Xéneros da Prosa Galega: Novela, Conto e Teatro
A Novela na Literatura Galega
É o xénero máis cultivado, pero a prosa vai pouco a pouco gañando terreo. Tamén é o xénero menos cultivado.
Principais Novelistas Galegos
- Marcial Valladares (1821): Poeta, estudoso da lingua e ademais o autor da primeira novela moderna (Maxina). É unha obra realista e romántica. A acción transcorre en dous sitios: a cidade de Santiago e nas aldeas de Ulloa. Polo tanto, trátase dunha novela bilingüe coa que o autor pon en manifesto a situación diglósica de Galicia.
- Antonio López Ferreiro (1837): É un importante novelista, tamén autor de novelas históricas de tipo romántico.
O Conto Literario Galego
Ten unha presenza máis abundante ca novela na literatura. Isto é debido á menor complexidade deste xénero e polo hábito dos lectores a escoitar contos populares.
A temática é costumista, ruralista e sentimental, con frecuentes descricións de paisaxes.
Escritores Ourensáns de Contos
Destacan tres escritores ourensáns. Eles iniciaron a moderna prosa galega, que despois continuaría o grupo Nós.
- Valentín Lamas Carvajal (1849): Foi fundador e director da primeira publicación periódica escrita toda en galego. Escribiu ademais o Catecismo do labrego, escrito en forma de diálogo, mediante burlas e ironías vai retratando un labrego galego.
- Heraclio Pérez Placer (1866): É autor de tres libros de narracións, ademais dunha obra poética. Cultivou o conto picaresco de tendencia naturalista (por outro lado).
- Francisco Álvarez de Nóvoa (1873): Cuestiona no seu prólogo a necesidade de restrinxir o uso do galego para a temática ruralista. No 1993 recompílanse os seus contos.
O Teatro Galego
Características do Teatro Galego
- O idealismo
- A temática rural
- A brevidade (xeralmente un único acto)
A escasa actividade teatral é consecuencia da marxinación da lingua ao longo dos séculos.
O primeiro texto teatral é A Casamenteira, de Antonio Benito Fandiño.
Tipos de Teatro Galego
- Teatro histórico: Inclúense obras como Mari Castaña de Emilio Álvarez Giménez ou a peza Pedro Madruga de Xoán Cuveiro Piñol.
- Teatro social: Neste apartado encádrase A fonte do xuramento de Francisco María de la Iglesia.
A Manuel Lugrís Freire debémoslle o primeiro drama galego escrito en prosa: A ponte.
No 1903, Galo Salinas, autor de obras como A torre de Peito Burdelo, fundou a Escola Rexional de Declamación.