Apuntamentos, resumos, traballos, exames e problemas

Razón e Fe: A relación entre filosofía e teoloxía

Filosofía e ética2,77 KB

Razón e Fe: O pensamento medieval

Un dos debates máis discutidos no pensamento medieval foi a relación entre a razón e a fe, así como entre a filosofía e a teoloxía. Existen diversas posturas ao respecto:

  • Dialécticos: Pensan que a fe debe ser analizada e demostrada a través da razón. O seu extremado racionalismo levounos a ser considerados herexes.
  • Antidialécticos: Afirman que a fe é a única sabedoría e chegan a dicir que o saber racional é satánico, o que converte a filosofía en "criada da teoloxía".
  • Postura intermedia: Gerberto de Aurillac sostén que a fe é superior, pero que debe ser razoada.
  • Averroísmo latino: Propoñen a "teoría da dobre verdade", onde a fe e a razón son diferentes, autónomas e, incluso, contraditorias.
...
Seguir lendo "Razón e Fe: A relación entre filosofía e teoloxía" »

Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos

Filosofía e ética2,27 KB

Diversidade cultural

A cultura constitúe un trazo diferenciador do ser humano. Hai moitas culturas; a variedade de culturas é consecuencia dunha característica propia do ser humano.

O home, a diferenza dos animais, é un ser aberto e conta cun gran número de posibilidades de realización. Non está programado para responder de forma fixa, senón que posúe liberdade para determinar a súa propia conduta. O ser humano posúe liberdade e intelixencia para elixir a resposta que lle parece adecuada en cada caso, mentres que os animais só poden reaccionar de xeito limitado ante os estímulos da natureza.

O illamento e a falta de contacto entre os distintos grupos que poboan a Terra favoreceron a diferenciación e a diversidade. Unha das causas...

Seguir lendo "Diversidade Cultural: Conceptos, Posturas e Retos" »

Paises mais densamente poboados do mundo

Historia16,34 KB

1. Antecedentes do conflito. A comezos do s. XIX Europa atopábase nun período coñecido como a Paz Armada, onde as tensións entre os estados crearon un clima propicio para os enfrontamentos. Francia e Reino Unido temen o crecemento e a forza do Imperio Alemán, sendo os motivos variados: • A derrota francesa ante Alemaña de 1871 leva á perda de Alsacia e Lorena, e ó desexo de revancha contra os alemáns. • O territorio dos Balcáns crea tensións entre o Imperio Ruso e o Austrohúngaro. • A rivalidade económica Alemaña-Reino Unido era grande, temendo o Reino Unido a expansión alemá e a perda de influencia colonial. O chanceler alemán Bismarck establece dende a década de 1870 os Sistemas Bismarckianos, alianzas para manter...

Seguir lendo "Paises mais densamente poboados do mundo" »

A Revolución Rusa: Grupos, Causas e Fases

Historia2,58 KB

Que grupos se opoñían ao réxime tsarista?

  • Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: marxistas, divididos en dous grupos:
    • Menxeviques: moderados, partidarios de colaborar nun réxime liberal de transición ao socialismo.
    • Bolxeviques: liderados por Lenin, rexeitaban a colaboración co sistema burgués e querían instaurar a ditadura do proletariado.
  • Partido Constitucional Demócrata: pretendía derrocar o absolutismo e converter Rusia nunha monarquía constitucional.
  • Partido Socialista Revolucionario: vía no campesiñado a forza revolucionaria. Defendía a colectivización das terras. O líder foi Kerensky.

Como chegaron ao poder os bolxeviques en outubro de 1917?

Lenin regresou do exilio. Os soviets, baixo control bolxevique, apoderáronse dos puntos...

Seguir lendo "A Revolución Rusa: Grupos, Causas e Fases" »

Glosario de Termos Políticos e Xurídicos do Estado Galego

Historia2,82 KB

Glosario de Conceptos Políticos e Xurídicos

Definicións Fundamentais

Unidade política e administrativa superior que rexe un territorio e ao cal están sometidos todos os seus habitantes. Formado por poboación, territorio, leis, e institucións para garantir o cumprimento das leis: Estado

Lei fundamental dun Estado que establece a súa organización política, define os dereitos e deberes dos cidadáns e regula as institucións e os poderes do goberno: Constitución

Corpo de seguridade pública encargado de manter a orde e a seguridade dentro do territorio dun Estado, protexendo aos cidadáns e facendo cumprir as leis: Policía

Conxunto de forzas armadas de defensa dun Estado que, normalmente, está formado por soldados, oficiais e outros membros...

