A República Burguesa e a Era de Napoleón

Historia2,47 KB

A República Burguesa

A República Burguesa: Despois do golpe de estado, a burguesía conservadora volveu tomar o control da revolución. Elaborouse unha nova constitución que lle outorgaba o poder executivo a un goberno colexiado que restablecía o sufraxio censatario e lle confiaba o poder lexislativo a dúas cámaras. O novo goberno pretendía volver aos principios da constitución de 1791; para iso, clausurou e perseguiu os xacobinos, derrogou a constitución de 1793 e anulou todas as medidas daquela época. En 1799, un mozo xeneral, Napoleón, co apoio da burguesía, foi protagonista dun golpe de estado que lle puxo fin ao Directorio e inaugurou o Consulado.

Napoleón

Napoleón: En 1799, Napoleón foi nomeado cónsul e a súa política de goberno encamiñouse a consolidar os logros da revolución burguesa. Así, permitiu o regreso dos exiliados que aceptaran a nova orde e asinou un concordato coa Igrexa para establecer a paz relixiosa. Promulgouse un código civil que racionalizaba e unificaba todas as leis anteriores e reformouse a facenda e o sistema de ensino. En 1804, Napoleón fixo coroar emperador; os seus enormes triunfos militares e a súa capacidade para gobernar con man de ferro asentárono sen discusión no poder.

Conquistas de Napoleón

Conquistas de Napoleón: As tropas de Napoleón conseguiron conquistar unha gran parte de Europa e, en 1811, o Imperio Napoleónico atopábase no seu apoxeo. Estendíase de Alemaña a España e, agás Gran Bretaña, boa parte do resto de Europa situábase baixo o control de Francia. En todos os países anexionados ou baixo influencia francesa, impuxéronse as ideas revolucionarias; tamén se proclamou a liberdade económica, o dereito á propiedade e a liberdade relixiosa.

Caída de Napoleón

Caída de Napoleón: Os exércitos napoleónicos actuaron como conquistadores e someteron as nacións que foran ocupadas, favorecendo os intereses materiais de Francia por enriba dos ideais revolucionarios. O levantamento levado a cabo polos españois en 1808 contra Xosé Bonaparte foi o primeiro e o que marcou o declive de Napoleón. En 1814, Napoleón abandonou o poder; malia un efémero retorno en 1815, foi derrotado en Waterloo e desterrado, morrendo en 1821. Toda Europa volveu ao antigo réxime.

Descargar

PDF Word HTML