As grandes viaxes marítimas e a descuberta de novos continentes
As grandes viaxes marítimas
Os obxectivos das grandes viaxes
Na Idade Media o comercio europeo con Oriente realizábase a través da ruta da seda que percorría o Mediterráneo, chegaba a Constantinopla e desde alí atravesaba Asia central. En 1459 os turcos conquistaron Constantinopla e impidiron o comercio con Oriente mediante as vías tradicionais. Fíxose necesario atopar novas vías marítimas para aceder a Oriente. A partir do século XV desenvolvéronse unha serie de espedicións marítimas que abriron novas rutas comerciais, alcanzaron novos continentes e ampliaron o mundo ata daquela coñecido.
As espedicións portuguesas
Os navegantes portugueses foron os primeiros en aventurárense cara ao Sur polo Atlántico, abrindo novas rutas:
- A ruta africana: acadaronse as illas Madeira, as Azores, bordearon a costa africana cara ao Sur e chegaron ao golfo de Guinea onde estableceron colonias comerciais para obteren ouro, marfil e escravos. Tamen se acadou o cabo de Boa Esperanza ou das Tormentas.
- A ruta da India: esta expedición foi dirixida por Vasco da Gama que alcanzou a costa da India abrindo o camiño posterior cara ás illas Molucas ou das Especias.
Durante gran parte do século XVI os portugueses tiveron o monopolio do comercio da seda e das especias con Europa.
Castela atopa un novo continente
O proxecto de Colón
Cristoval Colón pensaba que podía chegar a Asia navegando cara ao Oeste a través do Atlántico sen ter que bordear África. Sabía que a Terra era esférica pero imaxinaba que o seu diámetro era máis pequeno do que é en realidade e descoñecía a existencia do continente americano. Colón presentoulles o seu proxecto aos Reis Católicos e Isabel accedeu a financiar a expedición asinando as Capitulacións de Santa Fe. Nelas establecíase que Colón recibiría os títulos de almirante da mar oceánica e vicerrei das terras que descubrise, así como a décima parte de todos os beneficios obtidos.
As catro viaxes colmbianas
- Primeira viaxe: Colón saíu do porto de Palos o 3 de agosto de 1492. Estaba formada por unha nave e dúas carabelas e compoñía 105 mariñeiros. Despois de unha escala nas illas Canarias emprenderon a travesía do Atlántico. O 12 de outubro de 1492 avistaron terra, era a pequena illa de Guanahaní nas Bahamas á que Colón lle chamou San Salvador. Nos seguintes meses exploraron outras illas como Cuba ou Haití e a comezos de 1493 o groso da expedición regresou a España.
- Segunda viaxe: partiu en setembro de 1493. Estaa formada por 15 barcos e 1500 homes que se estableceron na illa chamada por Colón A española. Alí púxose en marcha un sistema económico de factorías comerciais.
- Terceira viaxe: produciuse en 1498, Colón chegou á illa de Trindade e á desembocadura do río Orinoco na costa do continente americano.
- Cuarta viaxe: produciuse en 1502 percorreu as costas de América Central.
Cando Colón morreu en Valladolid en 1506 seguía pensando que as terras ás que chegara pertencían ao continente asiático.
A repartición entre España e Portugal
Os Reis Católicos solicitáronlle ao Papa que lles concedese a soberanía das terras descubertas por Colón para exploralas e evanxelizalas. Asinouse o Tratado de Tordesillas. Este documento establecía unha liña imaxinaria 370 leguas ao Oeste das illas de Cabo Verde que repartía as terras para colonizar: ao Oeste do meridiano serían para Castela e ao Leste para Portugal.