Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos
Diversidade cultural
A cultura constitúe un trazo diferenciador do ser humano. Hai moitas culturas; a variedade de culturas é consecuencia dunha característica propia do ser humano.
O home, a diferenza dos animais, é un ser aberto e conta cun gran número de posibilidades de realización. Non está programado para responder de forma fixa, senón que posúe liberdade para determinar a súa propia conduta. O ser humano posúe liberdade e intelixencia para elixir a resposta que lle parece adecuada en cada caso, mentres que os animais só poden reaccionar de xeito limitado ante os estímulos da natureza.
O illamento e a falta de contacto entre os distintos grupos que poboan a Terra favoreceron a diferenciación e a diversidade. Unha das causas da diversidade cultural é a falta de contacto en que vivían os distintos pobos do mundo. O desenvolvemento dos medios de comunicación está borrando as distancias e acabando co illamento.
Interculturalismo
Nace do recoñecemento da pluralidade cultural como un feito enriquecedor que pode axudarnos a entender mellor o mundo. Ademais, baséase na consideración de que é posible e desexable a convivencia pacífica de distintas formas de vida.
Posturas ante a diversidade cultural
- Etnocentrismo: É a actitude adoptada polos que xulgan e valoran a cultura doutros grupos desde criterios ou crenzas da propia cultura. Esta actitude, entre outras, está na base de fenómenos como o imperialismo ou a colonización. Esta postura pode dexenerar en posicións máis radicais, como o racismo ou a xenofobia.
- Racismo: Actitude ou conduta que se basea na consideración dun grupo étnico superior a outro. Maniféstase en calquera comportamento que fomente a marxinación ou o illamento dun grupo.
- Xenofobia: Actitude de desprezo ou rexeitamento cara ao estranxeiro, diferente ou estraño.
- Relativismo cultural: Considera que é imposible avaliar e comparar as características das distintas culturas; toda cultura ten valor en si mesma.
- Universalismo: Esta postura propón un rexeitamento das actitudes etnocéntricas para evitar que unhas culturas se impoñan a outras. Opónse ao relativismo.