Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas de Secundaria

Manuel Curros Enríquez: Vida, Obra e a Prosa Galega

Lingua e literatura2,73 KB

Manuel Curros Enríquez: Vida e Traxectoria

Con 15 anos trasládase a Madrid; alí traballa como xornalista, comeza a escribir en castelán e en galego e estuda Dereito. En 1877 dase a coñecer como poeta ao gañar con tres poemas. Consegue a praza de funcionario e colabora na prensa, mentres vai escribindo Aires da miña terra, que se publica en 1880. O bispo ourensán denúnciao polos seus poemas, é condenado a máis de dous anos de cárcere e é excomungado. En 1894, Curros emigra a Cuba, onde se sitúa a favor da independencia e traballa na prensa ata a súa morte.

Obra: Aires da miña terra

Aires da miña terra consta de 21 poemas:

  • Poesía cívica: Reflicten as súas ideas progresistas. Denunciaba a situación de Galicia e a actitude pasiva
...
Seguir lendo "Manuel Curros Enríquez: Vida, Obra e a Prosa Galega" »

O Estado: Territorio, Poboación, Poder e Democracia

Ciencias sociais4,12 KB

O Estado: é un conxunto de institucións creadas para organizar as vidas das persoas que viven nun mesmo territorio e que están gobernadas por unhas mesmas leis baixo un mesmo poder.

O territorio

O territorio: os estados posúen un territorio sobre o que exercen o poder. O territorio estatal está delimitado por fronteiras. Máis alá das fronteiras, o Estado non pode adoptar decisións nin impoñelas; se así non fose, poderíanse producir conflitos entre estados.

A poboación

A poboación: as persoas que viven nun territorio estatal están sometidas ao seu poder e ás súas leis; teñen unha serie de dereitos e obrigacións que lles afectan por igual a todos os cidadáns. Nun mesmo estado poden vivir persoas de diferentes culturas e nacionalidades....

Seguir lendo "O Estado: Territorio, Poboación, Poder e Democracia" »

Historia de España e a Primeira Guerra Mundial: Resumo

Historia2,65 KB

1. Cronoloxía do século XIX

  • Goberno de María Cristina (1833)
  • Goberno do xeneral Espartero (1840)
  • Reinado de Isabel II (1843)
  • Década Moderada (1844)
  • Bienio Progresista (1854)
  • Reinado de Amadeo I (1871)

2. O sistema político da Restauración

Pregunta un: O funcionamento do sistema

O Rei decidía primeiro o partido que ía formar goberno e, despois, convocábanse eleccións que se amañaban para que as gañase ese partido.

Pregunta dous: Caciquismo e pucheirazo

No campo, os caciques forzaban a poboación rural a que votasen o partido que lles conviña. A isto chámaselle caciquismo. Nas cidades manipulábanse os votos se os resultados electorais non eran os esperados. Isto coñécese como pucheirazo.

Pregunta tres: O sistema de Cánovas

Cánovas organizou...

Seguir lendo "Historia de España e a Primeira Guerra Mundial: Resumo" »

Eduardo Blanco Amor: Biografía e Obra Literaria

Outras linguas estranxeiras2,43 KB

Eduardo Blanco Amor: Biografía

Eduardo Blanco Amor, o penúltimo dunha familia de cinco, naceu en Ourense o 8 de setembro de 1900. A súa infancia estivo marcada pola fuxida do seu pai cando tiña 7 anos. Aos 15 anos foxe da casa camiño de Santiago. Aos 19 emigra á Arxentina; alí asiste á universidade, traballa na banca e comeza a dirixir revistas da comunidade galega.

En 1929 viaxa a España e visita Galicia, regresando despois á capital bonaerense. Comentarista de radio, xornalista e conferenciante, publica o seu Poema en catro tempos e aparece na revista Nós os tres capítulos dunha novela inacabada: A escaleira de Xacob. Volve a España e fai amizade con Lorca, quen lle escribe o prólogo dos seus Seis poemas galegos. En 1935 regresa...

Seguir lendo "Eduardo Blanco Amor: Biografía e Obra Literaria" »

A Segunda Revolución Industrial e os Fallos do Mercado

Xeografía2,33 KB

A 2ª Revolución Industrial

Baseouse na aparición de novas máquinas e fontes de enerxía. O traballo desenvolveuse en grandes fábricas e a produción resultante consistía en produtos homoxéneos e baratos. Os sectores industriais principais foron o siderúrxico, o petroquímico e o sector de bens de equipo e de consumo. A localización pasou a depender de factores como a proximidade a novas fontes de enerxía, a rapidez e baixo custo do transporte e a proximidade aos centros de consumo.

Fallos da economía de mercado

Desde o punto de vista económico, a competencia é moitas veces imperfecta. Isto sucede cando unha soa empresa, ou unhas poucas, controlan a oferta, a calidade e o prezo do produto, o que dá lugar a situacións de monopolio...

