A Revolución Rusa: Grupos, Causas e Fases
Que grupos se opoñían ao réxime tsarista?
- Partido Obreiro Socialdemócrata Ruso: marxistas, divididos en dous grupos:
- Menxeviques: moderados, partidarios de colaborar nun réxime liberal de transición ao socialismo.
- Bolxeviques: liderados por Lenin, rexeitaban a colaboración co sistema burgués e querían instaurar a ditadura do proletariado.
- Partido Constitucional Demócrata: pretendía derrocar o absolutismo e converter Rusia nunha monarquía constitucional.
- Partido Socialista Revolucionario: vía no campesiñado a forza revolucionaria. Defendía a colectivización das terras. O líder foi Kerensky.
Como chegaron ao poder os bolxeviques en outubro de 1917?
Lenin regresou do exilio. Os soviets, baixo control bolxevique, apoderáronse dos puntos estratéxicos da capital, asaltaron o Palacio de Inverno e detiveron o goberno provisional. Formouse un novo goberno (Consello de Comisarios do Pobo) presidido por Lenin. Negociou a saída da guerra (Tratado de Brest-Litovsk) e decretou a expropiación dos latifundios para repartir a terra entre o campesiñado e o control das fábricas ao proletariado. Tamén recoñeceu a soberanía dos pobos de Rusia.
Causas do Domingo Sanguento e obxectivos das protestas
Non. En 1905, o exército tsarista foi derrotado na guerra ruso-xaponesa. As masas populares dirixíronse ao Palacio de Inverno en San Petersburgo para facer peticións co fin de mellorar as condicións de vida e forzar reformas políticas. A resposta foi unha represión coñecida como Domingo Sanguento, na que morreron centos de persoas. As protestas e folgas duraron varios meses. O campesiñado e o proletariado organizáronse en soviets (asembleas populares), destacando o de Petrogrado, dirixido polo bolxevique Trotski. O tsar concedeu algunhas reformas no Manifesto Imperial, como a elección dunha Duma por sufraxio universal masculino, pero despois incumpriunas.
Por que se produciu a Revolución de febreiro?
A Primeira Guerra Mundial, as derrotas militares e o desabastecemento provocaron folgas e manifestacións. Houbo unha dura represión, pero finalmente as tropas de Petrogrado uníronse aos folguistas. O tsar Nicolás II abdicou e formouse un goberno provisional no que destacou o socialista moderado Kerensky. Existiron dous poderes: o do goberno provisional e o dos soviets, controlados polos bolxeviques. O goberno adoptou reformas liberais pero decidiu continuar na guerra.