Turismo e Transportes: Estrutura e Desenvolvemento na UE
A política turística da Unión Europea
Os países da UE desenvolven unha política turística que ten proposto alcanzar os seguintes obxectivos:
- Facilitar o turismo como elemento de integración europea.
- Fomentar novas modalidades, coma o turismo rural ou o turismo ecolóxico.
- Mellorar a información e a protección do turista.
- Aumentar a preparación do sector, mellorando a formación profesional.
Os servizos: crecemento, tipos e localización
En España, o sector terciario creceu ata alcanzar unha importancia semellante á dos demais países desenvolvidos. As causas foron:
- O aumento do nivel de vida da poboación.
- A xeneralización do estado do benestar.
- O incremento da demanda de servizos por outras actividades económicas.
- A implantación do estado das autonomías e o ingreso na Unión Europea.
Os tipos de servizos predominantes son: os comerciais, os servizos ás empresas, a administración pública, os transportes e a comunicación.
A localización dos servizos é variada: destinados ás empresas, concéntranse nas áreas máis desenvolvidas economicamente, como Madrid e Barcelona. Os servizos sociais e os servizos ao consumidor están mellor repartidos.
O transporte
O sistema de transporte e as súas características
- O medio físico é desfavorable: debido á existencia dun relevo accidentado, con fortes pendentes, e á frecuencia de certos elementos climáticos adversos, como xeadas ou néboas (túneles ou viadutos).
- Predomina a estrada: tanto no transporte de pasaxeiros coma no de mercadorías.
- As redes de transporte seguen un modelo radial: cuxo centro é Madrid. Desde esta cidade, están trazadas cara á periferia as estradas, os ferrocarrís e as liñas aéreas.
- Existen fortes desequilibrios territoriais: así, a densidade e calidade da rede é maior nas rexións máis desenvolvidas economicamente.
- As comunicacións terrestres con Europa son débiles: de aí que sexa imprescindible construír infraestruturas para incrementar a accesibilidade e a competitividade económica.
- O sistema de transportes afecta ao medio natural: mediante a alteración da paisaxe, o ruído e a contaminación.
Os medios de transporte
- A estrada: é o medio de transporte máis utilizado para o traslado de pasaxeiros e mercadorías no interior do país.
- O ferrocarril: utilízase para o transporte de mercadorías e de pasaxeiros (RENFE). É rendible nos trens de proximidade e nas liñas de alta velocidade (AVE).