Seguir lendo "Glosario de Termos Políticos e Xurídicos do Estado Galego" »

Do Antigo Réxime á Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Historia6,35 KB

O Antigo Réxime

Durante os séculos XVII e XVIII, as sociedades europeas mantiñan un modo de vida baseado no absolutismo monárquico, na economía agraria de tipo señorial e na sociedade estamental. Naquela época imperaba o chamado feudalismo.

A estrutura política caracterizábase pola soberanía real e pola xustificación do poder absoluto das monarquías na súa orixe divina.

A economía do Antigo Réxime caracterizábase polas actividades agrícolas e gandeiras, que eran as predominantes tanto en volume de produción como en poboación adicada a elas; por iso, a maior parte da poboación vivía no mundo rural. Ao longo do século XVIII tivo lugar o desenvolvemento do mundo urbano e o crecemento das actividades económicas asociadas á...

Seguir lendo "Do Antigo Réxime á Revolución Industrial e o Movemento Obreiro" »

A Segunda Revolución Industrial e o Movemento Obreiro

Historia6,97 KB

A Segunda Revolución Industrial

Entre 1870 e 1914, produciuse a Segunda Revolución Industrial (coñecida como gran capitalismo), caracterizada polo pulo que experimentou o proceso de industrialización debido, principalmente, á unión do sector industrial e do financeiro.

Durante esta segunda etapa do proceso industrial, o aumento da produción viuse favorecido polo desenvolvemento de novas fontes de financiamento, a concentración empresarial, os avances técnicos, as novas fontes de enerxía e as novas ramas industriais.

A consolidación do gran capitalismo afectou a todos os aspectos da vida. As súas repercusións máis destacadas foron o desenvolvemento do consumismo, as crises económicas, a nova organización do traballo e o incremento...

Seguir lendo "A Segunda Revolución Industrial e o Movemento Obreiro" »

A Revolución Industrial: Causas, Cambios e Ideoloxías

Historia5,22 KB

Por que Inglaterra foi pioneira na industrialización?

Foi a primeira en industrializarse por unha serie de factores, como o feito de que o poder da monarquía estaba limitado polo parlamento e influenciado pola burguesía. Ademais, o crecemento da poboación implicou un aumento da demanda de produtos e a dispoñibilidade de man de obra nas fábricas. Tamén hai que ter en conta a abundancia de recursos e materias primas, sumada á gran facilidade de transporte do comercio colonial.

Define “Enclosure Acts”

Serie de leis de cercado do século XVIII promulgadas polo parlamento inglés.

Regularon o proceso no que moitas das terras comunais de Inglaterra pasaron a ser de propiedade privada. Isto incentivou a mellora das técnicas de cultivo e o...

Seguir lendo "A Revolución Industrial: Causas, Cambios e Ideoloxías" »

A Independencia dos Estados Unidos: Orixe e Revolución

Historia2,45 KB

A independencia e a revolución en EE. UU.

A primeira revolución liberal desenvolveuse nas colonias inglesas de América do Norte. En 1776, as 13 colonias proclamaron a súa independencia con respecto a Inglaterra e, mentres facían fronte á guerra contra os ingleses, construíron un novo modelo político baseado nos principios liberais.

As causas da rebelión

Dende principios do século XVII, a franxa costeira de América do Norte foi ocupada por colonos ingleses. Co obxectivo de afianzar o seu poder na zona, a Coroa inglesa permitiulles un certo grao de autogoberno, limitado polas leis que lles obrigaban a comerciar obrigatoriamente coa metrópole.

A partir de 1763, tras a vitoria de Inglaterra sobre Francia e España, o Parlamento inglés...

Seguir lendo "A Independencia dos Estados Unidos: Orixe e Revolución" »

O Antigo Réxime e a Ilustración: Historia do Século XVIII

Historia9,54 KB

O Antigo Réxime

O Antigo Réxime caracterizábase polo predominio do mundo rural. Grandes cidades como París, Nápoles, Milán ou Venecia superaban os cen mil habitantes. Tamén existían terras comunais (baldíos, pastos, montes) que eran aproveitadas por todos. Por mor das malas colleitas, introducíronse o millo no século XVII e a pataca no XVIII.

A produción artesanal realizábase en pequenos talleres urbanos onde se facían produtos a man con escasas ferramentas. O sector téxtil tivo grande importancia e, nalgunhas zonas de Europa, había grandes talleres que exportaban teas de luxo. En Galicia, esta produción facíase nas casas dos campesiños, que logo vendían aos comerciantes.

No século XVIII produciuse un incremento do comercio...

Seguir lendo "O Antigo Réxime e a Ilustración: Historia do Século XVIII" »