Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Xeografía

Turismo e Transportes: Estrutura e Desenvolvemento na UE

Xeografía2,85 KB

A política turística da Unión Europea

Os países da UE desenvolven unha política turística que ten proposto alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Facilitar o turismo como elemento de integración europea.
  • Fomentar novas modalidades, coma o turismo rural ou o turismo ecolóxico.
  • Mellorar a información e a protección do turista.
  • Aumentar a preparación do sector, mellorando a formación profesional.

Os servizos: crecemento, tipos e localización

En España, o sector terciario creceu ata alcanzar unha importancia semellante á dos demais países desenvolvidos. As causas foron:

  • O aumento do nivel de vida da poboación.
  • A xeneralización do estado do benestar.
  • O incremento da demanda de servizos por outras actividades económicas.
  • A implantación do estado
...
Seguir lendo "Turismo e Transportes: Estrutura e Desenvolvemento na UE" »

Terminoloxía Xeográfica: Demografía, Medio Ambiente e Paisaxe

Xeografía3,3 KB

Demografía e Poboación

  • Censo de poboación. Instrumento de rexistro da poboación que se executa en España cada dez anos para coñecer as características demográficas, sociais, culturais e económicas do conxunto da poboación.
  • Esperanza de vida. Media da cantidade de anos que vive unha poboación nun momento histórico determinado.
  • Padrón Municipal. Instrumento de rexistro da poboación dun municipio que inclúe datos semellantes aos do censo. É competencia dos concellos e o empadroamento resulta imprescindíbel para o acceso aos servizos públicos como a sanidade ou a educación.
  • Poboación activa. Poboación en idade laboral que traballa ou busca emprego.
  • Réxime demográfico. Situación demográfica na que as tendencias de natalidade,
...
Seguir lendo "Terminoloxía Xeográfica: Demografía, Medio Ambiente e Paisaxe" »

Vocabulario Xeográfico e Meteorolóxico Galego

Xeografía2,78 KB

Glosario de Termos Xeográficos e Meteorolóxicos

Estiaxe

É o período durante o cal unha corrente de auga acada o seu caudal máis baixo.

Esteiro

Zona da costa onde desemboca un río e que queda cuberta pola preamar.

Fronte

Superficie que separa dúas masas de aire de características diferentes.

Gota Fría

Depresión ou borrasca pechada localizada na alta atmosfera, consistente nun embolsamento de aire frío, rodeado por outro máis cálido.

Humidade Atmosférica

É a cantidade de vapor de auga que contén o aire.

Insolación

É a cantidade de radiación solar que recibe a superficie terrestre.

Inversión Térmica

Aumento da temperatura do aire ao aumentar a altura, cando debería diminuír segundo o gradiente térmico normal.

Infiltración

Movemento lento...

Seguir lendo "Vocabulario Xeográfico e Meteorolóxico Galego" »

A Segunda Revolución Industrial e os Fallos do Mercado

Xeografía2,33 KB

A 2ª Revolución Industrial

Baseouse na aparición de novas máquinas e fontes de enerxía. O traballo desenvolveuse en grandes fábricas e a produción resultante consistía en produtos homoxéneos e baratos. Os sectores industriais principais foron o siderúrxico, o petroquímico e o sector de bens de equipo e de consumo. A localización pasou a depender de factores como a proximidade a novas fontes de enerxía, a rapidez e baixo custo do transporte e a proximidade aos centros de consumo.

Fallos da economía de mercado

Desde o punto de vista económico, a competencia é moitas veces imperfecta. Isto sucede cando unha soa empresa, ou unhas poucas, controlan a oferta, a calidade e o prezo do produto, o que dá lugar a situacións de monopolio...

Seguir lendo "A Segunda Revolución Industrial e os Fallos do Mercado" »

Xeografía de España: Conceptos Clave, Urbanismo e Ambiente

Xeografía38,28 KB

Bloque 2: Conceptos Clave de Xeografía Física

13. PAISAXE
Aspecto do espazo xeográfico segundo as súas formas naturais e antrópicas. Está composta por elementos abióticos (non vivos), bióticos (resultado da actividade dos seres vivos) e antrópicos (resultado da actividade humana).
28. AMOC
Acrónimo de Atlantic Meridional Overturning Circulation, corrente oceánica que transporta calor e suaviza o clima en Europa occidental. A fusión do xeo ártico en Groenlandia achega auga doce ao Atlántico, ralentizando a corrente do Golfo e poñendo en risco a súa continuidade.
29. VEXETACIÓN CLÍMAX
Vexetación que se establece de forma natural nun ecosistema sen intervención humana, mantendo un equilibrio. Está en retroceso pola silvicultura
...
Seguir lendo "Xeografía de España: Conceptos Clave, Urbanismo e Ambiente" »

Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion,

Xeografía2,42 KB

a)A 1 é un gráfico lineal con dous eixos, no horizontal aparecen os intervalos cronolóxicos do 1861‐2015, representando a taxa de natalidade e a de mortalidade, e no vertical as taxas en tantos por mil, a fonte é o INE. A 2 é un mapa de coropletas que presenta unha división administrativa en provincias, presenta unha lenda e unha escala gráfica, a fonte é España a través de los mapas.b)Badaxoz, Biscaia, Cantabria, Lleida, Pontevedra.c)-Réxime demográfico antigo ata 1893, caracterizado por moi altas taxas de natalidade e mortalidade, co resultado de escaso crecemento da poboación. Neste réxime demográfico, propio de sociedades rurais, existía unha alta mortalidade infantil. Na gráfica sobresae o pico de mortalidade de 1885...

Seguir lendo "Os trazos da poboacion : os dous tipos de movementos de poboacion," »

''o coñecemento teorico''

Xeografía2,44 KB

A incorporación de novos países á UE afectou á industria española porque estes países están máis próximos ao grande eixe industrial europeo que constitúen os países nórdicos, Alemaña e o norte de Italia; a estrutura produtiva é semellante á española, a man de obra máis barata e a súa produtividade e cualificación en alta tecnoloxía, maior; e o investimento de capital estranxeiro permitiulles a implantación de empresas de alta tecnoloxía, aumentando o seu potencial industrial dentro da UE. Un dos sectores da industria española máis afectados é o dos automóbiles, no que España mantivo un bo ritmo de exportacións; o sector está dominado por empresas de capital estranxeiro que poden deslocalizar as industrias na procura...

Seguir lendo "''o coñecemento teorico''" »

Desenvolvemento da Gandería e a Agricultura en España: Impacto da PAC

Xeografía2,79 KB

Modernización da Agricultura e Novas Técnicas

  • Maior investimento de capital para incorporar maquinaria e produtos químicos.
  • Incorporación de novas técnicas de cultivo, como o enarenado ou cultivo baixo plástico.

Estrutura Gandeira e Intensificación

A gandería coñeceu un notable desenvolvemento, o cal veu acompañado por un cambio nas funcións asignadas á actividade. Produciuse unha intensificación da actividade, crecendo a estabulación do gando en granxas onde é alimentado a partir de pensos.

A gandería destínase hoxe principalmente á alimentación da poboación, o que vai unido ao forte aumento do consumo de carne, leite e ovos.

Tipos de Gando e a Súa Produción

  • Gando Bovino ou Vacún: Destínase nun 80% á produción de carne e
...
Seguir lendo "Desenvolvemento da Gandería e a Agricultura en España: Impacto da PAC" »

Glosario de Termos de Xeografía, Economía e Demografía

Xeografía5,54 KB

Acuicultura

Conxunto de actividades referidas á cría e ao coidado de animais e plantas acuáticas (peixes, moluscos, crustáceos, algas) cun fin produtivo e de recolección controlada. Representa unha alternativa ás actividades de pesca tradicionais.

Agricultura ecolóxica

Sistema agrícola no que se tenta acadar unha produción sustentable sen o emprego de substancias químicas de síntese (abonos, insecticidas, funxicidas...) nin organismos modificados xeneticamente, para conseguir produtos sans sen danar o medio ambiente.

Área metropolitana

Espazo urbano formado por un núcleo principal e os municipios limítrofes, cos que se crean estreitas interrelacións económicas e sociais.

Área suburbana ou periurbana

Espazo con predominio de características...

Seguir lendo "Glosario de Termos de Xeografía, Economía e Demografía" »

Evolución da Gandería en España: De Tradicional a Intensiva

Xeografía2,4 KB

Estrutura e Evolución da Gandería en España

Nos últimos anos, a gandería experimentou un notable desenvolvemento en España, e hoxe en día representa o 40% da produción final agraria, fronte ao 60% da agricultura. Esta crecente importancia veu acompañada por:

Factores Clave da Transformación Gandeira

  • Un cambio das funcións asignadas á actividade gandeira, que de ser só un complemento da agricultura, aumentou a súa importancia económica ante o crecente consumo dos seus produtos.
  • A modernización das explotacións, incorporando todo tipo de melloras técnicas no seu funcionamento.
  • Unha diferente evolución das especies en función da súa rendibilidade e das limitacións ao seu aumento impostas polas políticas agrarias.
  • Importantes modificacións
...
Seguir lendo "Evolución da Gandería en España: De Tradicional a Intensiva" »