Dicionario Gastronómico Galego

Bioloxía3,58 KB

A

  • Acedo -a adx. 1. De sabor semellante ao do limón ou ao do vinagre.
  • Ameixa1 s.f. Froito comestible da ameixeira.
  • Amorzar v.intr. Tomar o almorzo.

B

  • Balorento -a adx. Que ten ou está cuberto de balor.
  • Botelo s.m. Embutido feito co estómago ou co intestino groso do porco, enchido de costela de porco picada e adubada con allo, pemento e sal, e despois curado.

C

  • Castañeta s.f. 1. Peixe de mar de corpo máis ben plano e perfil da cabeza arredondado.
  • Cru adx. m. (f. crúa) 1. Que está en estado natural.

E

  • Eslamiado -a adx. 1. Que non está salgado abondo ou que non ten sabor ou ten moi pouco.
  • Espaguetes s.m. pl. Variedade de pasta máis grosa e longa có fideo.

I

  • Iogures s.m.pl. Alimento orixinario de Bulgaria, que consiste nunha variedade de leite callado sometido á acción dun fermento especial.

L

  • Larpeiro -a adx. 1. Que é amigo das larpeiradas.
  • Lura s.f. Molusco de corpo alongado da clase dos cefalópodos.

M

  • Manteiga s.f. 1. Substancia graxa comestible que se obtén batendo a tona do leite ata que queda consistente.
  • Milfollas1 s.f. Planta herbácea perenne, con talo duns 50 cm, follas longas e flores de cor branca ou rosada que, cocidas, se utilizan para curar feridas.
  • Mol1 adx. 1. Que cede facilmente ao exercer presión.
  • Morno -a adx. Nin frío nin quente.

O

  • Ollomol s.m. (pl. ollomoles) Peixe mariño que ten os ollos grandes e brandos, de cor tirando a rosa e cunha mancha escura onda as aletas laterais, moi apreciado pola súa carne branca e saborosa.
  • Ovo s.m. 1. Corpo formado por unha soa célula, producido polas femias dos animais ovíparos, que contén o xerme do embrión e as substancias para alimentalo.

P

  • Peixe s.m. 1. Calquera animal vertebrado ovíparo, que nace e vive na auga e respira por branquias, de corpo xeralmente cuberto de escamas e con aletas para nadar.
  • Pescada s.f. Peixe mariño de cor gris clara, de ata un metro de lonxitude, con dúas aletas moi longas, unha no lombo e outra na parte inferior, moi apreciado pola súa carne.

R

  • Relar v.t. Dividir en anacos moi pequenos [unha cousa], mesmo ata facela po.

Q

  • Queixo s.m. Masa que se obtén tirándolle o soro ao leite callado.

X

  • Xarda s.f. Peixe mariño co corpo en forma de fuso, de cor verde ou azul irisado con listas verticais negras no lombo e prateada ou branca no ventre.
  • Xiba1 s.f. Molusco da clase dos cefalópodos, de corpo ovado e groso e cunha cuncha calcaria no interior.

Descargar

PDF Word HTML