Seguir lendo "A Segunda Revolución Industrial e os Fallos do Mercado" »

O Renacemento: o Cinquecento e a súa difusión por Europa

Arte e humanidades3,29 KB

O Cinquecento

No século XVI iniciouse en Roma un período de maduración do Renacemento que se coñece co nome de Cinquecento.

A arquitectura

Os papas exerceron un gran mecenado sobre as artes. O papa Xulio II iniciou a construción da basílica de San Pedro do Vaticano e encargoulle as obras a Bramante e logo a Miguel Anxo. Tamén destacou Andrea Palladio, autor de Villa Capra, que puxo ao servizo da burguesía os elementos arquitectónicos dos templos clásicos.

A escultura

Miguel Anxo, ademais de arquitecto, foi pintor e está considerado un dos máis grandes artistas da historia. Outro escultor destacado foi Benvenuto Cellini, que representou temas mitolóxicos como na súa obra Perseo.

A pintura

Neste período destacan grandes mestres da pintura:...

Seguir lendo "O Renacemento: o Cinquecento e a súa difusión por Europa" »

Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos

Filosofía e ética2,27 KB

Diversidade cultural

A cultura constitúe un trazo diferenciador do ser humano. Hai moitas culturas; a variedade de culturas é consecuencia dunha característica propia do ser humano.

O home, a diferenza dos animais, é un ser aberto e conta cun gran número de posibilidades de realización. Non está programado para responder de forma fixa, senón que posúe liberdade para determinar a súa propia conduta. O ser humano posúe liberdade e intelixencia para elixir a resposta que lle parece adecuada en cada caso, mentres que os animais só poden reaccionar de xeito limitado ante os estímulos da natureza.

O illamento e a falta de contacto entre os distintos grupos que poboan a Terra favoreceron a diferenciación e a diversidade. Unha das causas...

Seguir lendo "Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos" »

Glosario de Termos Históricos: Manufacturas, Revolución Francesa e Economía

Historia2,65 KB

  • Manufacturas: Proceso de transformación manual das materias primas en produtos elaborados.
  • Dízimo: Gravame sobre os produtos agrarios consistente no pagamento dun 10% da colleita que os campesiños lle debían entregar á Igrexa durante a Idade Media e o Antigo Réxime.
  • Salón: Reunión de pensadores e escritores organizada por un mecenas na súa casa particular.
  • Academia: Sociedade oficial que agrupa escritores, artistas, filósofos e científicos para discutir sobre o coñecemento e axudar á súa difusión.
  • Arancel: Imposto aduaneiro aplicado polo goberno, xeralmente sobre as importacións e, ás veces, sobre as exportacións.
  • Estados Xerais: Nome que recibía en Francia (1789) a reunión de representantes dos tres estados do Antigo Réxime.
...
Seguir lendo "Glosario de Termos Históricos: Manufacturas, Revolución Francesa e Economía" »

Antigo Réxime: sociedade, monarquía absoluta e Ilustración

Historia2,33 KB

Sociedade e sistema político do Antigo Réxime

1. Características da sociedade

A sociedade do Antigo Réxime estaba dividida en grupos ou estamentos organizados segundo o nacemento. Había tres estamentos: a nobreza, o clero e o pobo, tamén chamado Terceiro Estado. Cada un deles tiña a súa función: a nobreza (defensa), o clero (reza) e o pobo (traballar). Tamén cada estamento poseía dereitos, honras e leis específicas.

A nobreza e o clero formaban o grupo dos privilexiados: non pagaban impostos e gozaban de honras, mentres que o pobo, que era a gran maioría, carecía de dereitos e estaba sometido. Así mesmo, dentro de cada estamento había grandes diferenzas segundo a riqueza que tivese cada individuo.

2. Características do sistema

...
Seguir lendo "Antigo Réxime: sociedade, monarquía absoluta e Ilustración" »

Xéneros da Prosa Galega: Novela, Conto e Teatro

Outras linguas estranxeiras2,72 KB

A Novela na Literatura Galega

É o xénero máis cultivado, pero a prosa vai pouco a pouco gañando terreo. Tamén é o xénero menos cultivado.

Principais Novelistas Galegos

  • Marcial Valladares (1821): Poeta, estudoso da lingua e ademais o autor da primeira novela moderna (Maxina). É unha obra realista e romántica. A acción transcorre en dous sitios: a cidade de Santiago e nas aldeas de Ulloa. Polo tanto, trátase dunha novela bilingüe coa que o autor pon en manifesto a situación diglósica de Galicia.
  • Antonio López Ferreiro (1837): É un importante novelista, tamén autor de novelas históricas de tipo romántico.

O Conto Literario Galego

Ten unha presenza máis abundante ca novela na literatura. Isto é debido á menor complexidade deste...

Seguir lendo "Xéneros da Prosa Galega: Novela, Conto e Teatro" »