: É aquel sector da poboación que se atopa en idade apta para traballar (16 a 65 anos). Se está empregada denomínase poboación activa ocupada; se está en paro, poboación activa desocupada ou desempregada.
Réxime Demográfico
: Cada etapa pola que pasa a evolución dunha poboación na que a natalidade, a mortalidade e o crecemento natural presentan características homoxéneas. As tres etapas principais son R.D. Antigo, R.D. de Transición e R.D. Moderno.
Esperanza de Vida
: Cálculo do número de anos que un individuo pode esperar vivir ben no momento de nacer ou cando acada unha determinada idade, sempre que os niveis de mortalidade permanezan constantes. Obténse a partir das táboas de mortalidade. A esperanza de vida é maior nas mulleres que nos homes, situándose en 2018 en 85,89 anos para as mulleres e 80,52 para os homes (en España, INE).
Crecemento Vexetativo
: Tamén chamado natural, é a diferenza entre o número de nados e o de falecidos nun espazo delimitado nun tempo concreto. Pode ser positivo (máis nados) ou negativo (máis falecidos).
Padrón Municipal de Hab.
: Rexistro que leva a cabo cada concello sobre a poboación que vive no seu municipio. Contén tamén información sobre as características da poboación, aínda que algo menos detallada ca do censo. A súa principal vantaxe é a de tratarse dun rexistro vivo, dinámico, xa que cando unha persoa se traslada a vivir a outro municipio ten a obriga legal de empadroarse nel. De aí que sexa denominado padrón continuo de poboación. Isto quere dicir que en calquera momento se pode coñecer a cantidade de poboación dun municipio, así como as súas principais características, polo que é un dato de vital importancia para os concellos, xa que reciben máis ou menos financiamento en función da poboación que teñan.
Censo de Poboación
: É un documento no que se reconta a poboación dun país nun momento determinado. Aporntanos información sobre o volume de poboación dun lugar, a súa composición por sexo e por idades, estado civil, tamaño da familia, nivel de estudos, renda, etc.
Taxa de Fecundidade
: Xeral pon en relación o número de nacidos vivos nun ano determinado co número de mulleres en idade de procrear, isto é, entre os 15 e os 49 anos.
Densidade de Poboación (D.P.)
: Representa a densidade de poboación dun lugar nun ano. Definimos densidade como o nº h/km². É un índice que nos axuda a ver a distribución da poboación e o reparto desta nun territorio. Segundo o mapa podemos apreciar zonas segundo a den...