Funcionamento global da economía: demanda, investimento e sector público

Economía3,72 KB

Funcionamento global da economía

O conxunto de obxectivos macroeconómicos pódese resumir en un: conseguir un crecemento na economía que permita satisfacer as necesidades, garantindo o pleno emprego dos recursos e mantendo os prezos estables.

O que adoita suceder é que a economía flutúa de un ano a outro. Existen épocas en que o PIB aumenta e permite un mellor nivel de vida, pero hai épocas de crise nas que as empresas contratan menos traballadores.

A visión de conxunto

Na realidade económica do país inflúen factores como:

  • As forzas internas do mercado: variacións da poboación, etc.
  • As perturbacións externas: conflitos entre países, desastres naturais, etc.
  • A actuación dos gobernos: para controlar a economía a través da política fiscal, etc.

Se non houbese intervencións do Estado, os resultados dependerían das forzas de mercado.

As forzas internas do mercado

Exprésanse no xogo da oferta e a demanda. O nivel de produción dun país depende da cantidade de produtos que as empresas venden e os consumidores mercan. A oferta é difícil de modificar a curto prazo, pero a demanda depende das expectativas e dos excedentes económicos.

A demanda agregada e o PIB

Demanda agregada: cantidade total de bens e servizos que están dispostos a adquirir os axentes económicos a distintos niveis de prezos nun período de tempo. É a previsión global do gasto da economía, é dicir, a suma de consumo privado (C) + investimento (I) + gasto público (G) + (exportacións (X) − importacións (M)).

Se excluímos as relacións co exterior, obtemos a demanda interna (DI = C + I + G).

O investimento

Investimento financeiro: cando se invierte para que dea rendibilidade.

Os investimentos económicos supoñen a adquisición de bens de produción co fin de producir outros bens.

Os gastos de investimento son a clave do crecemento do futuro. Os do pasado que seguen a funcionar, hoxe en día constitúen o capital produtivo do país. Na contabilidade nacional, o investimento está formado por investimentos en planta e equipos e na construción de vivendas para familias. A suma de ambos constitúe a Formación Bruta de Capital Fixo, que é o 2% do PIB de España.

Tipos de investimentos económicos

  • Investimentos de substitución: cando se fai para substituír maquinaria por outra.
  • Investimentos de renovación: substituír maquinaria que funciona por outra mellor.
  • Investimentos de ampliación: cando se adquiren novos equipos para aumentar a produción.

De que depende a demanda de investimento? Dos tipos de xuro, da capacidade realmente obtida e da confianza no futuro.

Os compoñentes do sector público

  • Administracións públicas: Administración Central (Estado e organismos autónomos), Administracións territoriais (comunidades autónomas, concellos) e Seguridade Social, que se financian con impostos e onde o Estado é o recadador.
  • Empresas públicas: que teñen como misión alcanzar certos obxectivos fundamentais para a economía do país.

Institucións da Unión Europea, que afectan a España por ser Estado membro, tanto en regulacións como en financiamento.

Descargar

PDF Word HTML