A prosa e o ensaio galego: séculos XX e XXI
A prosa de fins do século XX e comezos do XXI
O panorama sociolingüístico galego experimentou unha fonda evolución no período democrático. A produción literaria desenvolveuse con forza a partir dos anos 80, especialmente no ámbito da narrativa. Entre os factores determinantes deste desenvolvemento salientan:
- A escolarización en lingua galega.
- A convocatoria de premios e concursos literarios.
- O labor divulgativo dalgunhas páxinas literarias dos principais xornais galegos.
- A calidade e claridade da produción.
- O incremento progresivo da edición dixital nos últimos anos.
Tendencias na narrativa recente
Dentro da produción narrativa dos últimos anos pódense diferenciar distintas tendencias:
- Achegamento a novas formas narrativas: o que se deu en chamar novela de xénero ou subxénero, cuxo grande logro foi diversificar a temática.
- Narrativa enraizada na tradición: temáticas con máis protagonismo, incluíndo a liña artúrico-cunqueiriana, a histórica, a realista e a narrativa humorística.
- Novela destinada ao público infantil e xuvenil.
Autores e obras de referencia
Atendendo á data de nacemento e ao inicio da súa traxectoria literaria:
- Autores que comezan a súa andaina na Nova Narrativa Galega:
- Xosé Luís Méndez Ferrín: na súa obra aparecen cuestións vitais relacionadas co mundo e co ser humano, cun carácter universal que se combina co seu nacionalismo radical (salienta Amor de Artur).
- Carlos Casares: con Xoguetes pra un tempo prohibido, que reflicte a infancia e a adolescencia dos protagonistas na España franquista da posguerra.
- Autores nados na década dos 40 que comezan a publicar nos anos 70 e 80:
- Paco Martín: con obra literaria dirixida ao mundo infantil (como Das cousas de Ramón Lamote).
- Xosé Manuel Martínez Oca: conta cunha importante obra consolidada (A fuxida).
- Alfredo Conde: autor de Breixo.
- Xavier Alcalá: autor de A nosa cinza, retrospectiva da infancia e mocidade da xeración da posguerra.
- Autores nados na década dos 50 que publican a comezos dos 80:
- Víctor F. Freixanes: O triángulo inscrito na circunferencia.
- Suso de Toro: Polaroid.
- Manuel Rivas: Todo ben.
- Outros autores destacados como Manuel Martínez Oca ou Darío Xohán Cabana.
- Autores que publican o mellor da súa produción na década dos 90.
A situación actual é moi positiva en canto á produción narrativa, xa que resulta amplísima.
O ensaio galego nos séculos XX e XXI
Na década dos 70 rexistrouse un auxe relativo do ensaio como medio de redefinición da realidade galega. Xa na década dos 80 confluíron diferentes factores que explican a eclosión anteriormente descoñecida do xénero:
- A aparición de revistas de pensamento que comparten unha óptica moderna e regaleguizadora.
- A creación de coleccións editoriais específicas para o ensaio.
- A galeguización de certas esferas universitarias.
Orientacións do ensaio galego recente
- Ensaio político e económico: Valentín Paz-Andrade, Xosé Manuel Beiras Torrado, Ramón López Suevos e Carlos Mella Villar.
- Ensaio sociolingüístico: Ricardo Carballo Calero, Francisco Rodríguez Sánchez, María Pilar García Negro, Manuel Portas e Henrique Monteagudo.
- Ensaio teolóxico e filosófico: Miguel Anxo Araúxo Iglesias, Xosé Chao Rego e Andrés Torres Queiruga. No eido especificamente filosófico destacan Antón Baamonde e Francisco Sampedro.
- Ensaio antropolóxico: Marcial Gondar Portosany e Xosé Ramón Mariño Ferro.
- Ensaio feminista: M.ª Carmen García Negro, Carmen Blanco e Aurora Marco.
- Ensaio literario: Francisco Fernández del Riego, Xosé Filgueira Valverde, Xosé Luís Méndez Ferrín, Ricardo Carballo Calero e Claudio Rodríguez Fer.