Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Conceptos Fundamentais de Enerxía: Cinética, Potencial e Termodinámica

Física2,98 KB

Conceptos Fundamentais da Enerxía

A enerxía é unha propiedade dos corpos ou dos sistemas materiais que lles permite producir cambios neles mesmos ou noutros corpos. Mídese en joules (J).

Enerxía Mecánica

A enerxía mecánica é a que está ligada á posición ou ó movemento dos corpos. Existen dous tipos principais de enerxía mecánica:

  • Enerxía Cinética: É a enerxía que teñen os corpos polo feito de estar en movemento. O seu valor depende da masa do corpo e da súa velocidade.
  • Enerxía Potencial: É a enerxía que teñen os corpos por ocupar unha determinada posición.

Tipos de Enerxía Potencial

A enerxía potencial pode ser, por exemplo:

  • Gravitatoria: É a enerxía que teñen os corpos por estar nun lugar determinado sobre o chan terrestre.
...
Seguir lendo "Conceptos Fundamentais de Enerxía: Cinética, Potencial e Termodinámica" »

O Rexurdir das Cidades Medievais: Gremios, Comercio e Conflitos

Historia3,3 KB

A Composición dos Oficios Artesanais

Cada oficio estaba dividido en tres categorías:

  • O Mestre: Era o dono do obradoiro, das ferramentas e das materias primas.
  • O Oficial: Era o traballador. Os oficiais podían converterse en mestres, para o cal tiñan que realizar unha obra mestra.
  • O Aprendiz: Era un mozo que quería aprender o oficio.

Cambios Políticos e Conflitos

O Reforzamento das Monarquías

As monarquías concederon cartas de liberdade e privilexios ás cidades, polas cales estas quedaban libres de calquera dependencia feudal.

Enfrontamentos entre Reinos Europeos

A Guerra dos Cen Anos (Inglaterra vs. Francia)

A pretensión do rei inglés de herdar o trono francés deu orixe á Guerra dos Cen Anos entre Inglaterra e Francia. Nesta guerra destacou...

Seguir lendo "O Rexurdir das Cidades Medievais: Gremios, Comercio e Conflitos" »

A poesía vangardista en Galicia: Historia e autores

Lingua e literatura2,44 KB

A poesía vangardista en Galicia

A mediados da década de 1920, a poesía galega entrou definitivamente na modernidade ao asumir o influxo dos movementos de vangarda, adaptándoos á nosa realidade cultural e social.

Poetas como Álvaro Cunqueiro, Luis Amado Carballo, Manuel Luis Acuña, Manuel Antonio e Fermín Bouza-Brey mostran novos xeitos de facer poesía. Esta poesía supuxo a desaparición de barreiras temáticas e semánticas. Cultivouse o verso libre, desapareceron os signos de puntuación, alterouse a sintaxe e ampliouse a base das figuras literarias.

As liñas poéticas que seguiron os diferentes autores van desde a asunción plena do vangardismo ata a reformulación da tradición lírica medieval ou da poesía popular. Existen tres...

Seguir lendo "A poesía vangardista en Galicia: Historia e autores" »

A Descolonización Mundial: Causas, Proceso e Movementos Nacionalistas

Historia2,37 KB

As Causas da Descolonización

  1. O Impacto da Segunda Guerra Mundial

    Os territorios das colonias *foron escenario de conflitos armados*, e os seus recursos e a súa poboación colaboraron no esforzo bélico. Isto fixo que as colonias adquirisen conciencia da súa importancia. A guerra acabou co prestixio das potencias coloniais, pois nelas sufriron importantes derrotas que puxeron de manifesto a súa debilidade.

  2. O Xurdimento de Movementos Nacionalistas

    Tras a Segunda Guerra Mundial, estendéronse nas colonias as ideas nacionalistas que se opoñían á dominación estranxeira. Os líderes independentistas máis carismáticos foron:

    • Gandhi (na India)
    • Ho Chi Minh (en Indochina)
    • Nasser (en Exipto)
    • Lumumba (no Congo)
  3. O Apoio Internacional

    Destacaron dous grupos:

...

Seguir lendo "A Descolonización Mundial: Causas, Proceso e Movementos Nacionalistas" »

Celso Emilio Ferreiro: Biografía, Obra e Liñas Temáticas da Poesía

Lingua e literatura3,14 KB

Celso Emilio Ferreiro: Vida e Contexto

Nos anos de xuventude, Celso Emilio Ferreiro comeza a sentirse atraído pola poesía e a política, chegando a fundar con Xosé Velo as Mocidades Galeguistas en Celanova.

Na Guerra Civil é recrutado forzoso e ten que loitar no bando franquista, onde coñece a súa esposa. Durante un permiso, foi acusado e encarcerado. De aí saíu a súa obra máis emblemática, Longa noite de pedra. Con esta obra acadou gran sona e conseguiu espertar ansias de liberdade na xuventude. Co movemento da Nova Canción Galega, a poesía de Celso Emilio consegue chegar a un amplo sector público.

