A obra de Manuel Antonio e a poesía galega

Lingua e literatura2,92 KB

Manuel Antonio

Obra

Con anacos do meu interior, Foulas, Sempre e máis despois

Neles combínanse os elementos tradicionais (métrica, rima...) con outros máis innovadores. Sempre e máis despois podédese incluír dentro da liña paisaxística tradicional.

De catro a catro

As súas características son sen apenas referencias explícitas a Galicia, de difícil lectura e escura interpretación, con certa tendencia á abstracción, afastada das estruturas rítmicas tradicionais, posuidora dun sorprendente sistema de imaxes poéticas, construída sobre un modelo culto de lingua supradialectal, cun léxico inzado de termos específicos de navegación. Consta de 19 poemas e está concibida como diario dunha travesía desde o momento en que o barco se fai ao mar ata que retorna ao punto de partida; polo medio atopanse dous poemas nos que o navío arriba a un porto intermedio.

Viladomar

Recupera a forma e o ton tradicional das primeiras obras.

Mais aló

Manifeto estético e ideolóxico no que predomina a crítica ao establecido dentro do mundo cultural galego.

Prólogo a un libro de poemas que ninguén escribiu

Expón as súas intencións, influencias e ideas sobre o que debe ser a arte literaria sen abandonar o ton crítico e irónico característico da súa visión acerca da realidade.

Manuel Antonio na literatura galega

As novas xeracións verán en Manuel Antonio o modelo a seguir, tanto polo seu radicalismo estético e ideolóxico, como polo seu afán de superación e constante busca e experimentación coa lingua literaria. Influíu na obra de poetas contemporáneos no espírito indócil e pouco acomodaticio das súas propostas.

Fermín Bouza-Brey

É o principal fundador da escola neotrobadoresca. Con Seitura afástase dos modelos neotrobadoristas. Achegase na posguerra ao formalismo clasicista.

Luis Amado Carballo

Conxúganse trazos renovadores (imaxes de liña vangardista e metáforas persoais) e trazos conservadores (formas rítmicas tradicionais sinxelas e retórica popularizante). O resultado é unha poesía na que a sensualidade acada unha forza inusitada, onde a natureza aparece animada, na que se ofrece unha orixinal visión dun mundo próximo á inocencia primixenxia.

Luis Pimentel

Deixou en galego dous poemarios: Triscos e Sombra do aire na herba. Características do seu estilo: imaxes poéticas tomadas do mundo dos soños, metáforas visionarias, quebra do discurso lóxico, presenza constante dos espazos interiores e pechados, contraste simbólico entre luces e sombras, predominio do verso libre, expresión sinxela e delicada.

Eduardo Blanco Amor

Romances galegos, liña neopopularista próxima á da Xeración do 27 da literatura castelá. Poema en catro tempos de ton eléxiaco, ambientación mariñeira e arquitectura musical.

Descargar

PDF Word HTML