Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Dicionario de Termos Xurídicos Esenciais en Galego

Plástica e educación artística4,06 KB

Termos Xurídicos Esenciais: Guía de Conceptos Legais

Esta guía ofrece unha compilación de termos xurídicos fundamentais e as súas definicións, xunto con sinónimos e familias de palabras relacionadas co ámbito da xustiza e as leis en Galicia.

Conceptos Xurídicos Fundamentais

  • Testamento: Declaración legal dunha persoa sobre o que desexa que se faga co que lle pertence despois da súa morte.
  • Testamentario: Relativo ou pertencente a un testamento.
  • Testar: Deixar en testamento; facer testamento.
  • Herdanza: Todo aquilo que se herda.
  • Herdeiro: Persoa que herda ou que vai herdar.
  • Bens mobles: Os bens que se poden mover.
  • Bens inmobles: Bens que non se poden mover.
  • Bens raíces: Bens que non se poden mover.
  • Bens gananciais: Bens adquiridos durante o matrimonio.
...
Seguir lendo "Dicionario de Termos Xurídicos Esenciais en Galego" »

Reinado de Afonso XII e a Segunda República: Crise e Transformación

Historia2,69 KB

O Reinado de Afonso XII (1902-1931)

Ao principio do seu reinado continuou coa Restauración, pero en 1917 entrou en crise, o que provocou a Ditadura de Primo de Rivera e a caída da monarquía.

O Sistema de Quendas (1902-1917)

Baseado en dous partidos:

  • Partido Conservador (dirixido por Antonio Maura)
  • Partido Liberal (dirixido por José Canalejas)

O principal problema foi a Guerra de Marrocos. O Tratado de Alxeciras permitiu a división de Marrocos: o sur para Francia e o norte para España.

A Crise do Sistema (1917-1923)

Foi unha crise militar, política e social. Entre 1919 e 1923 a situación agravouse, sucedéndose gobernos de concentración que apenas duraban no poder. Aumentou a tensión social con enfrontamentos entre obreiros e patronos nas...

Seguir lendo "Reinado de Afonso XII e a Segunda República: Crise e Transformación" »

Manuel Antonio e a Vangarda Galega: Creacionismo e Obra

Outras linguas estranxeiras2,87 KB

A Vangarda Plena en Galicia

Nesta etapa inclúense os poetas que asumen as propostas dos movementos de vangarda.

Principais Poetas Vangardistas

  • Álvaro Cunqueiro: Co libro Mar ao norde (1932), onde se achega á estética cubista, e con Poemas do si e non (1933), de influencia surrealista.
  • Manuel Luís Acuña: Co libro Fírgoas (1933), no que manifesta a asimilación das técnicas vangardistas, fundamentalmente creacionistas.

Manuel Antonio: O Vangardista Central

O principal poeta da vangarda galega foi Manuel Antonio (Rianxo, 1900-1930). Foi o poeta máis innovador e orixinal da Xeración do 25 e o prototipo do escritor vangardista do seu tempo.

A súa obra, incluída fundamentalmente dentro da estética do creacionismo, con pegadas futuristas e cubistas,...

Seguir lendo "Manuel Antonio e a Vangarda Galega: Creacionismo e Obra" »

Resumo da Historia Contemporánea de España

Historia7,74 KB

Guerra de Independencia

Carlos IV declarou a guerra a Francia en 1793-95. España aliouse con Napoleón no Tratado de Fontainebleau (1807) grazas a Godoy, permitindo o paso das tropas francesas cara a Portugal. En 1808 produciuse o Motín de Aranjuez, que forzou a dimisión de Godoy e o ascenso ao trono de Fernando VII (fillo de Carlos IV). Napoleón impuxo o seu irmán Xosé Bonaparte como rei de España (Xosé I), o que desencadeou unha rebelión popular en Madrid e noutras cidades.

A partir de 1812, a guerra cambiou debido ao movemento de tropas de Napoleón. A axuda das tropas británicas, dirixidas por Wellington, propiciou a sinatura do Tratado de Valençay en 1813, mediante o cal Fernando VII recuperou a Coroa.

As Cortes en Cádiz

En 1810,

...

Seguir lendo "Resumo da Historia Contemporánea de España" »

Poboación, Economía e Sociedade na España Isabelina

Historia2,54 KB

A poboación

Tivo un crecemento moderado debido ao mantemento dunha alta mortalidade, pasando de 10,5 a 18,6 millóns de habitantes. A distribución da poboación caracterizouse polo contraste entre a periferia peninsular, moi poboada, e o centro, escasamente habitado. A maioría da poboación seguiu vivindo no campo, aínda que as cidades industriais creceron debido ao éxodo rural.

