Crise, Fascismo e Totalitarismo no Período de Entreguerras
1. Causas do crac da Bolsa de Nova York en 1929
- Superprodución: Durante a Primeira Guerra Mundial, os países centraron a economía na guerra e na produción de bens. Ao finalizar o conflito, a volta á fabricación normal xerou excedentes que non atoparon saída.
- Especulación: Os bancos concederon créditos a empresas e particulares para investir na Bolsa. O valor das accións subía aínda que non se correspondía cos beneficios reais. Cando as empresas, necesitadas de diñeiro, venderon as súas accións, a venda masiva afundiu o seu valor.
2. Factores das ditaduras nos anos 20 e 30
A crise económica e as tensións sociais, sumadas ao temor a unha revolución comunista coma a de Rusia, fixeron que a poboación perdese a confianza na democracia,...