo grao de autonomía aos vascos a cambio dun pagamento anual á Administración central.
Asinouse a Paz de Zanjón, na que se incluía unha amnistía, a eliminación da escravitude e a promesa de reformas políticas e administrativas, polas que tería representantes nas Cortes españolas. O atraso destas promesas orixinou a Guerra Chiquita e unha posterior insurrección.
Alternancia no poder
Cánovas creou o Partido Conservador. Este proxecto bipartidista necesitaba un partido progresista (esquerda dinástica), e el propuxo a Sagasta. Co acordo de progresistas, unionistas e algúns republicanos moderados naceu o Partido Liberal. Tiñan o requisito de aceptar a monarquía alfonsina e a alternancia no poder; por iso eran coñecidos como partidos dinásticos.
Defendían a monarquía, a Constitución, a propiedade privada e o Estado liberal, centralista e unitario. Tiñan ideas diferentes e polo seu acordo tácito non podían promulgar unha lei que o outro derrogase ao volver ao goberno. Esta alternancia tiña como obxectivo a estabilidade institucional, que se puido manter grazas á corrupción electoral (caciquismo), así o partido que necesitaba un amplo número de deputados xa podía gobernar.
Caciques: persoas notables do medio rural, ricos propietarios con influencia social e política, que manipulaban as eleccións de acordo coas autoridades: fraude electoral.
Quen forma parte dos partidos
O Partido Conservador estivo no goberno ata que Sagasta formou un goberno liberal que introduciu o sufraxio universal masculino e os comicios municipais. En 1884 Cánovas volveu ao poder xunto con medo a que o Estado se desestabilizase coa morte de Alfonso XII, así que impulsou un acordo entre conservadores e liberais (Pacto de El Pardo) para apoiar a María Cristina e garantir a continuidade da monarquía fronte ás presións de carlistas e republicanos.
Durante o goberno longo de Sagasta, que durou cinco anos, impulsaron unha obra reformista: eliminouse a distinción entre partidos legais e ilegais, deixou entrar na política as forzas opositoras, aboliu a escravitude, un novo código civil e reformas de facenda e militares. O máis importante foi o sufraxio universal masculino, aínda que seguía abundando a fraude. Despois do asasinato de Cánovas, o personalismo deteriorou os partidos.
Forzas políticas marxinadas do sistema
Republicanismo
Emilio Castelar (volveuse máis moderado) era o líder do Partido Republicano Posibilista.
Zorrilla (virou cara a un republicanismo radical) creou o P.R. Progresista, que chegou a ter influencia en algúns militares e foi protagonista dun fracasado alzamento.
Salmerón rompeu co partido de Zorrilla e creou o P.R. Centralista.
Pi y Margall era líder do Partido Republicano Federal, que seguiu fiel ás súas ideas iniciais e contaba co apoio dalgunhas clases populares.
Nas eleccións de 1886 a Restauración tivo unha minoría nas Cortes, a causa de que o sufraxio universal masculino revitalizou o republicanismo e estimulou a creación de alianzas electorais (Unión Republicana) que agrupaban a todos os partidos republicanos, agás os posibilistas. O republicanismo perdeu parte das súas antigas bases sociais e tivo que loitar contra o PSOE.
Rexionalismo
O goberno dun Estado só debe atender ao modo de ser e as aspiracións de cada rexión.
Nacionalismo
Ideoloxía na que se afirma a súa natureza a unha nación e se quere constituír unha entidade autónoma ou un Estado independente.