Reinado de Afonso XII e a Segunda República: Crise e Transformación

Historia2,69 KB

O Reinado de Afonso XII (1902-1931)

Ao principio do seu reinado continuou coa Restauración, pero en 1917 entrou en crise, o que provocou a Ditadura de Primo de Rivera e a caída da monarquía.

O Sistema de Quendas (1902-1917)

Baseado en dous partidos:

  • Partido Conservador (dirixido por Antonio Maura)
  • Partido Liberal (dirixido por José Canalejas)

O principal problema foi a Guerra de Marrocos. O Tratado de Alxeciras permitiu a división de Marrocos: o sur para Francia e o norte para España.

A Crise do Sistema (1917-1923)

Foi unha crise militar, política e social. Entre 1919 e 1923 a situación agravouse, sucedéndose gobernos de concentración que apenas duraban no poder. Aumentou a tensión social con enfrontamentos entre obreiros e patronos nas folgas. O desastre na guerra de Marrocos desencadeou unha grave crise política que supuxo a perda de autoridade do rei. Finalmente, o xeneral Primo de Rivera deu un golpe de estado (1923) e impuxo unha ditadura (1923-1931). O descontento xeral provocou a dimisión de Primo de Rivera en 1930 e proclamouse a Segunda República Española en 1931.

A Segunda República

Proclamada a república, convocáronse eleccións que deron maioría aos partidos de esquerda. Redactouse unha nova Constitución (1931) que incluía:

  • Declaración de dereitos
  • División de poderes
  • Sufraxio universal
  • Separación Igrexa-Estado

Etapas da República

1. Bienio Reformista

Goberno de Manuel Azaña, formado por republicanos e socialistas. Realizou moitas reformas que provocaron mobilizacións da dereita (que as consideraban radicais) e da esquerda (que lle parecían insuficientes). Azaña dimitiu e convocáronse eleccións en 1933.

2. Bienio Conservador (1933-1936)

Nas eleccións saíu o Partido Radical de centro de Alejandro Lerroux, apoiado por partidos de dereita. Isto provocou a Revolución de Outubro de 1934. O descontento da esquerda, a represión e a corrupción levaron a convocar eleccións en 1936.

3. A Fronte Popular (febreiro-xuño 1936)

O novo goberno de Santiago Casares Quiroga decretou amnistía para os presos políticos da revolución de 1934 e continuou as reformas. A esquerda radicalizouse e a dereita fundou a Falanxe Española. Pola violencia entre falangistas, comunistas e anarquistas, produciuse un golpe de estado dirixido polo xeneral Emilio Mola.

Descargar

PDF Word HTML