A agricultura

Experimentou algunhas transformacións, como as seguintes:

  • Abolición dos señoríos: durante as Cortes de Cádiz.
  • A desamortización: consistiu na venda de bens vinculados a institucións como o clero ou os municipios, que ata a data non podían ser vendidos. O Estado confiscou e vendeu os bens do clero (1836) e obrigou aos concellos a vender as súas
...
Seguir lendo "Poboación, Economía e Sociedade na España Isabelina" »

Conceptos Fundamentais de Bioloxía e Nutrición: Guía Rápida

Bioloxía6,38 KB

Trastornos Alimentarios

Condutas relacionadas coa alimentación que afectan gravemente a saúde física e mental.

Anorexia

Rexeitamento cara á comida cun medo intenso a gañar peso e unha imaxe distorsionada do propio corpo. Leva as persoas a verse gordas aínda que o seu peso estea debaixo do normal. Intentan reducir o seu peso deixando de comer. (A perda excesiva de masa corporal pode levar á morte).

Bulimia

Excesiva preocupación polo peso e pola figura corporal. Lévaas a comer en exceso, incluso sen apetito e ás agachadas. Provocan o vómito para desfacerse das calorías inxeridas.

Vigorexia

Trastorno do comportamento que se caracteriza pola obsesión de conseguir un corpo excesivamente musculoso.

Dieta e Nutrición

Definición de Dieta

Cantidade

...

Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Bioloxía e Nutrición: Guía Rápida" »

O galego nos séculos escuros e o Rexurdimento (século XIX)

Lingua e literatura3,23 KB

Situación do galego nos séculos escuros

Caracteriza a situación da lingua galega durante os séculos escuros fronte ás linguas próximas como o castelán e o portugués? Fronte ao esplendor do galego durante a Idade Media, os séculos escuros supoñen unha etapa de marxinación e de declive do noso idioma nos usos formais e escritos.

Autoodio: que é e cales son as súas causas?

Unha das consecuencias sociolingüísticas da situación da lingua nos séculos escuros é o autoodio: que é? Cales cres que son as súas causas? É un sentimento de inferioridade que tiñan os galegos e que supuxo o inicio do conflito lingüístico. As causas son, entre outras:
  • os ataques e as burlas cara a Galicia e os galegos;
  • a creación dunha imaxe negativa de
...
Seguir lendo "O galego nos séculos escuros e o Rexurdimento (século XIX)" »

Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características

Lingua e literatura5,82 KB

Cantigas de Amigo: Definición e Temática

As Cantigas de Amigo son composicións nas que o poeta pon en boca dunha muller as penas de amor que esta dirixe ao seu amigo ou amante. O argumento fundamental é o amor non correspondido.

Orixes das Cantigas de Amigo

É un xénero autóctono que procede dunha primitiva poesía oral que debeu de existir no noroeste peninsular. Cómpre relacionala coa poesía feminina que se deu en moitos puntos de Europa.

Tipos de Cantigas de Amigo

  • Cantigas de Bailada: Exprésase a ledicia de amar e vivir. Adoita producirse nelas unha invitación ao baile.
  • Cantigas Mariñas: Desenvólvense sempre nunha paisaxe mariñeira. A amiga dialoga coas ondas, vai esperar a chegada de navíos.
  • Cantigas de Romaría: Relaciónanse coas
...
Seguir lendo "Lírica Medieval Galego-Portuguesa: Xéneros e Características" »

Independencias e unificación en Europa (1821–1871)

Historia4,03 KB

Resumo dos principais procesos nacionais e de unificación en Europa durante o século XIX: independencia de Grecia e Bélxica, a unificación italiana e a consolidación do Imperio alemán.

Grecia (1821–1830)

Formaba parte do Imperio otomán desde hai séculos. A maioría da poboación sentíase marxinada, sometida a fortes impostos e dominada por un pobo de distinta relixión e cultura. En 1822 os gregos proclamaron a súa independencia en Epidauro; como esta non foi recoñecida polos turcos, provocouse o inicio dunha guerra. A causa grega contou coa solidariedade de liberais europeos, que apoiaron un territorio considerado o berce da cultura europea. En 1827 Francia e Inglaterra interviñeron militarmente e axudaron a derrotar o Imperio...

Seguir lendo "Independencias e unificación en Europa (1821–1871)" »

O Sector Terciario e os Servizos: Guía Completa en Galego

Economía5,45 KB

O Sector Terciario: Definición e Alcance

O sector terciario é un dos tres sectores económicos que, diferenciándose dos sectores primario e secundario, non produce bens materiais senón que lle presta servizos á poboación.

Servizos Sociais

Os servizos sociais son aqueles que se prestan para satisfacer o benestar da poboación, como a educación ou a sanidade.

Servizos Públicos

Os servizos públicos son os que están a cargo do Estado e se manteñen cos impostos dos cidadáns. Adoitan atender necesidades básicas da poboación.

Servizos Privados

Os servizos privados ofrécenos e xestiónanos empresas privadas. Mantéñense cos cartos que paga directamente a persoa que precisa o servizo.

Comercio

O comercio consiste na actividade de mercar e vender...

Seguir lendo "O Sector Terciario e os Servizos: Guía Completa en Galego" »