A Política Económica do Franquismo: Autarquía e Desenvolvemento (1939-1975)

Xeografía4,18 KB

Política Económica do Franquismo (1939-1975)

Tras o fin da Guerra Civil (GC) e a implantación do réxime franquista, a economía española sufriu unha terrible crise ata mediados dos anos 50, o que supuxo un grave retroceso nos niveis de benestar da poboación.

Dous Períodos da Política Económica Franquista

  • O período autárquico (1939-1959).
  • A etapa de desenvolvemento económico (a partir de 1959).

1. O Período Autárquico (1939-1959)

Un dos obxectivos principais do franquismo era conseguir a autosuficiencia económica. Nesta primeira etapa fomentouse unha política caracterizada polo **illamento exterior** e a **intervención do Estado**.

Características e Consecuencias da Autarquía

Impulsouse a produción interior e dificultouse a importación con aranceis. O resultado foi o incremento do desabastecemento de produtos básicos, o que provocou o descenso da produción e unha grande escaseza de bens de consumo.

  • Fomentouse a industria para asegurar a independencia militar e política do Estado.
  • A agricultura descendeu a produción por falta de maquinaria; o franquismo continuou coa contrarreforma agraria.

A política autárquica foi un rotundo fracaso que levou a un profundo estancamento económico, caracterizado polo descenso da produción e do consumo e a diminución do nivel de vida. O desabastecemento obrigou ao racionamento de produtos de primeira necesidade, o que provocou a proliferación do **mercado negro**, onde se vendían produtos a un prezo superior ao oficial.

2. A Crise e a Reorientación (1957-1959)

En 1957, a economía española estaba ao bordo do colapso, manifestado por:

  • Inflación incontrolada.
  • Déficit co exterior.
  • Escaseza de materias primas industriais e fontes de enerxía.

Na remodelación do Goberno de 1957 entraron como ministros homes do Opus Dei (tecnócratas), cos que se iniciaría a reorientación da política económica. A axuda dos **EE.UU.** (con acordos económicos) e dos organismos internacionais supuxo a aceptación de medidas correctoras para acabar coa autarquía e a política dirixista.

O Plan de Estabilización de 1959

A nova orientación económica plasmouse no **Plan de Estabilización de 1959**: reformas realizadas polos tecnócratas e apoiadas polo FMI (Fondo Monetario Internacional), co obxectivo de establecer un modelo económico baseado na liberalización interior e exterior da economía.

3. A Etapa de Desenvolvemento Económico

Tras as medidas do Plan de Estabilización, iniciáronse os **Plans de Desenvolvemento Económico e Social**, cuxo obxectivo era impulsar a actividade do sector público e ofrecer previsións e axudas aos investidores privados. Para incrementar os recursos do Estado, iniciouse unha insuficiente reforma fiscal, que se concentrou na limitación do déficit e no control do gasto público.

Motores da Expansión Económica

  • O principal motor foi a **industria**, que experimentou un enorme crecemento grazas á importación de maquinaria e ao investimento estranxeiro.
  • Gran incremento do **sector servizos** como resultado do proceso de urbanización, o aumento do comercio e o desenvolvemento do turismo.
  • A construción de edificios e infraestruturas foi incentivada polo ritmo de crecemento urbano e as novas áreas urbanizadas na costa para atraer turismo.

Desequilibrios e Consecuencias

A pesar dos cambios, os desequilibrios sociais non foron reducidos e o sector agrícola foi marxinada. Houbo unha gran expansión da pequena e mediana industria, mais a maioría eran grandes empresas estranxeiras. A balanza comercial era negativa pola dependencia económica e financeira do exterior.

A economía foi incapaz de absorber o excedente de man de obra, o que causou un forte incremento da **emigración**. O crecemento económico beneficiouse da conxuntura económica europea e do investimento estranxeiro e dos emigrados, máis que das decisións do propio goberno. Como consecuencia da expansión económica, apareceron fortes escándalos e unha forte degradación medioambiental.

Descargar

PDF Word HTML