A Segunda Revolución Industrial e os Fallos do Mercado
A 2ª Revolución Industrial
Baseouse na aparición de novas máquinas e fontes de enerxía. O traballo desenvolveuse en grandes fábricas e a produción resultante consistía en produtos homoxéneos e baratos. Os sectores industriais principais foron o siderúrxico, o petroquímico e o sector de bens de equipo e de consumo. A localización pasou a depender de factores como a proximidade a novas fontes de enerxía, a rapidez e baixo custo do transporte e a proximidade aos centros de consumo.
Fallos da economía de mercado
Desde o punto de vista económico, a competencia é moitas veces imperfecta. Isto sucede cando unha soa empresa, ou unhas poucas, controlan a oferta, a calidade e o prezo do produto, o que dá lugar a situacións de monopolio ou oligopolio, respectivamente. Con iso, deixan de rexer as leis da oferta e da demanda, en prexuízo dos consumidores.
Desde o punto de vista social, o sistema non inviste en necesidades sociais que non reportan beneficios, o que prexudica os máis desfavorecidos.
Os fallos do sistema xustifican a intervención do Estado na economía na maioría dos países do mundo. Esta intervención realízase a través de múltiples mecanismos: leis e axudas sociais, subvención de produtos, etc.
Os factores tecnolóxicos na agricultura
O grao de evolución técnica dunha sociedade inflúe en moitos aspectos da actividade agraria. Poden ser:
- Útiles agrícolas: usados polos agricultores, poden ser tradicionais ou modernos.
- Especies vexetais e animais: poden ser tradicionais ou seleccionadas e alteradas xeneticamente para producir máis.
Modificación das condicións naturais
Para compensar as condicións naturais adversas, os agricultores desenvolven prácticas variadas:
- Prácticas tradicionais: construción de terrazas ou reenchidos horizontais que se adaptan ao relevo, refuxio dos animais en estabulación, uso de produtos para aumentar a fertilidade do solo, regadío que proporciona auga suplementaria ás plantas e o barbeito (repouso anual da terra).
- Prácticas modernas: cultivos hidropónicos e uso de produtos fitosanitarios.