En 1966 marchou a Venezuela como director da Irmandade de Caracas. O poeta tiña unha visión idealizada da Galiza emigrante. Na súa...

Seguir lendo "Celso Emilio Ferreiro: Biografía, Obra e Liñas Temáticas da Poesía" »

A Revolución Francesa: Causas, Inicio e Fin do Antigo Réxime

Historia2,54 KB

Causas da Revolución Francesa

Francia atopábase nunha fonda crise económica e social debido ás malas colleitas seguidas e á subida dos prezos dos alimentos, e debido tamén ao enriquecemento económico da burguesía, que se amosaba descontenta ante a súa marxinación política, pois só os ricos podían posuír cargos e gozar de recoñecemento social. A monarquía atopábase sumida nunha fonda crise financeira debida aos elevados gastos do Estado e da corte; a solución pasaba por unha reforma fiscal que obrigase á aristocracia a pagar impostos, pero o monarca absoluto temía descontentar os privilexiados.

Comezo da Revolución

Empezou cunha revolta da aristocracia. Os privilexiados negáronse a pagar impostos e esixíronlle a Luís XVI...

Seguir lendo "A Revolución Francesa: Causas, Inicio e Fin do Antigo Réxime" »

A Esmorga

Lingua e literatura5,06 KB

RESUMO:

“A esmorga” narra o tráxico final duns individuos marxinados pola sociedade tras unha bebedela.

Capitulo I:

No primeiro capítulo Cibrán aparece declarando nun xuízo, narrando o acontecido nunha noite co Milhomes e o Bocas, dous amigos seus.

No xuízo só fala el contestando ás preguntas do xuíz que actúa como interlocutor “mudo” na declaración de Cibrán; aparece definido por un guión e tamén polas alusións que Cibrán fai ó mesmo durante as súas declaracións. Cibrán nomea varias veces o “pensamento”, que é como o remordimento e o arrepentimento que sinte por aquela noite de troula, bébedo.

Cibrán, descríbese como un home humilde, de clase baixa, que se acaba de reconciliar coa súa muller, e que quere refacer

...
Seguir lendo "A Esmorga" »

Sociologia

Psicoloxía e socioloxía20,93 KB

Bens são todas as coisas materiais colhidas na natureza ou produzidas para satisfazer necessidades humanas. Ex: Alimentos, produtos de limpeza ou eletrodomésticos.

Serviços são as atividades econômicas voltadas para a satisfação de necessidades e que não estão relacionadas diretamente à produção de bens. Ex: Pagar a passagem de ônibus ou uma consulta médica.

Produção, distribuição, consumo

Enquanto trabalham, os operários estão atuando na produção. Como compradores de bens e serviços, participam da distribuição. Quando consomem esses bens e serviços, estão participando da atividade econômica na condição de consumidores.

O processo de produção é formado por três componentes principais associados: trabalho, matéria

...
Seguir lendo "Sociologia" »

Tabla de los elementos con nombre, simbolo, ma, na, p, n, e

Química2,99 KB

hidrogeno (1a)H1 (ma) 1 (na) 1 p0 n1 e
litio Li 6 3 3 3 3
sodio Na 22 11 11 11 11
potasio K 39 19 19 20 19
rubido Rb 85 37 37 48 37
cesio Ce 132 55 55 77 55
francio Fr 223 87 87 13687 
 berilio (2a)Be 9 (ma) 4 (na) 4 p  5 n 4 e
 magnesio Mg 24 12 12 12 12
 calcio Ca 40 20 20 20 20
 estroncio Sr 87 38 38 49 38
 bario Ba 137 56 56 81 56
 radio Ra 226 88 88 138 88


 boro (3a) B10 (ma)  5 (na)5 p 5 n 5 e 
 Aluminio Al 26 13 13 13 13
 Galio Ga 69 31 31 38 31
 Indio In 114 49 49 65 49
 Talio Tl 204 81 81 123 81
 Tusfrano Tf 272 113 113 159 113
carbono (4a)  C 12 (ma)6 (na)  6 p6 n 6 e 
 silicio Si 28 14 14 14 14
 germanio Ge 72 3232  40 32
 estaño Sn 118 50 50 68 50
 plomo Pb 207 82 82 125 82
 erristeneo Eo 276 114 114 162 114

Gallego 8

Lingua e literatura2,21 KB

A lexislación: Foi o periodo onde maís se notou o progreso do español. Causas: a política do franquismo, alfabetización en español, crebou a tendencia que se vira manteñendo e os audovisuais irrompiron en todas as casas. 1. ''Transición'' periodo pevo a elaboracíon da constitucion de 1978, que abria un camiño dunha nova politica no estado español (comunidades autonomas). Galiza acedeu rápido á autonomía que acabou co estatuto de autonomia en 1980. 2. Declaración de intenncións: convenio europeo para a proteccion dos dereitos humanos e liberdades fundamentais do consello de europa, carta dos dereitos fundamentais da union europea, carta europea das linguas minoritarias. 3. Constitucion 3º: O castelan é a lingua oficial do estado,

...
Seguir lendo "Gallego 8" »