A Narrativa Galega na década de 1950: Cunqueiro, Blanco Amor e Fole

Outras linguas estranxeiras2,56 KB

A Narrativa Galega na década de 1950

Autores clave do Rexurdimento

En 1951 publícase a primeira novela da posguerra: A xente da Barreira, de Ricardo Carballo Calero. Tamén na década de 1950, grazas a Galaxia, comezan a publicar tres autores importantes para o rexurdimento da narrativa galega: Álvaro Cunqueiro, Eduardo Blanco Amor e Anxel Fole.

Álvaro Cunqueiro (1911-1981)

Naceu en Mondoñedo e morreu en Vigo. A súa obra literaria é unha das máis orixinais da cultura galega e abrangue poesía, narrativa e teatro. No ámbito narrativo, destaca pola súa capacidade para inventar un mundo propio onde mestura o cotián co marabilloso, o real co mítico. Cunqueiro cultivou tanto a novela coma o relato breve:

  • Merlín e a familia (1955): actualiza as figuras lendarias de Bretaña, convertendoas en personaxes da Galicia que viven en soños.
  • As crónicas do sochantre (1956): o protagonista participa nunha aventura extraordinaria en compañía de uns mortos.
  • Se o vello Sinbad volvese ás illas (1961): novela inspirada nos relatos de As mil e unha noites.

Estas tres obras son recreacións de personaxes e mitos literarios que el adapta de modo orixinal, e tamén empregan a mesma estrutura: hai un narrador principal que presenta a máis personaxes, os cales son narradores de outras historias secundarias. Tamén publicou tres libros de relatos breves: A escola de menciñeiros (1960), Xente de aquí e acolá (1971) e Outros feirantes (1979). Nestes obras, os personaxes están vinculados coa tradición popular oral da cultura galega.

Eduardo Blanco Amor (1897-1979)

Poeta vinculado coa vangarda e dramaturgo, pero destacou como un dos mellores narradores da literatura galega contemporánea. A súa prosa está nunha corrente de realismo crítico e social. As súas obras narrativas ambéntanse sempre en Ourense.

  • A esmorga (1959): obra clásica da literatura galega, mostra a vida marxinal de tres personaxes violentos e solitarios que non se integran no mundo do traballo e da lei, polo que o seu destino é a morte.
  • Os biosbardos (1962): libro de 8 contos no que se recollen anécdotas relacionadas co mundo da nenez e da adolescencia.
  • Xente ao lonxe (1972): a súa segunda obra en galego, reflicte a vida do proletariado na cidade da Coruña a comezos do século XX, tratando temas tabú na literatura de posguerra: sexo, aborto, prostitución.

Anxel Fole (1903-1986)

Descargar

PDF Word HTML