Vocabulario Galego: Lecer, Natureza, Tempo e Outros Termos

Física3,88 KB

Lecer: tempo do que se dispón para descansar. Morada: lugar onde se habita. Ceifar: cortar a herba. Devesa: terreo acoutado e poboado con árbores autóctonas, destinado a pasto ou leña. Souto: terreo poboado de castiñeiros. Alameda: lugar poboado de álamos. Fraga: terreo con todo tipo de árbores nacidos espontaneamente. Póla: prolongación do toro das árbores. Pebida: semente de diversos froitos. Gromo: pequeno vulto que lles sae aos vexetais e que se vai transformando en pólas. Serodio: que tarda en madurar. Temperán: froitos adiantados no tempo, que maduran antes. Carozo: parte interior dos froitos que non teñen carabuña. Carabuña: semente dalgúns froitos. Mestizo: persoa nacida dun pai de diferente raza. Vezo: costume ou hábito malo por atentar contra os convencionalismos. Turrar: facer forza sobre algo para movelo ou arrastralo. Grileira: gaita de ton agudo. Tráfego: ocupación ou traballo fatigoso. Xeira: xornada de traballo. Xuventude: mocidade. Fiestra: ventá. Leda: contenta. Lumieira: cacharela. Sustanciosas: calmosas. Bravas: alporizadas. Amencer: alba. Decote: sempre. Feble: débil. Pulo: impulso. Manía: teima. Burbullaban: gurgullaban. Como: verbo, coma: pron. ton., ca: pron. ton., co que: verbo, que (outros)



Conclusión: resolución á que se chega despois dunha análise. Conxectura: opinión que se ten sobre algo por simples indicios. Indicios: aquilo que indica que hai, houbo ou pode haber unha cousa. Prosperidade: curso favorable dos acontecementos. Pormenor: detalle sen importancia. Proeza: acto de valor. Perspectiva: previsión de futuro. Incidente: feito que se produce no desenvolvemento dun proceso. Frecuente: que se repite a miúdo. Temperán: que chega antes do tempo previsto. Matutino: pertencente ou relativo ás horas da mañá. Recente: que aconteceu ou se fixo hai pouco tempo. Ulterior: que sucede despois. Efémero: que pasa rápido, de curta duración. Sempiterno: que durará sempre. Cruel: crudelísimo. Célebre: celebérrimo. Antigo: antiquísimo. Pobre: paupérrimo. Mísero: miserable. Amable: amabilísimo. Cru: crudelísimo. Agradable: agradabilísimo. Libre: libérrimo. Pulcro: pulquérrimo. Sabio: sapientísimo. Nobre: nobilísimo.

Numerais

  • Ordinais: 11: undécimo, 12: duodécimo, 13: décimo terceiro, 20: vixésimo, 30: trixésimo, 40: cuadraxésimo, 50: quincuaxésimo, 60: sesaxésimo, 70: septuaxésimo, 80: octoxésimo, 90: nonaxésimo, 100: centésimo, 200: ducentésimo, 300: tricentésimo, 1000: milésimo.
  • Partitivos: 10: décimo, 11: onceavo, 20: vinteavo, 30: trintaavo, 99: noventa e noveavo, 100: centésimo.
  • Multiplicativos: 2: dobre, 3: triplo, 4: cuádruplo, 5: quíntuplo, 6: séxtuplo, 7: séptuplo, 8: óctuplo, 9: nonuplo, 10: décuplo, 100: céntuplo.

Descargar

PDF Word HTML