Economía de mercado e intervención pública: ciclos, políticas e inflación

Economía3,09 KB

Economía de mercado e intervención pública

Recursos e compoñentes económicos

Asignación de recursos: traballo doméstico, traballo voluntariado, operacións de trocas, economía sumerxida.

Compoñentes económicos: bens de consumo, bens de produción, capital humano, recursos naturais.

Fallos do mercado

Ciclos económicos

Critícase ao mercado porque non alcanza un crecemento económico estable. As crises periódicas que afectan á economía de mercado provocan inestabilidade e falta de seguridade no futuro, con consecuencias para os traballadores e as empresas.

Externalidades

Moitas actividades económicas orixinan efectos externos sobre a sociedade e o medio ambiente que o mercado non controla.

Bens públicos

O mercado é axeitado para responder á demanda de bens privados, pero non é quen de proporcionar a cantidade de bens públicos que a sociedade necesita.

Falta de competencia

As situacións de monopolios ou de acordos entre empresas para fixar prezos ou cantidades de produción son prexudiciais: benefician estas empresas e prexudican a sociedade.

Equidade

O mercado xera unha distribución da renda moi desigual, quedando desatendidos os máis necesitados.

Política económica

Política fiscal

O Estado pode aumentar a actividade económica dun país incrementando o gasto público ou diminuíndo os impostos. Tamén pode utilizar o orzamento para frear a actividade económica.

Política monetaria

O Banco Central pode regular a actividade económica a través da fixación dos tipos de interese ou do control da cantidade de diñeiro en circulación.

Política exterior e comercial

Desde o Estado tamén se pode influír nas relacións co exterior con medidas de política comercial, como as restricións ás importacións ou o fomento das exportacións, ou ben fixando os tipos de cambio.

Rendas

O Estado pode tomar medidas para frear a suba de prezos, regular os salarios dos funcionarios ou recomendarlles ás empresas que revisen os salarios dos traballadores.

Para que se gasta?

  • Protección social: é o gasto máis cuantioso e orixínase polo pagamento de pensións, subsidios por desemprego, etc.
  • Gasto sanitario
  • Servizos xerais
  • Gasto educativo
  • Asuntos económicos e de investimento: inclúense as políticas para dinamizar os sectores produtivos da economía española, como a investigación e as infraestruturas.
  • Orde pública e seguridade cidadá
  • Gastos culturais e recreativos
  • Defensa
  • Vivenda e servizos comunitarios
  • Programas de protección do medio ambiente

Efectos da inflación

  • Aforradores e prestamistas
  • Os colectivos máis débiles ou con menor poder de negociación
  • Prestatarios
  • Posuidores de bens patrimoniais

Descargar

PDF Word HTML